De conformidade co disposto no artigo 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao ignorarse o lugar de notificación, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 17 de xaneiro de 2011.
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: INC.LU-0080/2010-LSA.
Interesada: María del Camino Larralde Salvador.
Acto notificado: resolución.