DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.142

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO MERCANTIL NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA

EDICTO (83/2010).

No procedemento de referencia ditouse sentenza con data do 17 de setembro de 2010, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

En Vigo o 17 de setembro de 2010.

José María Blanco Saralegui, maxistrado xuíz do Xulgado do Mercantil número tres de Pontevedra, vistos os autos de xuízo ordinario rexistrados co número 83/2010, instados pola procuradora sra. Pazo en nome e representación de Covelo Materiales de Construcción, S.L., asistida polo letrado sr. González Cuenca, contra María de Fátima da Conceiçao, en situación de rebeldía procesual, en reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora sra. Pazo na representación acreditada, debo condenar e condeno a María de Fátima da Conceiçao a lle satisfacer á demandante a cantidade de 1.018,82 euros, máis os xuros legais desde a interpelación xudicial, máis xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de cinco días desde a súa notificación ás partes, logo da consignación de 50 euros, ao preparalo, na forma establecida na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

José María Blanco Saralegui, maxistrado do Xulgado do Mercantil número tres de Pontevedra. Rúbricas».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María de Fátima da Conceiçao, expídese esta cédula para que sirva de notificación.

En Vigo o 21 de outubro de 2010.

Elena García Figueira

Secretaria xudicial