DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.135

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL GALEGO DE DEFENSA DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Tribunal Galego de Defensa da Competencia no terceiro cuadrimestre de 2010.

Para os efectos do previsto no artigo 11º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración asinados por este organismo autónomo no terceiro cuadrimestre do ano 2010.

Os devanditos convenios relaciónanse no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2011.

Francisco Hernández Rodríguez

Presidente do Tribunal Galego de Defensa

da Competencia

Anexo

Convenio: convenio de colaboración entre o Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC) e a Academia Europea de Dirección e Economía da Empresa (AEDEM) para a promoción da competencia en Gallicia.

Sinatura: 2-9-2010.

Importe: 2.000 euros.