DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro do 2011, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T. saída subestación Corgo-Castroverde nos concellos do Corgo e Castroverde. (Expediente 008/2009 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, (BOE nº 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: L.M.T. saída subestación O Corgo-Castroverde.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle-Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 7.582 metros con orixe no apoio proxectado nº 1, en condutor LA-110 e remate no apoio proxectado nº 51, sobre apoio de formigón (36) e metálicos (12).

2. Liña de media tensión aérea derivada ao C.T. Monte, a 20 kV, cunha lonxitude de 16 metros con orixe no apoio proxectado nº 2 e remate en apoio existente que se vai substituír, en condutor LA-56, sobre apoios de formigón (2).

3. Liña de media tensión aérea derivada ao CT. Barreiros, a 20 kV, en condutor LA-56, cunha lonxitude de 29 metros, con orixe no apoio proxectado nº 0 da L.M.T. e remate no apoio existente nº 1, sobre apoios de formigón (2).

4. Liña de media tensión subterránea subestación O Corgo-Castroverde. Tramo I, a 20 kV, en condutor R.H.Z., cunha lonxitude de 140 metros con orixe en cela de liña existente na subestación O Corgo e remate no apoio proxectado nº 1.

5. Liña de media tensión soterrada subestación O Corgo-Castroverde. Tramo II, a 20 kV, en condutor R.H.Z., cunha lonxitude de 663 metros con orixe no apoio proxectado nº 51 e remate no apoio proxectado nº 0 da L.M.T. aérea á derivada ao C.T. Barreiros.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54º da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52º da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado neste departamento territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161º do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións neste departamento territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56º.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 18 de xaneiro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo

Ver referencia pdf "02600D025P026.PDF"