DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.200

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CINCO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (934/2010).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número cinco da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 934/2010 por instancia de Juan Canle Sánchez e outros contra a empresa Herederos de Andrés Regueiro, S.L. (Isuzu-Ibeco-Pegaso), sobre salarios, nos cales no día da data se ditou resolución cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que, debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Juan Canle Sánchez, Manuel Conde Mosquera, Manuel García Naya, Miguel A. Martínez Castro, Luis Melado Álvaro, José Otero Adrán, José Luis Pérez Vázquez, José Antonio Rodríguez Trigo, Manuel Senlle Canosa, Arturo Sueiro Núñez, Obdulio Varela Arcas e Juan Manuel Vázquez González, contra a empresa Herederos de Andrés Regueiro, S.L. (Isuzu-Ibeco-Pegaso) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Herederos de Andrés Regueiro, S.L. (Isuzu-Ibeco-Pegaso) a que lles aboe aos demandantes as cantidades que se especificarán para cada un deles, por salarios xerados e non aboados nos meses de febreiro a xuño de 2010, ambos inclusive, e parte proporcional de pagas extraordinarias e liquidación de vacacións non desfrutadas no ano 2010, incrementadas co xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais:

-A Juan Canle Sánchez, a cantidade de 7.079,57 euros.

-A Manuel Conde Mosquera, a cantidade de 6.030,07 euros.

-A Manuel García Naya, a cantidade de 6.513,37 euros.

-A Miguel A. Martínez Castro, a cantidade de 7.754,28 euros.

-A Luis Melado Álvaro, a cantidade de 7.443,79 euros.

-A José Otero Adrán, a cantidade de 6.917,58 euros.

-A José Luis Pérez Vázquez, a cantidade de 8.433,16 euros.

-A José Antonio Rodríguez Trigo, a cantidade de 7.201,41 euros.

-A Manuel Senlle Canosa, a cantidade de 6.544,80 euros.

-A Arturo Sueiro Núñez, a cantidade de 8.527,22 euros.

-A Obdulio Varela Arcas, a cantidade de 5.920,09 euros.

-A Juan Manuel Vázquez González, a cantidade de 6.949,86 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a previa consignación do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número cinco da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227º.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a empresa demandada Herederos de Andrés Regueiro, S.L. (Isuzu-Ibeco-Pegaso), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino esta cédula na Coruña o doce de xaneiro de dous mil once.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial