DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2010, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada para a contratación do servizo de limpeza do centro de saúde da Ponte, dependente desta xerencia AB-XPO1-10-013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Servizos Xerais e Contratación.

c) Número de expediente: AB-XPO1-10-013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do centro de saúde da Ponte, dependente da Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

c) Lote (de ser o caso): único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG e perfil do contratante.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 194, do 7 de outubro de 2010.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: cento un mil, seiscentos noventa e catro euros, con noventa e dous céntimos de euro (101.694,92 euros). IVE (18%): dezaoito mil, trescentos cinco euros con oito céntimos de euro (18.305,08 euros). Importe total: cento vinte mil euros (120.000 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 23 de decembro de 2010.

b) Contratista: Seralia, S.A. (CIF/NIF A 47379235).

c) Importe de adxudicación. Importe neto: noventa e dous mil, catrocentos euros (92.400 euros). IVE (18%): dezaseis mil, seiscentos trinta e dous euros (16.632 euros). Importe total: cento nove mil, trinta e dous euros (109.032 euros).

Ourense, 23 de decembro de 2010.

Pilar Fraga Gallego

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense