DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.189

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2011, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, en execución de sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo do 8 de marzo de 2010 no recurso de casación 4630/2006, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2011, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, en execución de sentenza ditada pola sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo do 8 de marzo de 2010, no recurso de casación 4630/2006 (Orde do 27 de decembro de 2010, publicada no DOG nº 90, do 3 de xaneiro de 2011), acorda conforme as bases da convocatoria:

Primeiro.-Convocar a Ramón Méndez López á realización do segundo exercicio da fase de oposición que terá lugar o día 21 de febreiro de 2011, ás 18.00 horas nas dependencias da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, sita en San Lázaro nº 83, en Santiago de Compostela.

Segundo.-O aspirante deberá ir provisto do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exame.

Terceiro.-O chamamento comezará ás 18.00 horas e será único, polo que se lle excluirá do proceso en caso de non comparecer. Así mesmo, queda prohibido o acceso ao exame do opositor con teléfono móbil ou calquera outro dispositivo electrónico que, a xuízo do tribunal, así se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2011.

Jesús Lamas Barja

Presidente do tribunal