DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2011, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do mantemento do sistema de información hospitalario de Galicia (Sihga) e os servizos de xestión de incidencias, xestión de problemas, xestión da entrega e xestión de proxectos de aplicacións do servizo de xestión de proxectos de sistemas de información AB-SER1-11-007.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 10 de marzo de 2011.

d) Número de expediente: AB-SER1-11-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: mantemento do sistema de información hospitalario de Galicia (Sihga) e os servizos de xestión de incidencias, xestión de problemas, xestión da entrega e xestión de proxectos de aplicacións do servizo de xestión de proxectos de sistemas de información.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto Puntuación

-Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica 0-40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo 0-10

-Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de evolución dos sistemas 0-30

Metodoloxía de traballo e plan de participación de recursos 0-20

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 1.639.736,00 euros. IVE: 295.152,48 euros. Importe total: 1.934.888,48 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 10 de marzo de 2011.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións, para a adxudicación provisional.

8. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, das 9.00 horas do décimo primeiro día natural contados desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios

10. Data de envío do anuncio o Diario Oficial das Comunidades Europeas: 17 de xaneiro de 2011.

11. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2011.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos