DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2011 Páx. 2.127

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2011 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 13 de setembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario.

En cumprimento do disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 9º.4 da Orde do 13 de setembro de 2010 (DOG nº 183, do 22 de setembro), pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde.

Crédito orzamentario inicial: 280.000 €. O custo total das subvencións concedidas para o tipo A irá con cargo á aplicación 5001.413A.481.21 e código de proxecto 201000061, e para as de tipo B irá con cargo á aplicación 5001.413A.481.12 e código de proxecto 201000060, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

No que se refire aos beneficiarios, importe e finalidade da subvención: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2011.

Mª del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

Ver referencia pdf "02600D003P007.PDF"