DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.142

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO MERCANTIL NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA

EDICTO de notificación (86/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 31/2010.

Verbal 86/2010.

Sentenza:

En Vigo o 17 de setembro de 2010.

José María Blanco Saralegui, maxistrado xuíz do Xulgado do Mercantil número tres de Pontevedra, vistos os autos de xuízo ordinario rexistrados co número 86/2010, instados pola procuradora sra. Pazo en nome e representación de Vitralba, S.L., asistida polo letrado sr. González Cuenca, contra Roberto Corbal Baña, en situación de rebeldía procesual, en reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora sra. Pazo na representación acreditada, debo condenar e condeno a Roberto Corbal Baña a lle satisfacer á demandante a cantidade de 1.787,97 euros, máis os xuros legais desde a interpelación xudicial, máis xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de cinco días desde a súa notificación ás partes, logo da consignación de 50 euros, ao preparalo, na forma establecida na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

José María Blanco Saralegui, maxistrado do Xulgado do Mercantil número tres de Pontevedra con sede en Vigo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Roberto Corbal Baña, expídese este edicto para que sirva de cédula notificación.

En Vigo o 11 de novembro de 2010.

Elena García Figueira

Secretaria xudicial