DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T.S. e C.T. avenida Compostela II, no concello do Carballiño. (Expediente IN407A 10/53-3).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. avda. Compostela II.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 180 m de lonxitude con condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T.S. existente ao C.T. Gasmedi 2000, S.A. (32CCM1) e remate na L.M.T. ao C.T. avda. de Compostela, 1 (32CCT6) despois de entrar e saír no C.T. proxectado prefabricado avda. de Compostela II de 400 kVA e r/t 20.000/400-230 V. Orzamento: 63.474,54 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 21 de decembro de 2010.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense