DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.201

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (889/2010).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número cinco da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 889/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Botana López contra a empresa 2008 Esycon, S.L., en materia de despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo José Botana López contra a empresa 2008 Esycon, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data do 9 de agosto de 2010, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data desta resolución, xa que pechou a anterior entidade, e condeno a entidade 2008 Esycon, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 2.525,60 euros, máis o aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e ata a notificación desta resolución, cuantificados a razón de 42,09 euros diarios.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada non se admitirá sen a previa consignación do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número cinco da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227º.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación á empresa 2008 Esycon, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xaneiro de 2011.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial