DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.135

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de maio de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 100, do 28 de maio de 2010, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 9.619, no artigo 7º, engádese o apartado 7.7.:

«7.7. A aceptación da subvención implica a inclusión do beneficiario na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6º e 7º.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006».

-Na páxina 9.622, no artigo 14º, letra a):

Onde di:

«a) (…), manter os investimentos e o emprego tido en conta na concesión durante polo menos 3 anos desde a finalización do dito prazo. (…)».

Debe dicir:

«a) (…), manter os investimentos e o emprego tido en conta na concesión durante polo menos 5 anos desde a finalización do dito prazo. (…)».

-Na páxina 9.622, no artigo 14º, letra e):

Onde di:

«e) (…) durante un prazo de catro anos contados desde a finalización do prazo de execución do proxecto. (…)».

Debe dicir:

«e) (…) durante un prazo de tres anos contados desde o peche do programa operativo Innoempresa. (…)».

-Na páxina 9.625, no artigo 21º, apartado 1, onde di:

«21.1. (…). O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de gasto será de 4 anos desde a súa presentación».

Debe dicir:

«21.1. (…). O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de gasto será de 3 anos desde o peche do programa operativo Innoempresa».