DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.188

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de decembro de 2010 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 31 (legoeiro/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 1, do 3 de xaneiro de 2011, é necesario facer as seguintes correccións:

Primeira.-Na páxina 63, na base I.3. número 1), no parágrafo terceiro, onde di: «… a que se refire a base I.2.1.6…», debe dicir: «… a que se refire a base I.2.1.7…».

Segunda.-Na páxina 65, na base II.1.1.1., no quinto parágrafo, onde di: «O tempo máximo de duración será de noventa (90) minutos.», debe dicir: «O tempo máximo de duración será de cento cincuenta (150) minutos.».

Terceira.-Na páxina 66, na base II.3.1.1. letra a), onde di: «Por servizos prestados como persoal laboral na categoría profesional á que se opta…», debe dicir: «Por servizos prestados nas administracións públicas como persoal laboral na categoría profesional á que se opta…».

Cuarta.-Na páxina 66, na base II.3.1.1. letra b), onde di: «Por servizos prestados como persoal laboral noutras categorías profesionais…», debe dicir: «Por servizos prestados nas administracións públicas como persoal laboral noutras categorías profesionais…».

Quinta.-Na páxina 67, na base II.3.4., onde di: «... das notas do terceiro exercicio...», debe dicir: «... das notas do segundo exercicio...».

Sexta.-Na páxina 69, na base IV.2., letra e), onde di: «... que superen a oposición...», debe dicir: «... que superen o proceso selectivo...».