Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 1, do 3 de xaneiro de 2011, é necesario facer as seguintes correccións:
Primeira.-Na páxina 55, na base I.3. número 1), no parágrafo terceiro, onde di: « a que se refire a base I.2.1.6 ...», debe dicir: « a que se refire a base I.2.1.7 ».
Segunda.-Na páxina 56, na base II.1.1.1., no quinto parágrafo, onde di: «O tempo máximo de duración será de noventa (90) minutos», debe dicir: «O tempo máximo de duración será de cento cincuenta (150) minutos».
Terceira.-Na páxina 58, na base II.3.1.1. letra a), onde di: «Por servizos prestados como persoal laboral na categoría profesional á que se opta », debe dicir: «Por servizos prestados nas administracións públicas como persoal laboral na categoría profesional á que se opta ».
Cuarta.-Na páxina 58, na base II.3.1.1. letra b), onde di: «Por servizos prestados como persoal laboral en categorías profesionais distintas á que se opta », debe dicir: «Por servizos prestados nas administracións públicas como persoal laboral en categorías profesionais distintas á que se opta ».
Quinta.-Na páxina 60, na base IV.2 apartado e), onde di: «... que superen a oposición ...», debe dicir: «... que superen o proceso selectivo...».