DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2011, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se corrixen erros no anuncio de licitación do servizo de limpeza do Centro de Especialidades de Mollabao, por procedemento aberto e trámite ordinario suxeito a regulación harmonizada e multicriterio AB-CHP1-11-008.

Advertido erro na relación de traballadores achegada pola empresa que vén prestando servizos actualmente no dito centro, debe excluírse da devandita relación o limpador que figura co número cinco (5), polo que resulta finalmente un total de seis (6) traballadores.

Esta modificación varía o prazo de presentación de proposicións, que finalizará o día 17 de febreiro de 2010.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2010.

José Manuel González Álvarez

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra