DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.200

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CINCO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (924/2010).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número cinco da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 924/2010, por instancia de Ana Abel Figueira Castro contra a empresa Áncora Punto, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales no día da data se ditou resolución cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Fallo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Ana Abel Figueira Castro contra a empresa Áncora Punto, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Áncora Punto, S.L. a que lle aboe á demandante as cantidades que se especificarán, incrementadas co xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais, a razón de:

-A cantidade de 3.185,10 euros por diferenzas salariais xeradas entre maio de 2009 e marzo de 2010, así como os salarios íntegros dos meses de abril e maio de 2010, e os 16 días de xuño de 2010 que traballou.

-A cantidade de 399,31 euros polos días que corresponderían de vacacións no ano 2010 e que non desfrutou.

-E a cantidade de 1.197,92 euros en concepto do 60% da indemnización por despedimento obxectivo que non lle aboaron.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada non se admitirá sen a previa consignación do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número cinco da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227º.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, realizando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Áncora Punto, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino esta cédula na Coruña, 11 de xaneiro de 2011.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial