DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente ANP-OU-16-2010-V.

De conformidade co disposto no artigo 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo, (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 18 de xaneiro de 2011.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo

Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: ANP-OU-16-2010-V.

Interesado: Iván Colmenero Laso.

Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador.