DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2010, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada para a contratación do servizo de limpeza do centro de saúde da Carballeira, dependente desta xerencia AB-XPO1-10-014.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Servizos Xerais e Contratación.

c) Número de expediente: AB-XPO1-10-014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do centro de saúde da Carballeira, dependente da Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

c) Lote (de ser o caso): único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG e perfil do contratante

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 194, do 7 de outubro de 2010.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: corenta e sete mil catrocentos cincuenta e sete euros con sesenta e tres céntimos (47.457,63 euros). IVE (18%): oito mil cincocentos corenta e dous euros con trinta e sete céntimos (8.542,37 euros). Importe total: cincuenta e seis mil euros (56.000 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 23 de decembro de 2010.

b) Contratista: Seralia, S.A. (CIF/NIF A 47379235).

c) Importe de adxudicación. Importe neto: corenta e seis mil trescentos vinte euros (46.320 euros). IVE (18%): oito mil trescentos trinta e sete euros con sesenta céntimos (8.337,60 euros). Importe total: cincuenta e catro mil seiscentos cincuenta e sete euros con sesenta céntimos (54.657,60 euros).

Ourense, 23 de decembro de 2010.

Pilar Fraga Gallego

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense