DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.199

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentenza (414/2009).

No procedemento de referencia ditouse sentenza nº 303, con data do 20 de xullo de 2010, cuza resolución é do teor literal seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda deducida pola procuradora sra. Caamaño Castiñeiras en nome e representación de Arturo Rodríguez García, Florinda Rodríguez García e José Manuel Rodríguez García, asistidos do letrado Sr. Curros Neira, contra Elvira Rodríguez García, María del Carmen Rodríguez García e Francisco Javier Rodríguez García, todos eles representados polo procurador sr. Calviño Gómez e asistidos de letrado e contra Domingo Andrés Rodríguez García, en rebeldía procesual, sobre acción de aceptación da herdanza de Dorinda García Nimo e acción de elevación a escritura pública do contrato de cesión de dereitos hereditarios do 4 de agosto de 1978 e, en consecuencia, procede declarar aceptada a herdanza de Dorinda García Nimo por parte dos seus herdeiros e proceder á elevación a escritura pública do contrato de cesión de dereitos hereditarios outorgado con data do 4 de agosto de 1978 e descrito no feito terceiro da demanda, no prazo de dous meses desde a

firmeza desta sentenza, baixo apercibimento en caso contrario de que a parte demandante acuda en sede de execución de título xudicial á actuación prevista no artigo 708 da Lei de axuizamento civil.

Notifíqueselles esta resolución en legal forma ás partes.

Non procede condena en exclusiva en custas a ningunha das partes.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor neste xulgado recurso de apelación conforme a vixente Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación, na forma prevista nos artigos 457º e seguintes da Lei de axuizamento civil, logo de consignar, se é o caso, o depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro do codemandado Domingo Andrés Rodríguez García, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2010.

O/A secretario/a

Rubricado