DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2011, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de mantemento de aparellos elevadores do Hospital Abente y Lago, pertencente a este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor AB-CHC1-11-012.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde - Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, As Xubias 84, 15006 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: contrataciones.chuac@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 24 de febreiro de 2011.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento de aparellos elevadores do Hospital Abente y Lago, pertencente o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Abente y Lago; r/ Sir John Moore, s/n, A Coruña.

e) Domicilio: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Prazo de execución/entrega: 24 mensualidades desde a data de entrada en vigor do contrato.

h) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 48 meses.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

j) CPV: 50750000.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, aberto e anticipado de gasto.

Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 113.121,36 euros. IVE (18%): 20.361,84 euros. Importe total: 133.483,20 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 24 de febreiro de 2011.

b) Lugar de presentación:

c) Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (planta baixa do Hospital A Coruña).

d) Domicilio: Xubias de Arriba, 84.

e) Localidade e código postal: A Coruña - 15006.

f) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

g) Prazo durante o cal o licitador está obligado a manter a súa oferta: segundo o disposto no artigo 145º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas de xestión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta soto do Hotel de Pacientes (anexo ao Hospital A Coruña). As Xubias de Arriba, 84.

b) Localidade e código postal: A Coruña - 15006.

c) Data e hora: a data de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non valorables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios valorables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: 5,42 €/liña (se é urxente, 10,82 €/liña). BOE: 21,71 €/liña (se é urxente, 43,42 €/liña). DOUE: publicidade sen cargo.

10. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 18 de xuño de 2010.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 19 de xaneiro de 2011.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2011.

Jerónimo Pardo Vázquez

Director xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña en funcións