DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Arteixo. (Expediente IN407A 10/70-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Cespa Conten, S.A.

Domicilio social: Monticaño, s/n, Pastoriza, 15140 Arteixo.

Denominación: recuamento da L.M.T. de 15 kV a C.T. expediente IN407A 01/223.

Situación: Monticaño.

Características técnicas: recuamento de liña 15 kV a C.T. expediente 407A IN2001/223 (L.M.T. e C.T. aéreo de 100 kVA para planta de tratamento de residuos inertes en Monticaño, Arteixo).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 4 de agosto de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña