DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

José Manuel Nieto Vilas, en representación de Dezaoito, S.L., solicita nesta Alcaldía licenza municipal para instalar un pub na rúa Entrerríos, 3, local 2, Bertamiráns.

Para cumprir co disposto no punto 3, artigo 8º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente en Urbanismo, no Departamento de Aperturas, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Ames, 22 de decembro de 2010.

Carlos A. Fernández Castro

Alcalde