DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDO

ANUNCIO de convocatoria.

No BOP de Lugo nº 26, do 2 de febreiro de 2011, publicáronse a convocatoria e as bases aprobadas por acordo de Xunta de Goberno Local, do 25 de xaneiro de 2011, que rexerán o acceso á praza de capataz encargado de obras, persoal funcionario, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna, grupo C2, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, correspondentes á oferta de emprego público de 2010.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao desta publicación.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos do concello e no BOP de Lugo, cando proceda, de conformidade coas bases.

Carballedo, 2 de febreiro de 2011.+

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco

Alcalde