DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO.

Aceites Abril, S.L., entidade representada por Jorge Pérez Canal, solicitou licenza municipal de actividade para depósitos para almacenamento e distribución de aceites vexetais, que se vai situar no porto de Vilagarcía, peirao enlace. En cumprimento do disposto no artigo 8º.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de actividades clasificadas do concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 24 de xaneiro de 2011.

Mª Dolores García Giménez

Alcaldesa presidenta