DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 25 de xaneiro de 2011 pola que se modifica a Orde do 9 de xullo de 2010 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

A Orde do 9 de xullo de 2010, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se aproba a convocatoria para a concesión, con cargo ao exercicio orzamentario 2010 e 2011, de subvencións públicas para a execución de plans de formación intersectoriais e sectoriais mediante convenios de ámbito autonómico, dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, establece, no seu artigo 3º, a duración dos plans de formación.

O período de execución dos plans de formación, previsto no dito artigo, finaliza o 30 de abril de 2011, porén valorouse a conveniencia neste momento de ampliar o devandito prazo coa finalidade de posibilitar o óptimo desenvolvemento dos plans de formación financiados.

Por todo o exposto, logo de consulta das organizacións empresariais e sindicais máis representativas,

dispoño:

Artigo único.

O artigo 3º da Orde do 9 de xullo de 2010 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, queda redactado nos seguintes términos:

Os plans de formación poderán executarse desde o día 1 de maio de 2010 ata o 30 de xuño de 2011 e deberán estar xustificados todos os gastos no prazo dun mes desde o seu remate.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2011.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar