DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2010, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de conservación e mantemento dos equipamentos e aparatos de cociña do Hospital Universitario A Coruña, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor AB-CHC1-11-011.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, As Xubias 84, 15006 A Coruña, Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: contrataciones.chuac@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 11 de marzo de 2011.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de conservación e mantemento dos equipamentos e aparatos de cociña do Hospital Universitario A Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: cociña do Hospital A Coruña.

e) Domicilio: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Prazo de execución/entrega: 12 mensualidades desde a data de entrada en vigor do contrato.

h) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 24 meses.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

j) CPV: 50881000-4.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, aberto e anticipado de gasto.

Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 101.496,27 euros. IVE (18%): 18.269,33 euros. Importe total: 119.765,60 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 11 de marzo de 2011.

b) Lugar de presentación:

c) Dependencia: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (planta baixa do Hospital A Coruña).

d) Domicilio: As Xubias de Arriba, 84.

e) Localidade e código postal: A Coruña 15006.

f) Admisión de variantes: non.

g) Prazo durante o cal o licitador está obligado a manter a súa oferta: segundo o disposto no artigo 145º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: sala de xuntas de xestión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta soto do Hotel de Pacientes (anexo ao Hospital A Coruña). As Xubias de Arriba, 84.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15006.

c) Data e hora: a data de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non valorables de forma automática e sobre C, relativo a criterios valorables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/liña). BOE: 21,71 €/liña (se é urxente 43,42 €/liña). DOUE: publicidade sen cargo.

10. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 18 de xaneiro de 2011.

A Coruña, 29 de decembro de 2010.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña