DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

Sociedad Agrícola Gallega, S.L. solicita desta Alcaldía licenza municipal de actividade para almacén maiorista de produtos fitosanitarios, produtos zoosanitarios, medicamentos veterinarios e ferretaría agrícola, no polígono industrial de Tremoedo, parcelas 4-6 e 4-8, Vilanova de Arousa.

En cumprimento do disposto polo punto 3 do artigo 8º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública durante o período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación- poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vilanova de Arousa, 9 de novembro de 2010.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde