DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.184

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no terceiro cuadrimestre de 2010.

Para os efectos previstos no artigo 11º.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, previstos no artigo 3º.1 c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2011 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2011.

Eliseo Diéguez García

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Obxecto: a participación nas actividades da EGAP do persoal do Inega e a colaboración e desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador.

Sinatura: 4-outubro-2010.

Importe: 0,00 €.

Nº: 2.

Título: acordo marco de colaboración entre Portos de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: definir os mecanismos de colaboración entre o Inega e Portos de Galicia para levar a cabo estudos e actuacións para a implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética nas instalacións e actividades portuarias e para a implantación e desenvolvemento de enerxías renovables nos portos.

Sinatura: 13-outubro-2010.

Importe: 0,00 €.

Nº: 3.

Título: convenio-addenda I ao acordo marco de colaboración entre Portos de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) en materia de aforro e eficiencia enerxética de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: realización de varias actuacións en materia de innovación para a implantación nos portos de novas tecnoloxías para o desenvolvemento sustentable en materia enerxética.

Sinatura: 13-outubro-2010.

Importe: 15.000 €.

Nº: 4

Título: acordo de coordinación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética en edificios.

Obxecto: definir os mecanismos de colaboración entre o Inega e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para levar a cabo obras de eficiencia enerxética en centros educativos.

Sinatura: 7-outubro-2010.

Importe: 175.188,9 €.

Nº: 5

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e Gas Natural, SDG, S.A. para a realización de auditorías enerxéticas en coxeración do sector industria e terciario e a análise da viabilidade técnico-económica da substitución de combustible.

Obxecto: establecer as liñas de colaboración entre o Inega e Gas Natural para a realización de 32 auditorías enerxéticas en coxeración.

Sinatura: 18-outubro-2010.

Importe: 192.000 €.

Nº: 6.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) para a realización de auditorías enerxéticas en explotacións lácteas.

Obxecto: establecer as liñas de colaboración entre Inega e Agaca para a realización de 10 auditorías enerxéticas en instalacións de produción láctea de Galicia.

Sinatura: 21-outubro-2010.

Importe: 45.000 €.

Nº: 7.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Sotavento Galicia para a xestión da exposición itinerante Un mundo de enerxía.

Obxecto: establecer as condicións de colaboración entre o Inega e a Fundación Sotavento Galicia para a posta en funcionamento da exposición itinerante Un mundo de enerxía.

Sinatura: 9-novembro-2010.

Importe: 40.000 €.

Nº: 8.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Sociedade Galicia Mar Renovables para a colaboración na implantación de dous parques experimentais de enerxía maremotriz en Ferrol e A Coruña.

Obxecto: establecer as condicións de colaboración entre o Inega e a Sociedade Galicia Mar Renovables para a implantación e posta en marcha de dous parques experimentais de enerxía maremotriz en Ferrol e A Coruña.

Sinatura: 23-novembro-2010.

Importe: 0,00 €.

Nº: 9.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a entidade Navantia para a realización dun estudo de viabilidade e dunha experiencia piloto relacionados con plans de transporte ao centro de traballo.

Obxecto: establecer as condicións de colaboración entre Inega e Navantia para a realización dun estudo de viabilidade e dunha experiencia piloto relacionadas con plans de transporte ao centro de traballo.

Sinatura: 26-novembro-2010.

Importe: 72.000 €.

Nº: 10.

Título: acordo marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: establecer os mecanismos de colaboración entre o Inega e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para levar a cabo un plan de aforro e eficiencia enerxética nos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

Sinatura: 17-decembro-2010.

Importe: 0,00 €.

Nº: 11.

Título: acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: establecer os mecanismos de colaboración entre o Inega e a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a realización de estudos e actuacións para a implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética e para a implantación e desenvolvemento de enerxías renovables nas dependencias administrativas e institucións sanitarias.

Sinatura: 17-decembro-2010.

Importe: 0,00 €.

Nº: 12.

Título: acordo de colaboración entre Galaria e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: este acordo ten por obxecto a colaboración na realización do proxecto do Plan Integral de Eficiencia Enerxética no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

Sinatura: 20-decembro-2010.

Importe: 105.000 €.

Nº: 13.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Clúster do Granito para a realización de auditorías enerxéticas nas empresas do sector do granito.

Obxecto: establecer o modo e condicións en que se levarán a cabo 13 auditorías enerxéticas en instalacións do sector do granito de Galicia.

Sinatura: 23-decembro-2010.

Importe: 60.000 €.

Nº: 14.

Título: convenio específico de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (Faimevi), a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) e a Fundación Sotavento Galicia, para a execución de cursos de condución eficiente de vehículos.

Obxecto: a realización de acción formativas que tratan de fomentar un novo estilo de condución dos vehículos turismos, co que se obtén unha diminución de ata o 15% do consumo de combustible.

Sinatura: 23-decembro-2010.

Importe: 80.000 €.

Nº: 15.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Narón para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no Concello de Narón.

Obxecto: establecer as condicións da colaboración entre o Inega e o Concello de Narón, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar uso da bicicleta no concello.

Sinatura: 23-decembro-2010.

Importe: 140.000 €.

Nº: 16.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Vilagarcía de Arousa para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no Concello de Vilagarcía de Arousa-2ª fase.

Obxecto: establecer as condicións da colaboración entre o Inega e o Concello de Vilagarcía de Arousa, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta no concello.

Sinatura: 23-decembro-2010.

Importe: 140.000 €.

Nº: 17.

Título: convenio de colaboración entre Sotavento Galicia, S.A. e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables e difundir o carácter experimental e demostrativo das instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento.

Obxecto: impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables e difundir o carácter experimental e de demostración con que están concibidas as instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento propiedade de Sotavento Galicia, S.A.

Sinatura: 28-decembro-2010.

Importe: 137.000 €.

Nº: 18.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Sotavento Galicia, para a divulgación, formación e realización de proxectos técnico-demostrativos no Parque Eólico Experimental Sotavento.

Obxecto: impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables, e difundir o carácter experimental e de demostración das instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento, para a formación e a divulgación deste tipo de enerxías entre a colectividade.

Sinatura: 29-decembro-2010.

Importe: 40.000 €.