DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xaneiro de 2011 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51º, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, no uso das atribucións que me confire o artigo 34º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), e pola Lei 12/2007, do 27 de xullo (DOG nº 153, do 8 de agosto),

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta secretaría e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Disposición derradeira

Única. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2011

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa: 3,73 euros.

-Informe de literatura 2009: 8,55 euros.

-Libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún: 92,34 euros.

-Contos do Turreiro: 12,04 euros.

-Dicionario galego de recursos humanos: 6,03 euros.

-Dicionario galego-latino clásico moderno: 21,75 euros.

-Dicionario galego de pedagoxía: 23 euros.

-A nacionalización do pasado irlandés 1845-1937: 25,18 euros.

-Aproximación ao estudo do vocabulario trobadoresco: 14,75 euros.

-Cadernos Ramón Piñeiro (XVI): i-en todo o silencio preguntado. Celebración de Uxío Novoneyra, II (1930-1999): 15,18 euros.