DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.189

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2011, do tribunal nomeado pola Orde do 25 de outubro de 2010 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 37 (titulado/a superior ambiental) do grupo I de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2011, o tribunal designado pola Orde do 25 de outubro de 2010 (DOG nº 208 do 28 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 37 (titulado/a superior ambiental) do grupo I de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, adoptou os seguintes acordos respecto da realización do segundo exercicio da fase de oposición, de conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria:

Primeiro.-O segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 18 de febreiro de 2011, na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único, que se iniciará ás 16.00 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Para realizar este exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta. Os textos legais non poderán estar subliñados nin conter ningún tipo de anotación. Non se considerarán comentarios as notas de vixencia, as simples referencias cruzadas a outras normas ou a sentenzas, sempre que non conteñan ningunha outra análise.

Terceiro.-Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e tenza de teléfonos móbiles, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico. Así mesmo, queda prohibido o acceso ao recinto con calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2011.

Juan José Valiela Villar

Presidente do tribunal