DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.143

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

CÉDULA de notificación (297/2010).

Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un de Lugo, fai saber que no procedemento de demanda 297/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Pereira del Noroeste, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza, coa seguinte resolución:

«Resolvo que, estimando a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra a demandada Pereira del Noroeste, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 639,70 euros en concepto de achegas non pagadas no período de outubro de 2007 a decembro de 2008, cantidade que se incrementará co xuro de mora do 20%».

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Pereira del Noroeste, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de xaneiro de 2011.

Carmen Varela Rebolo

Secretaria xudicial