DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 30 de novembro de 2010, acordou aprobar, con carácter definitivo, o estudo de detalle nº 11 para a construción dunha vivenda unifamiliar, na rúa Julio Camba, formulado mediante iniciativa particular, por Eva Paz López. O instrumento urbanístico que se aproba definitivamente é o subscrito polo arquitecto Francisco Galiñanes Chaves, con visado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 9 de abril de 2010.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle comunicóuselle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 13 de decembro de 2010, e acordouse publicar no Diario Oficial de Galicia e BOP, así como notificárllelo persoalmente aos propietarios afectados directamente, con indicación dos recursos pertinentes, en cumprimento do disposto nos artigos 92º.2 e 92º.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Vilanova de Arousa, 13 de decembro de 2010.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde

Ver referencia pdf "02600D049P044.PDF"