DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2011 Páx. 1.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Intituto Gallego de Promoción Económica á internacionalización das empresas galegas, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 15 de novembro de 2010, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas á internacionalización das empresas galegas e faculta o director xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas.

Segundo.-Convocar, para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva, as seguintes liñas de axuda das bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas:

1. Liña de seminarios internacionalización (procedemento IG156).

2. Liña de planificación exterior (procedemento IG151).

3. Liña participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia (procedemento IG110).

4. Liña de misións comerciais directas (procedemento IG123).

5. Liña de misións comerciais inversas (procedemento IG124).

6. Liña de misións tecnolóxicas directas e inversas (procedemento IG154).

7. Liña de márketing, comunicación e marca (procedemento IG172).

8. Liña de prospección internacional (procedemento IG173).

9. Liña de primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex (procedemento IG158).

Terceiro.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte), e rematará o 15 de marzo de 2011 para as liñas sinaladas cos números 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 do punto segundo anterior, e o 31 de maio de 2011 para as liñas sinaladas cos números 8 e 9.

No caso de que, en virtude das solicitudes presentadas e resoltas favorablemente, se esgotase o crédito orzamentario, poderase pechar anticipadamente a convocatoria. O esgotamento do crédito e a non admisión de solicitudes posteriores publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape ww.igape.es

Cuarto.-Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria das liñas anteriores aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Ver referencia pdf "02200D015P081.PDF"

Quinto.-O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Sexto.-Os requisitos das letras c), e), f), h), i), j), k), l), m) e n) do artigo 20º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2011.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Instituto Galego

de Promoción Económica (Igape) á internacionalización

das empresas galegas

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentaren o seu tamaño e acadaren maiores economías de escala, accederen a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, melloraren a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entraren en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, melloraren a súa eficiencia económica e a capacidade competitiva.

Mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos, o Goberno galego aposta pola internacionalización das nosas empresas.

Unha aposta que se plasma no Plan re-Forza, o Plan Estratéxico 2010-2014 e o diálogo social cos axentes sociais. En todos os casos, a internacionalización empresarial constitúe en si mesma un obxectivo estratéxico para Galicia, cara ao que se dispoñen recursos humanos e orzamentarios moi importantes para acadar o salto de calidade das nosas empresas nos mercados exteriores.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4º como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.

Con esta finalidade ofrécese axuda económica para o desenvolvemento da estratexia de internacionalización das empresas, contribuíndo financeiramente á execución de plans específicos de promoción. Así mesmo, considérase tamén que se deben primar as accións promocionais conxuntas por parte de empresas galegas mediante maiores niveis de apoio en canto que permiten un uso máis eficiente dos recursos.

A tramitación destas axudas exclúe a concorrencia competitiva con base no establecido no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por canto serán subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, sen necesidade de establecer comparacións entre os proxectos nin unha orde de prelación entre eles.

Estas liñas de axuda compleméntanse coa liña de axudas para a contratación de xestores de exportación e cos servizos do Igape á internacionalización, entre os que cabe destacar o asesoramento e a asistencia técnica en orixe e destino, plans país sectoriais, información sobre mercados e oportunidades de negocio, así como os servizos de interpretación telefónica, formación e incorporación laboral de especialistas en comercio exterior, organización de accións promocionais de participación agrupada, rede de empresarios e profesionais de orixe galega, rede empresarial europea, difusión da oferta exportadora galega, seminarios, e calquera outro que solicite o empresariado galego dentro dos medios e recursos dispoñibles do Igape (detállanse no portal www.exportgalicia.com).

Artigo 1º.-Proxectos subvencionables.

1.1. Os proxectos obxecto de apoio serán aqueles que promocionen e faciliten o acceso das empresas galegas ao exterior e incentiven a súa internacionalización. O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido sobre os gastos subvencionables realizados polas empresas ou organismos intermedios que teñan a sede efectiva da súa actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia na execución de actuacións dirixidas á promoción internacional de produtos elaborados, comercializados e/ou servizos prestados, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos nestas bases para cada unha das liñas de axuda.

1.2. As liñas de axuda do Igape serán as seguintes:

1. Liña de seminarios internacionalización.

2. Liña de planificación exterior.

3. Liña de participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia.

4. Liña de misións comerciais directas.

5. Liña de misións comerciais inversas.

6. Liña de misións tecnolóxicas directas e inversas.

7. Liña de márketing, comunicación e marca.

8. Liña de prospección internacional.

9. Liña de primeira implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex).

1.3. Quedan excluídas as axudas á exportación. Debe entenderse por axudas á exportación aquelas directamente asociadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e ao funcionamento dunha rede de distribución e aos gastos correntes derivados da actividade exportadora.

1.4. No caso de solicitudes de empresas o solicitante debe ser o beneficiario final dos servizos para os cales se solicita axuda, é dicir, debe tratarse de servizos encamiñados a internacionalizar a propia empresa do solicitante.

1.5. O prazo de execución dos proxectos subvencionables,

a) Iniciarase o 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda. En consecuencia, a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria. O prazo de execución finalizará para todas as liñas o 15 de outubro do exercicio da convocatoria -excepto para a liña sinalada co número 8, que finaliza o 30 de setembro do exercicio seguinte ao da convocatoria, e para a liña sinalada co número 9, que finaliza o 31 de agosto do terceiro exercicio posterior ao da convocatoria.

b) Tamén serán subvencionables aqueles proxectos executados no exercicio anterior ao da convocatoria cunha data de execución posterior á data limite establecida na convocatoria correspondente ao devandito exercicio e sempre que a dita data de execución posterior dependese exclusivamente de accións de terceiros.

Enténdese que a acción está finalizada, transcorrido o último día do evento, misión ou data de finalización do proxecto manifestada polo solicitante no cuestionario de solicitude. Neste último caso o Igape pode adiantar a data última de execución do proxecto manifestada polo solicitante atendendo a criterios de eficiencia na execución orzamentaria.

Artigo 2º.-Procedemento e réxime de aplicación.

2.1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada en rexistro do expediente completo, e ata o esgotamento do crédito, do cal se fará publicidade no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es. Xustifícase a excepcionalidade por canto neste caso non semella posible a comparación de proxectos entre si pola casuística ampla e heteroxénea que permiten as bases reguladoras e, en consecuencia, a imposibilidade de fixar criterios de valoración comparativos entre as diferentes solicitudes.

Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31º.2 da Lei 9/2007.

2.2. As axudas recollidas nestas bases encádranse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas de minimis. Para as empresas do sector pesqueiro as axudas outorgaranse ao abeiro do Regulamento (CE) 875/2007, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE do 25 de xullo) e para as empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas outorgaranse ao abeiro do Regulamento (CE) 1535/2007, do 20 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87ºe 88º do Tratado ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE do 21 de decembro).

Artigo 3º.-Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas.

3.1. Estas axudas son compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que se respecten as intensidades de axuda máxima indicadas nos regulamentos da UE aplicables. Non serán compatibles -para os mesmos conceptos subvencionables- con outros programas de apoio á internacionalización financiados pola Xunta de Galicia como Programa PIPE, Plan FOEXGA ou bases de axudas. Tampouco serán compatibles -para os mesmos conceptos subvencionables- con outro tipo de actuacións financiadas pola Xunta en que, pola súa vez, se estableza unha incompatibilidade deste tipo.

3.2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

3.3. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Este límite será de 100.000 euros para as empresas do sector de transporte por estrada. A axuda total de minimis concedida a unha empresa durante calquera período de tres exercicios fiscais redúcese a 30.000 euros para as empresas do sector pesqueiro, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 875/2007, do 24 de xullo (DOUE do 25 de xullo) e a 7.500 euros para as empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 1535/2007, do 20 de decembro (DOUE do 21 de decembro).

Artigo 4º.-Beneficiarios.

4.1. Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas e entidades especificadas no anexo I para cada liña de axuda.

4.2. Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Desenvolver nun centro radicado en Galicia calquera actividade económica, mesmo a prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, non excluída no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado CE ás axudas de minimis. Serán subvencionables as actividades de produción de produtos agrícolas conforme o establecido no Regulamento (CE) 1535/2007, da Comisión, do 20 de decembro de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado CE ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas e as actividades do sector pesqueiro, conforme o establecido no Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro.

Non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas empresas non domiciliadas en Galicia e que unicamente teñan radicados na comunidade autónoma centros con actividade estritamente comercial. Polo que se refire ao resto de empresas non domiciliadas en Galicia, a subvención correspondente reducirase en proporción ao número de empregados nos centros radicados en Galicia respecto do conxunto total de empregados da empresa.

b) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10º.2 e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño).

c) Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que estean en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.1 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (DOUE C 244/2, do 1 de outubro de 2004) e que para as pemes aparece no artigo 1º.7 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008).

d) As condicións específicas citadas en cada liña de axuda.

4.3. Por beneficiarios organismos intermedios enténdese:

a) As asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas.

b) As agrupacións empresariais innovadoras (AEI), segundo a Orde ITC/1843/2009, do 3 de xullo, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que as define como «unha combinación, nun espazo xeográfico ou sector produtivo concreto, de empresas, centros de formación, unidades de investigación públicos ou privados, e outros axentes públicos ou privados, integrados en procesos de cooperación que lles permitan obter ventaxas ou beneficios derivados da execución de proxectos conxuntos de carácter innovador e acadar unha masa crítica tal que permita asegurar a súa competitividade e visibilidade internacionais». As AEI deben estar formalmente constituídas, ter personalidade xurídica propia e estar domiciliadas en Galicia.

Artigo 5º.-Gastos non subvencionables.

5.1. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda. Poderase considerar subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando o solicitante da axuda sexa unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro e acredite que se atopa acollido ao réxime de exención do IVE e que esa operación concreta non foi incluída na declaración do IVE.

5.2. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores (no caso de organismos intermedios sen ánimo de lucro non se entende que haxa vinculación coas empresas asociadas ou representadas). Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada, exixíndose aos beneficiarios o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 43º do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

5.3. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, se é o caso, na solicitude da subvención realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.

5.4. Nun mesmo exercicio orzamentario non poderá percibirse por un mesmo solicitante, ao abeiro destas bases, unha subvención total por máis de 70.000 euros no caso solicitudes de empresas individuais, 150.000 euros no caso de solicitudes de agrupacións de empresas e 200.000 euros no caso de organismos intermedios, procedendo, se for o caso, por parte do Igape ao reaxuste correspondente. As subvencións obtidas por empresas mediante agrupación delas non computan no límite establecido para solicitudes de empresas individuais e, no caso de agrupacións, os límites son para a suma de solicitudes de agrupacións compostas polas mesmas empresas.

Para o cómputo destes límites exceptúanse a subvención obtida na liña de primeira implantación promocional conxunta, que ten outros límites específicos, establecidos no anexo I a estas bases, e non computan para efectos dos límites anteriores.

5.5. Para estes efectos, o establecemento dos distintos límites computarase en todo caso en termos de subvención bruta.

5.6. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

5.7. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación de internacionalización concreta que se propón para a subvención e calquera outro gasto derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.

5.8. Non serán subvencionables gastos correspondentes a actuacións que o solicitante poida realizar cos seus propios medios materiais e persoais, o que se determinará polo tipo de actividade da empresa -IAE ou CNAE-, e/ou porque o solicitante pola súa vez, figure como provedor para outra empresa solicitante destas axudas -nesta e anteriores convocatorias- para o mesmo tipo de actuacións e gastos.

5.9. No caso de actuacións en que participe un grupo de empresas e/ou organismos intermedios entre os cales se inclúa algún participante que non cumpra os requisitos para ser beneficiario do artigo 4 destas bases ou os especiais para cada unha das liñas de axuda do anexo I, os gastos que poidan individualizarse correspondentes aos ditos participantes non serán subvencionables, e polo que respecta aos gastos de tipo xeral, a subvención reducirase en función da porcentaxe de participantes que non cumpran os requisitos para ser beneficiario.

Artigo 6º.-Consentimentos e autorizacións.

6.1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

6.2. De conformidade co artigo 13º.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

A devandita autorización esténdese á cesión dos seus datos persoais á entidade colaboradora do Igape, á entidade financeira en que se aboe o pagamento das axudas, ao Diario Oficial de Galicia e ás demais cesións previstas na lei.

O solicitante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto do contido dos rexistros antes citados ante a Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, sito no complexo administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, en aplicación do disposto no Decreto 132/2006.

6.3. A presentación da solicitude polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 20º.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización, deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude.

No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de emisión do certificado telemático, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

6.4. A presentación da solicitude tamén autoriza o órgano xestor para acceder ao Sistema de Verificación de Datos de Identidade e Residencia, co fin de evitar a achega do DNI do solicitante ou do seu representante legal. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización, deberá, obrigatoriamente, presentar o DNI coa solicitude.

Artigo 7º.-Solicitudes.

7.1. Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar unha solicitude de axuda os interesados deberán cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es/

A instrución e resolución do procedemento basearase nas declaracións contidas no citado cuestionario e, no caso de que se conceda a axuda, serán obxecto de acreditación documental nas fases de tramitación en cada caso oportunas e, en calquera caso, previamente a calquera aboamento da axuda.

7.2. Co fin de prestar asistencia para cubrir o cuestionario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, cun sistema de cita previa concertada a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente o cuestionario. O IDE estará composto por 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractación SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación de axuda citada anteriormente.

7.3. Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

7.4. As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se xunta como anexo II, nas cales será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación de axuda), non serán tramitadas e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a sua emenda, transcorrido o cal teranse por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivo.

7.5. O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE e a documentación anexa no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7.6.- Así mesmo, os interesados poderán asinar electronicamente o formulario de solicitude co IDE e presentalo no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido, tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (Diario Oficial de Galicia nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para os efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

c) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, creado polo Decreto 200/2003, do 20 de marzo.

d) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación, consonte o citado Decreto 200/2003.

e) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior, tamén poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante teña indicado no formulario normalizado a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso, o solicitante deberá acceder á web do Igape na ligazón tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE nº 150, do 23 de xuño).

7.7. Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no cuestionario. Para iso utilizarán a aplicación establecida no enderezo da internet citado anteriormente, introducindo os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante. As modificacións da solicitude inicial deberán ser presentadas utilizando a aplicación de axuda para xerar un cuestionario modificado, cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das ditas aclaracións.

Artigo 8º.-Órganos competentes.

A Área de Promoción, Innovación e Información Empresarial será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención. Correspóndelle ao titular da dirección xeral do Instituto Galego de Promoción Económica ditar a resolución que poña fin ao procedemento na vía administrativa.

Artigo 9º.-Entidades colaboradoras.

De conformidade co establecido no artigo 9º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape poderá designar entidades colaboradoras para a xestión da subvención, cumprindo os requisitos do artigo 10º da mencionada lei e coas formalidades do seu artigo 13º. As entidades colaboradoras designaranse con base na súa experiencia no eido do comercio internacional e a cooperación exterior. Non se prevé a constitución de garantía por parte das entidades colaboradoras, salvo que a colaboración inclúa o aboamento directo das subvencións; neste caso prevese que as entidades previstas no artigo 13º.4 da Lei de subvencións no procedemento de selección constituirán garantía polo 1% do orzamento previsto.

Artigo 10º.-Instrución dos procedementos.

10.1. A solicitude de axuda será avaliada polos servizos técnicos da Área de Promoción, Innovación e Información Empresarial do Igape ou das súas entidades colaboradoras, en función dos datos relativos ao solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e no cuestionario.

10.2. De conformidade co establecido no artigo 71º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude ou o cuestionario non reúnen algunha das informacións exixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desiste na súa petición, logo da correspondente resolución. Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 6º.3 destas bases resulta que o solicitante non se atopa ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social.

10.3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

10.4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, en que se indicarán as causas desta.

10.5. Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados, para que no prazo de dez días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Artigo 11º.-Resolución.

11.1. Unha vez avaliada a solicitude, a proposta de resolución será elevada ao titular da Dirección Xeral do Igape, quen resolverá por delegación do Consello de Dirección do Igape. O procedemento de concesión resolverase no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta de resolución. A resolución axustarase ao disposto no artigo 34º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

11.2. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido no artigo 24º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de seis meses desde a presentación da solicitude completa no Igape, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

11.3. Na resolución de concesión de axuda, farase constar o importe do concepto subvencionable que hai que xustificar, a contía e porcentaxe da axuda concedida, o prazo máximo para executar o proxecto e o prazo máximo para presentar a xustificación ao Igape. Así mesmo, constará a obriga por parte do beneficiario de indicar en todo labor de difusión, publicidade ou análogo da actividade subvencionada, a mención expresa de que a dita actuación foi financiada polo Igape e pola Consellería de Economía e Industria, segundo os modelos establecidos no manual de comunicación da Xunta de Galicia.

11.4. As resolucións de concesión condiciónanse á efectiva presentación da documentación relativa ao beneficiario e ás condicións do proxecto, que será presentada xunto coa solicitude de aboamento da subvención.

11.5. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

11.6. O beneficiario das axudas terá un prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a súa aceptación, cubrindo a dilixencia de aceptación. Unha vez transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, agás que no mesmo prazo se comunique de xeito formal e expreso a renuncia á subvención concedida. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións establecidas na resolución, nas bases reguladoras da axuda e nas demais disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación. No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase consonte o artigo 38º da Lei de subvencións de Galicia.

Na solicitude debe explicarse o proxecto e detallar os traballos que se van realizar por cada un dos conceptos subvencionables.

Agás para aqueles conceptos de gasto con límites cuantitativos específicos, na xustificación da subvención admitiranse compensacións entre os distintos gastos subvencionables, sempre que non se desvirtúe o obxecto da subvención.

Artigo 12º.-Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá o director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13º.-Modificación da resolución.

13.1. Unha vez ditada a resolución non se admitirán a trámite máis modificacións das súas condicións que as indicadas seguir, que deberán ser solicitadas antes da data de finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución inicial:

a) As solicitudes de beneficiarios que sexan organismos intermedios sen ánimo de lucro e que se refiran á modificación do orzamento subvencionable, aínda que implique modificación á alza ou á baixa, ou á modificación no prazo de execución do proxecto, sempre que non exceda a data límite de execución dos proxectos establecida no anexo I a estas bases.

b) As solicitudes de calquera beneficiario das liñas de prospección internacional e primeira implantación promocional conxunta no exterior (liñas 8 e 9 citadas no artigo 1º.2) e que se refiran á modificación do orzamento subvencionable, aínda que implique modificación á alza ou á baixa, ou á modificación no prazo de execución do proxecto, sempre que non exceda a data límite de execución dos proxectos establecida no anexo I a estas bases.

13.2. En ningún caso se admitirán modificacións que supoñan unha execución total inferior ao 50% do gasto subvencionable inicialmente aprobado, que danen dereitos de terceiros ou teñan en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

13.3. O beneficiario deberá solicitar a modificación tramitando o cuestionario sinalado no artigo 7º e presentando a súa instancia dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior.

13.4. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados.

Artigo 14º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, especialmente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entres públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100% do custo total da actividade que vai desenvolver o beneficiario.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

f) Dar publicidade ao financiamento polo Igape dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Consellería de Economía e Industria, así como rótulos relativos ao financiamento público nos stands, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión alén do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

Para dar publicidade do financiamento, atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 19 de novembro), así como as instrucións contidas no manual de identidade corportativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es/IL8.

No caso de campañas de publicidade, o solicitante poderá substituír a inserción dos logotipos anteriores nos anuncios pola constancia na web da empresa da existencia da subvención.

No caso de que o evento xa tivese lugar cando se solicitou ou concedeu a axuda ou por non ser posible por outros motivos, o Igape poderá establecer medidas alternativas de publicidade do financiamento.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11º da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 15º.-Xustificación da subvención.

15.1. O beneficiario ten un prazo improrrogable dun mes para presentar a solicitude de cobramento da subvención concedida (ou a última das solicitudes de cobramento no caso de proxectos de carácter plurianual). O dito prazo comezará a contar desde o día seguinte á data límite de execución do proxecto subvencionado indicado na resolución de concesión, ou se a data de notificación da resolución de concesión for posterior, desde o día seguinte a esta data de notificación da resolución. Nos supostos de accións ou proxectos de carácter plurianual (liñas 8 e 9 citadas no artigo 1º.2), as solicitudes de cobramento previas á solicitude de cobramento final, terán como data límite de presentación o 10 de outubro de cada anualidade (pasando a xustificación dos gastos restantes de cada anualidade á seguinte anualidade).

A falta de achegamento da documentación acreditativa das circunstancias do beneficiario establecida no punto 15.6.1 seguinte será motivo de perda do dereito á subvención e arquivo do expediente de concesión da axuda, logo de requirimento de emenda ao beneficiario.

15.2. Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es/. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente o cuestionario de liquidación. Este IDEL estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractación SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación de axuda citada anteriormente.

15.3. A solicitude de cobramento presentarase mediante a instancia normalizada que se xunta como anexo III, no cal será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación de axuda) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

15.4. O beneficiario presentará a solicitude de cobramento co IDEL no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, poderá asinar electronicamente o formulario de solicitude de cobramento co IDEL e presentalo no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, sempre que cumpra os requisitos previstos no anterior artigo 7º.6, e que a documentación que se xunte á solicitude de cobramento sexa apta para a súa presentación telemática. Neste último caso, a aplicación de xeración de cuestionarios de liquidación permitirá xuntar estes documentos e remitilos electronicamente.

15.5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presente en prazo ou a xustificación sexa incorrecta, requirirase o beneficiario para que a presente ou corrixa os erros ou defectos observados no prazo improrrogable de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45º.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28º e 30º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

15.6. Xunto á solicitude de cobramento, o beneficiario achegará en orixinal ou copia cotexada:

15.6.1. Documentacion relativa ás circunstancias do beneficiario:

a) Sociedades mercantís:

-Escritura de constitución e modificacións.

-Documento público acreditativo do poder con que actúa o seu representante.

b) Autónomos:

-Último recibo do imposto sobre actividades económicas (IAE) ou alta no imposto en caso de estar exento do pagamento.

c) Consellos reguladores:

-Documentación acreditativa da representación con que actúa.

-Certificación expedida pola Secretaría-Intervención, que declare que o Consello está exento de pagamento do IVE na actividade subvencionada e que, por tanto, non repercute este imposto.

d) Asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro:

-Acreditación da representación con que se actúa.

-Documentación acreditativa da súa constitución: acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes.

-Se é o caso, documentación acreditativa da condición de exención do IVE, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria referida ao exercicio da convocatoria e certificación do organismo de que non se deduce o IVE das facturas que soportan o proxecto subvencionable.

e) Agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica:

-Acreditación da representación con que se actúa.

-Documentación acreditativa da súa constitución.

-Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

-Se é o caso, documentación acreditativa da condición de exención do IVE, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria referida ao exercicio da convocatoria e certificación do organismo de que non se deduce o IVE das facturas que soportan o proxecto subvencionable.

-Para cada un dos membros da agrupación, a documentación correspondente citada nos puntos anteriores.

15.6.2. Conta xustificativa da realización do proxecto:

2.1. Conta xustificativa simplificada: no caso de subvencións de importe igual ou inferior a 12.000 euros, o beneficiario deberá acollerse ao sistema de conta xustificativa simplificada establecida no artigo 51º do Decreto 11/2009, de regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

O beneficiario terá que cubrir os campos obrigatorios establecidos no cuestionario de liquidación, que será obtido a través do enderezo da internet http://tramita.igape.es, tendo que obter, custodiar e ter á disposición do Igape ou os organismos de control da Administración a documentación xustificativa indicada na alínea 15.6.2.2 b) destas bases.

O Igape ou a súa entidade colaboradora poderá requirirlle ao beneficiario a remisión dos xustificantes de gastos seleccionados con base en técnicas de mostraxe e, para estes efectos, o Igape comprobará un mínimo do 10% dos expedientes con axudas aprobadas por importe ata 6.000 euros, e un mínimo do 20% dos expedientes con axudas aprobadas por importe superior a 6.000 euros e ata 12.000 euros.

Por isto, cando das comprobacións realizadas non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención, o Igape procederá a requirir aos beneficiarios a totalidade dos documentos xustificativos segundo o establecido no punto 2.3 deste artigo.

2.2. No caso de subvencións de importe superior a 12.000 euros o beneficiario poderá optar entre presentar conta xustificativa con entrega de informe de auditor ou conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto.

a) Se opta por presentar conta xustificativa con entrega de informe de auditor, ademais dos datos do cuestionario de liquidación relativos á memoria de actuacións, a memoria xustificativa do custo do proxecto, a relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, o beneficiario terá que achegar informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC) sobre a conta xustificativa presentada polo beneficiario, con pronunciamento expreso sobre a existencia e veracidade da documentación xustificativa relacionada no punto 15.6.2.2 b) seguinte, por el revisada. Cando a subvención teña por obxecto unha actividade ou proxecto que se realizará no estranxeiro, entenderase que o auditor debe exercer no país onde deba levarse a cabo a revisión.

b) Se non se opta por presentar conta xustificativa con entrega de informe de auditor, o beneficiario estará obrigado a presentar a súa conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto. Neste caso, ademais dos datos do cuestionario de liquidacións relativos á memoria de actuacións, a memoria xustificativa do custo do proxecto, a relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, o beneficiario terá que achegar a seguinte documentación:

i) As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do gasto da actividade por orde cronolóxica, para cada tipo de gasto, segundo figure na resolución de concesión da axuda. No caso de beneficiarios que sexan consellos reguladores admitirase como medio de xustificación do investimento a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida.

ii) A documentación acreditativa do pagamento das facturas (presentarase xunto con cada documento de gasto por orde cronolóxica, para cada tipo de gasto, segundo figure na resolución de concesión da axuda):

-Xustificante de transferencia bancaria ou dos documentos mercantís utilizados como medios de pagamento emitidos e con vencemento dentro do período de liquidación, así como o seu cargo en conta. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Os extractos bancarios a través da internet deberán ter estampado o selo orixinal da entidade financeira.

-Certificación bancaria orixinal conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do período de liquidación. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Só se admitirán os pagamentos en efectivo para importes inferiores aos 1.000 euros por provedor.

-No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas.

-No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento debe realizarse sempre mediante a achega do correspondente extracto bancario, que irá acompañado dun dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo do provedor.

-As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dalgún destes xustificantes de tipo de cambio a euros:

-Documentos bancarios de cargo en euros en que conste o tipo de cambio empregado.

-Cotización oficial publicada polo Banco de España ou Banco Central Europeo correspondente á data do pagamento da factura.

-Para outros tipos de cambio atenderase a tipos de cambio do mercado de divisas na data do pagamento das facturas.

iii) Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29º.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, se é o caso, na solicitude da subvención realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e

deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.

15.6.3. Certificación bancaria da existencia e número de conta do beneficiario en que vaia ser ingresada a subvención.

15.6.4. Copia en formato impreso ou en formato dixital -que permita a súa lectura-, de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 14º f) destas bases.

15.6.5. A documentación que para cada liña de axuda resulta do establecido no anexo a estas bases.

15.6.6. Calquera outra documentación que o Igape considere necesaria para a correcta análise da solicitude de cobramento sinalada na resolución de concesión.

15.6.7. As datas das facturas, medios de pagamento e demais documentos xustificativos da realización do proxecto deberán estar comprendidas no período de liquidación, é dicir, entre a data de inicio do prazo de execución dos proxectos subvencionables e a data de remate do prazo de presentación da solicitude de cobramento establecido no artigo 15º.1 destas bases. Exceptúanse do antes indicado as facturas de viaxes e as emitidas por organizadores de eventos expositivos subvencionables, de acordo co disposto nestas bases, que poden ser de data anterior ao exercicio económico da convocatoria.

15.6.8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, se é o caso, das cantidades previamente aboadas.

Artigo 16º.-Aboamento das axudas.

16.1. Con carácter xeral, o aboamento das axudas realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. Nos casos de presentación da conta xustificativa simplificada prevista no punto 6.2.1 do artigo 15º anterior, a revisión das facturas ou documentos de valor probatorio análogo que, se é o caso, formen parte da conta xustificativa deberán ser obxecto de comprobación nos catro anos seguintes. No caso das liñas de prospección internacional e de primeira implantación promocional conxunta no exterior (liñas 8 e 9 citadas no artigo 1º.2), poderanse facer un máximo de tres pagamentos por exercicio, que suporán a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, co límite do 80% da porcentaxe subvencionada e da anualidade prevista no exercicio orzamentario. Neste suposto, exímese os/as

beneficiarios/as da obriga de constituíren garantías, previa á súa autorización polo Consello da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 67º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que regulamenta a Lei de subvencións de Galicia.

16.2. Os órganos competentes do Igape ou as súas entidades colaboradoras poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Previamente á proposta de pagamento, os servizos técnicos do Igape poderán realizar unha inspección de comprobación material na cal certifiquen que se realizou o proxecto.

16.3. No caso de que o beneficiario xustifique gastos por importe inferior ao establecido na resolución de concesión -e sempre e cando o gasto xustificado iguale ou supere o 50% do gasto subvencionable máximo establecido non desvirtúe o proxecto aprobado e o beneficiario manifeste a súa conformidade-, o pagamento realizarase -sen necesidade de iniciar procedemento de reintegro- pola cantidade resultante de aplicar a porcentaxe de subvención aplicable sobre o gasto subvencionable xustificado. A xustificación inferior ao 50% do gasto subvencionable máximo establecido na resolución de concesión dará lugar ao inicio do expediente de incumprimento total.

Artigo 17º.-Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas.

17.1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

17.2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

17.3. Considerarase plenamente xustificada a subvención no proceso de comprobación cando o Igape constate que os gastos efectivamente xustificados sexan inferiores á contía do importe subvencionado e esta diferenza dese lugar a unha minoración no importe da subvención ou no importe a reintegrar inferior a 30 euros ou á contía que para eses efectos fixe a consellería competente.

Artigo 18º.-Réxime sancionador.

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19º.-Fiscalización e control.

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 20º.-Comprobación de subvencións.

20.1. O órgano concedente ou as súas entidades colaboradoras comprobarán a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención. O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de gasto será de 4 anos desde a súa presentación. Durante o dito prazo os beneficiarios e/ou as entidades colaboradoras terán que conservalas e telas á disposición da Administración.

20.2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo Igape, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

20.3. A comprobación material definida no parágrafo anterior poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

20.4. Para todo o non previsto nos puntos anteriores, será aplicable o disposto no artigo 30º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e os artigos 57º e seguintes do seu regulamento.

Artigo 21º.-Publicidade.

21.1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44º e 45º da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións, que como consecuencia delas puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.

21.2. De acordo co artigo 13º.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega e co artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape, www.igape.es, e no Diario Oficial de Galicia expresando a norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios. A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarse no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións; non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas

na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

Artigo 22º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o su regulamento, no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas de minimis, no Regulamento (CE) 875/2007, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do tratado ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE do 25 de xullo) e no Regulamento (CE) 1535/2007, do 20 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do tratado ás axudas de minimis ao sector da produción de produtos agrícolas (DOUE do 21 de decembro) e o resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 48º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

1. Liña de seminarios internacionalización (procedemento IG156).

Finalidade da axuda: favorecer a organización en Galicia de foros, xornadas técnicas ou seminarios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas en materia de internacionalización das empresas galegas.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta liña de axudas as asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas.

Proxectos subvencionables: será subvencionable a organización en Galicia de foros, xornadas técnicas ou seminarios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas en materia de internacionalización das empresas galegas. O proxecto deberá expoñerse con suficiente detalle para a avaliación da súa oportunidade, vantaxes e interese por parte dos órganos do Igape, denegándose aqueles expedientes que non as acrediten.

Conceptos subvencionables: considéranse conceptos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de publicidade.

b) Gastos de elaboración e impresión de documentación e/ou relatorios.

c) Gastos de contratación de relatores.

d) Gastos de viaxe e aloxamento dos relatores que se despracen para o evento desde fóra de Galicia. Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo.

Contía e límites de axuda: a subvención acadará sobre os gastos subvencionables as porcentaxes e os límites máximos seguintes:

a) Ámbito do solicitante provincial ou inferior: 45% do gasto subvencionable co límite de 4.000 euros.

b) Ámbito do solicitante autonómico: 60% do gasto subvencionable co límite de 6.000 euros.

c) No caso de xornadas organizadas conxuntamente por agrupacións de polo menos tres asociacións ou consellos reguladores de denominacións de orixe, a porcentaxe da subvención por evento acadará o 75% do gasto subvencionable, e o límite máximo da axuda establécese en 9.000 euros por evento. Neste caso a pesar de que na organización participe máis dun organismo intermedio, o solicitante debe ser só un deles.

Condicións da convocatoria: as xornadas serán abertas a todo o ámbito empresarial de Galicia da/s mesma/s actividade/s obxecto do evento. O solicitante poderalles cobrar unha cota de participación no evento aos non asociados para cubrir parte dos gastos producidos e non subvencionados polo Igape.

Denegaranse aqueles expedientes que supoñan unha repetición de temática respecto ao contido doutro evento xa subvencionado, ou doutro evento similar organizado por outro organismo en Galicia no mesmo ano.

Subvencionarase unicamente:

-Un evento por solicitante se este -o solicitante-, é de ámbito local.

-Dous eventos por solicitante, se este é de ámbito provincial.

-Tres eventos por solicitante, se este é de ámbito autonómico.

Documentación específica desta liña a entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15º das bases reguladoras, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-:

-Informe de execución e resultados do proxecto que inclúa, ademais, lista de asistentes ao evento, constando, polo menos, o nome do asistente e da empresa. Este informe formalizarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-Copia dos relatorios, publicacións e demais documentación editada para o evento e material de difusión en que se aprecien claramente os logotipos indicados no artigo 14º destas bases (arquivo en formato dixital a xuntar á liquidación).

-No caso de solicitar axuda para gastos de viaxe e aloxamento, xustificantes da orixe da viaxe mediante orixinal ou copia cotexada de tarxetas de embarque, billetes, ou calquera outro medio de xustificación suficiente.

-Calquera outra documentación que o Igape estime precisa para a correcta análise da solicitude de cobramento.

2. Liña de planificación exterior (procedemento IG151).

Finalidade da axuda: favorecer a planificación ordenada da internacionalización da empresa a través do apoio á elaboración e implementación de plans estratéxicos internacionais a curto e medio prazo, xa sexa co obxecto de: abastecemento de materias primas ou produtos intermedios, lanzamento de produtos ou servizos novos ou xa existentes en novos mercados, ou para estudar as posibilidades de expansión mediante implantación comercial en novos mercados internacionais (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país).

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta liña de axudas:

a) As empresas que teñan radicado algún centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Os consorcios de exportación con personalidade xurídica propia domiciliados en Galicia.

c) As asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas.

d) As agrupacións de polo menos catro persoas físicas ou xurídicas -non vinculadas previamente entre si, con domicilio ou algún centro de actividade radicado en Galicia-, que acaden un acordo formal e estable de cooperación no ámbito da internacionalización, incluídas as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Neste último caso, conforme o artigo 8º.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberanse facer constar na solicitude e na resolución de concesión os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios e, en calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35º e 63º da citada Lei de subvencións de Galicia.

No caso deste tipo de beneficiarios os gastos deben ir facturados a cada un dos compoñentes da agrupación, e deben ser pagados por cada un deles na mesma porcentaxe que a porcentaxe de execución do proxecto asumido por cada membro da agrupación. O pagamento da subvención realizarase nas contas bancarias individuais que cada beneficiario indique ou nunha soa se así o acordan todos os beneficiarios.

Proxectos subvencionables:

a) Proxectos de apoio en orixe ou destino: traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade en materia de consultoría ou asistencia técnica para internacionalización empresarial en xeral, e en concreto para os traballos para os cales se solicita axuda. A experiencia citada dos profesionais a realizar o traballo en orixe ou destino debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.

Tipo de traballos subvencionables:

-Proxectos de elaboración de plans estratéxicos de internacionalización dun sector determinado promovidos por asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers -nos cales participen 5 ou máis empresas galegas-. No plan estratéxico debe constar como mínimo, a selección de mercados que se propoñen, forma de abordar eses mercados, accións concretas para levar a cabo con: cronograma, orzamento e indicadores de realización e resultados obxectivos, e apoios dispoñibles -axudas e servizos, para as ditas accións dos distintos organismos de apoio á internacionalización.

-Proxectos de implementación de plans estratéxicos ou estudos de internacionalización dun sector determinado promovidos por asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers -nos cales participen 5 ou máis empresas galegas-.

-Proxectos de realización de informes, análises e outros traballos relacionados coa intelixencia competitiva de cara á internacionalización dun sector determinado promovidos por asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers -nos cales participen 5 ou máis empresas galegas-.

-Proxectos de benchmarking en materia de internacionalización -promovidos por asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers -nos cales participen 5 ou máis empresas galegas- ou promovidos por agrupacións de empresas das citadas na letra d) de beneficiarios-, de: intercambio de boas prácticas con outras asociacións, organismos ou empresas de Galicia ou do exterior; intercambio de experiencias para a xeración de proxectos de internacionalización cooperativos; participación dun conxunto de empresas nun espazo físico ou virtual común para propiciar a intercomunicación e intercambio de experiencias, necesidades ou know-how.

-Proxectos de cooperación cuxa finalidade sexa a análise das posibilidades de cooperación no eido internacional -entre varias empresas galegas entre si ou entre unha ou varias empresas galegas cunha ou varias empresas do exterior-, ben no campo da loxística, política de marca, abastecemento de insumos, transferencia de tecnoloxía, así como en calquera outro ámbito económico ou técnico.

-Proxectos de asistencia técnica para preparación de ofertas para participación como proveedores en licitacións públicas que se leven a cabo fóra do territorio español, e/ou asistencia para a elaboración dun anteproxecto ou proxecto técnico para calquera licitación pública internacional.

-Proxectos de acceso a mercados duty free.

b) Proxectos de estudos, análises e investigación de mercados internacionais a realizar en destino: traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade en materia de consultoría ou asistencia técnica para internacionalización empresarial e, en concreto, para os traballos para os que se solicita axuda, e que directamente ou mediante acordos con terceiros dispoñan de medios personais -profesionais do mesmo tipo- que fagan este labor de estudo e análise en destino. A experiencia citada tanto da consultora/profesionais en destino como no seu caso da consultora/profesionais en orixe debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.

Tipo de traballos subvencionables:

-Traballos de estudo, análise, elaboración ou implementación dun plan estratéxico, ou análise de intelixencia competitiva dirixidos a unha área xeográfica concreta e definida co obxecto de coñecer a viabilidade de estender o negocio á dita área, os procesos necesarios, oportunidades de negocio, os posibles clientes, provedores ou socios, comportamento do consumidor, competencia e comportamiento do competidor, canle de distribución, embalaxe axeitada, normas técnicas, marxes, prezos, loxística de transporte, lexislación, restricións, tramitacións ou calquera outro condicionante existente para analizar as posibilidades de abastecemento de materias primas ou produtos intermedios, lanzamento de produtos ou servizos novos ou xa existentes en novos mercados, ou para estudar as posibilidades de expansión mediante implantación comercial en novos mercados.

Debe tratarse de traballos de obtención de información personalizada de mercados exteriores de carácter eminentemente práctico e adaptada ás necesidades específicas do solicitante da axuda cuxo contido exceda a información de difusión xeral (a información sobre mercados exteriores de carácter xeral sectorial ou multisectorial de carácter público e fácil acceso, pode formar parte do traballo que se realice pero non se valorará como traballo subvencionable. Debe tratarse dun traballo de campo en destino realizado ad hoc para o solicitante e que supoña un valor engadido que xustifique a subvención, non unha mera recompilación de información pública dispoñible para o solicitante de forma gratuíta sen traballo de campo en destino).

O traballo a realizar, que debe plasmarse nun documento (cuxa copia debe entregarse ao Igape como xustificación da subvención) debe incluír -sempre referido aos produtos e/ou actividade que realiza o solicitante- como mínimo: estudo das condicións do macro entorno e do micro entorno, conclusións da análise do entorno: oportunidades e riscos, análise da demanda-consumidor-consumo, oferta-competencia, precio e comercialización, conclusións referidas a mercado obxectivo, público obxectivo-segmentación do mercado, forma de abordar o mercado estudado, posicionamento do produto, estratexias de comercialización, custos de comercialización, presentación do produto- embalaxe-etiquetado, programa de vendas, márketing, accións concretas a levar a cabo con cronograma, orzamento, indicadores de realización e resultados previstos, e apoios dispoñibles -axudas e servizos-, para as ditas accións dos distintos organismos de apoio á internacionalización.

Só será subvencionable un proxecto do tipo dos citados nesta letra b) por solicitante e país tendo en conta esta convocatoria e convocatorias anteriores destas axudas. Esta restrición esténdese a empresas vinculadas á do solicitante -con vinculación accionarial ou participacións comúns de persoas físicas ou xurídicas de calquera tipo- ou co mesmo administrador e que exerzan o mesmo tipo de actividade empresarial, a non ser que se xustifique que non se pode compartir a información.

c) Proxectos de asistencia en destino de mercados internacionais: traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade en materia de consultoría ou asistencia técnica para internacionalización empresarial e, en concreto, para os traballos para os cales se solicita axuda, e que directamente ou mediante acordos con terceiros dispoñan de medios personais -profesionais do mesmo tipo- que fagan este labor de estudo e análise en destino. A experiencia citada tanto da consultora/profesionais en destino como, no seu caso, da consultora/profesionais en orixe debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.

Tipo de traballos subvencionables:

-Preparación da axenda de reunións de negocios: tanto para participación en feiras como en misións individuais ou colectivas. Este tipo de traballo debe incluír como mínimo, unha nota breve do sector, análise das necesidades da empresa galega, selección dunha lista breve daqueles contactos que mellor se adapten ás ditas necesidades importadores, axentes ou distribuidores dun produto e fabricantes locais-, e relación de entrevistas concertadas con información sobre as persoas de contacto e datos relativos ás contrapartes do tipo de identificación, enderezo, información económica, facturación, número de empregados, actividade, produtos, países e empresas con que traballa, e calquera outra información axeitada á finalidade destes traballos.

Así mesmo, este traballo debe incluír un informe a posteriori de cada unha das entrevistas realizadas onde consten as expectativas de negocio e/ou resultados obtidos.

-Asistencia para lanzamento de produtos ou servizos.

-Asistencia para seguimento de primeiros contactos.

-Asistencia nos inicios da primeira implantación comercial.

d) Proxectos de misións empresariais dun grupo de empresas -proxectos coordinados por un organismo de apoio á empresa sen ánimo de lucro, pero cuxa subvención se solicita de forma individual por cada un dos participantes na misión-: máximo dúas viaxes subvencionables para este tipo de proxectos.

e) Proxectos de visitas a feiras ou outros eventos expositivos de carácter internacional que se celebren fóra de España. Proxectos de asistencia a seminarios ou congresos empresariais sectoriais internacionais fóra de España: máximo dúas viaxes subvencionables para este tipo de proxectos.

f) Proxectos de misións inversas a unha empresa galega: ata dez viaxes inversas de empresas ou profesionais autónomos diferentes: viaxes de potenciais clientes, prescritores, representantes de empresas ou organismos obxecto do benchmarking, ou posibles socios desde o estranxeiro ata a sede do solicitante.

No caso de que nos proxectos do tipo dos citados nas letras a), b) e c) anteriores se prevexa que como consecuencia deses proxectos de consultoría/asistencia a realizar, é necesario facer viaxes de prospección, é subvencionable un máximo de dúas viaxes de prospección de mercados exteriores de Galicia aos países obxecto da consultoría ou asistencia en destino.

No caso dos proxectos citados nas letras d) a f) anteriores, o tipo de consultoría ou asistencia que se pode subvencionar, en caso de ser necesario, é a do tipo da citada no punto c) anterior.

Conceptos subvencionables:

-Gastos externos de consultoría e asistencia externa de tipo económico, técnico, xurídico, fiscal e/ou metodolóxico para levar a cabo os proxectos subvencionables, do tipo da citada para cada tipo de proxecto subvencionable.

-Asistencia técnica externa na preparación de ofertas para licitacións.

-Gastos notariais e rexistrais no caso de formalización de acordos para proxectos de cooperación empresarial internacional e posta en marcha de consorcios ou grupos de exportación ou implantación.

-Subscrición a servizos de información sobre licitacións públicas internacionais, ou sobre mercados internacionais en xeral.

-Compra de pregos para proxectos de licitacións internacionais.

-Gastos de interpretación.

- Gastos de tradución de documentación relacionada con estos proxectos. Os gastos de tradución de material promocional non son subvencionables por esta liña senón pola liña de márketing.

-Cota ou prezo de entrada para a asistencia ao evento.

-Gastos de viaxe e aloxamento desde Galicia -por persoal da empresa ou organismo con posto de traballo en Galicia, ou profesionais contratados mediante contrato de arrendamento de servizos para facer os labores propios de internacionalización da empresa- ou a Galicia no caso de visitas inversas. Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo. Por unha viaxe subvencionable para os efectos do límite de subvención, enténdese viaxe realizada nunhas datas determinadas aínda que se visiten varios países -obxecto do proxecto- no mesmo itinerario e aínda que viaxe máis dunha persoa por empresa ou organismo. Polo que respecta ao número de días de estadía en hoteis, serán subvencionables tantas pernoitas como días de duración do proxecto subvencionable e dúas pernoitas máis no caso de eventos organizados por terceiros como feiras, seminarios ou congresos.

Contía e límites de axuda: a subvención acadará os seguintes límites:

Límites por solicitante:

-50% do gasto subvencionable de proxectos cuxos solicitantes sexan empresas individuais cun límite máximo de 20.000 euros.

-60% do gasto subvencionable de proxectos cuxos solicitantes sexan asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers cun límite máximo de 50.000 euros.

-75% do gasto subvencionable cun límite máximo conxunto de 40.000 euros, para proxectos cuxos solicitantes sexan consorcios ou agrupacións de empresas -das citadas na epígrafe de beneficiarios-, formados por, polo menos, catro empresas.

Límites por concepto:

Gastos de consultoría e asistencia técnica: 50% do límite máximo de subvención establecido para cada solicitante nesta liña.

Gastos de viaxe: establécense as seguientes cantidades máximas de subvención en concepto de gastos de viaxe e aloxamento:

-Para viaxes con destino ou orixe Portugal: 500 euros por viaxe subvencionable.

-Para viaxes con destino ou orixe resto de Europa: 1.000 euros por viaxe subvencionable.

-Para viaxes con destino ou orixe fóra de Europa: 1.500 euros por viaxe subvencionable.

Condicións da convocatoria:

Será subvencionable unha única solicitude desta liña por solicitante e convocatoria. Nesa única solicitude poderá solicitarse axuda para diversas actuacións das citadas como subvencionables nesta liña, e mesmo para actuacións en varios mercados.

Non serán subvencionables os proxectos referidos a mercados (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país) onde o solicitante sexa exportador habitual, é dicir, que se dispoña de importador ou carteira de clientes que sexan obxecto de exportación periódica e constante durante os últimos catro anos -incluído o ano da solicitude da axuda-, excepto que se trate do lanzamento de novos produtos ou servizos.

No caso de distintas empresas con vinculación accionarial ou participacións comúns de persoas físicas ou xurídicas de calquera tipo, ou co mesmo administrador non será subvencionable máis dun estudo de mercado do mesmo país ou área xeográfica e para o mesmo tipo de actividade empresarial. A non ser que se xustifique que non se pode compartir a información.

O solicitante debe achegar no cuestionario de solicitude, información que identifique os profesionais que se contratarán para labores de consultoría ou asistencia obxecto desta liña, que acredite a súa experiencia no tipo de traballos obxecto da subvención, e que acredite que dispoñen de medios persoais propios ou concertados con terceiros para poder realizar de maneira efectiva os traballos subvencionables (a non acreditación desta capacitación implicará a denegación ou perda da subvención). Este requisito non será necesario no caso de profesionais con experiencia contrastada polo Igape como é o caso dos axentes comerciais mediadores no exterior para os países para os que foron cualificados. Estes axentes poden consultarse na web de Igape www.igape.es.

Polo que se refire aos traballos de consultoría e asistencia, o solicitante debe manifestar no cuestionario de solicitude o obxectivo dos traballos, metodoloxía, actuacións para levar a cabo na fase de estudo, contidos mínimos dos informes, tipo de análises que realizará, recomendacións e indicacións de actuacións post informe esperadas.

O tipo de actividade empresarial a que se refiran os proxectos obxecto desta liña debe ser o mesmo que o tipo de actividade empresarial a que se dedica o solicitante.

Para poder acceder a estas axudas o solicitante, excepto no caso de que sexa un organismo intermedio dos citados no artigo 4º.3 destas bases, debe manifestar mediante declaración responsable que xa ten experiencia previa en exportación (exportación nos dous últimos anos consecutivos anteriores ao da convocatoria), ou se aínda non a ten ou só fixo operacións esporádicas ou puntuais, que dispón dun diagnóstico positivo do potencial exportador da empresa realizado no exercicio da convocatoria ou nos 4 exercicios anteriores a través de programas de Igape, Xunta de Galicia, cámaras de Comercio ou Icex. O diagnóstico deberase adxuntar ao cuestionario de solicitude.

Non serán subvencionables traballos de consultoría relativos a estudos de mercado cando o solicitante se dedique -entre as súas actividades empresariais- á realización de plans de internacionalización e de estudos de mercados exteriores.

Cando se trate de solicitantes cuxa actividade empresarial sexa a prestación de servizos, e o proxecto para o que solicitan o apoio non procure a prestación de servizos en destino ou a implantación comercial no exterior senón a mera internacionalización inversa -é dicir, captar clientes do estranxeiro para a prestación do servizo en orixe-, só se apoiarán solicitudes de organismos intermedios sen ánimo de lucro que beneficien un conxunto de empresas cos mesmos intereses.

No caso de que os traballos obxecto destas axudas sexan obxecto de difusión alén do uso exclusivo do solicitante, debe constar nos materiais que se vaian difundir publicidade do financiamento público.

Documentación específica desta liña que se debe entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15º, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-:

-Informe de execución e resultados do proxecto. No caso de solicitar axuda para gastos de viaxe, o informe debe incluír axenda de reunións no caso de proxectos subvencionables do tipo dos citados nos apartados a) a d) anteriores. No caso de visitas inversas o informe debe incluír, ademais, lista de visitantes que inclúa polo menos o nome e cargo do asistente, datos de contacto deste, nome da empresa, enderezo e datos de actividade desta. Este informe formalizarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-Copia dos estudos ou informes realizados diferenciando a parte xeral da parte específica e privativa do solicitante (arquivo en formato dixital a xuntar á liquidación).

-No caso de que os profesionais a contratar pola súa vez contraten con empresas ou profesionais con medios personais en destino, declaración responsable do dito consultor en destino da parte do traballo realizada por el e acordo entre as consultoras de orixe e destino. No caso de desprazar persoal da consultora en orixe, acreditación da viaxe e estadía en destino durante o tempo indicado polo solicitante para a realización do traballo de campo en destino, mediante billetes ou facturas de viaxe e aloxamento.

-No caso de proxectos de cooperación, se é o caso, copia do acordo de cooperación formalizado.

-No caso de solicitar axuda para gastos de viaxe, xustificación do destino ou orixe da viaxe e persoa que viaxa mediante orixinal ou copia cotexada de tarxetas de embarque, billetes, recibo da entrada ou participación nun evento, lista de asistentes ao evento emitido polo organizador, e/ou calquera outro medio de proba que considere suficiente o Igape.

-Calquera outra documentación que o Igape estime precisa para a correcta análise da solicitude de cobramento.

3. Liña de participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia (procedemento IG110).

Finalidade da axuda: favorecer a participación en eventos expositivos e promocionais internacionais que se celebren fóra de Galicia de tipo comercial ou técnico.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta liña de axudas:

a) As empresas que teñan domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia con entidade suficiente que xustifique a realización da actividade subvencionable desde ese centro de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Os consorcios de exportación con personalidade xurídica propia domiciliados en Galicia.

c) As asociacións empresariais, consellos reguladores de denominación de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas, é dicir, empresas que teñan domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) As agrupacións de polo menos catro persoas físicas ou xurídicas -non vinculadas previamente entre si, con domicilio ou algún centro de actividade radicado en Galicia-, que acaden un acordo formal e estable de cooperación no ámbito da internacionalización, incluídas as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Neste último caso, conforme o artigo 8º.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberanse facer constar na solicitude e na resolución de concesión os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios e, en calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35º e 63º da citada Lei de subvencións de Galicia.

No caso deste tipo de beneficiarios os gastos deben ir facturados a cada un dos compoñentes da agrupación, e deben ser pagados por cada un deles na mesma porcentaxe que a porcentaxe de execución do proxecto asumido por cada membro da agrupación. O pagamento da subvención realizarase nas contas bancarias individuais que cada beneficiario indique ou nunha soa se así o acordan todos os beneficiarios.

Proxectos subvencionables: será subvencionable a participación en:

-Actuacións de promoción celebradas fóra de España tipo desfiles, certames, promoción en punto de venda -incluídos os mercados duty free-, xornadas técnicas, demostracións, exposicións, presentacións de produtos, degustacións, catas e outros eventos expositivos puntuais sectoriais de carácter profesional que se celebren fóra de Galicia no marco dun evento expositivo internacional do tipo dos citados no parágrafo seguinte.

-Eventos expositivos puntuais internacionais celebrados fóra de Galicia de tipo comercial ou técnico. O carácter internacional dos eventos que se celebren en España acreditarase pola súa inclusión no calendario oficial de feiras comerciais internacionais que cada año establece a Secretaría de Estado de Comercio. Consideraranse tamén internacionais os eventos celebrados en España e no que participen expositores de polo menos dez países do estranxeiro. Polo que respecta a eventos que se celebren fóra de España, o carácter internacional enténdese cumprido sempre que a este concorran participantes expositores de máis dun país. A participación e orixe dos expositores -excepto no caso de feiras publicadas no calendario oficial antes citado-, deberá acreditarse no momento da xustificación do proxecto, entre outros medios, mediante catálogo de expositores asistentes ao evento, directorio de expositores publicado na web do evento, ou mediante certificado do organizador do evento.

Conceptos subvencionables: considéranse subvencionables os seguintes conceptos inherentes ao proxecto:

-Gastos de aluguer do espazo expositivo (poden incluír servizos básicos directamente vinculados ao aluguer e á participación como expositor e facturados pola organización). Os metros cadrados alugados acreditaranse mediante mención expresa destes nas facturas por este concepto, ou mediante certificación do organizador.

-Gastos de aluguer de mobiliario e equipamentos audiovisuais.

-Gastos de envío e, de ser o caso, de retorno de catálogos, produtos, stands e outros materiais necesarios para o proxecto. Non serán subvencionables estes gastos se este traballo é realizado directamente polo beneficiario da axuda con medios persoais propios ou medios materiais propios ou alugados.

-Gastos de servizo de interpretación no evento.

-Gastos de servizo de azafatas, modelos e montadores.

-Gastos de deseño, montaxe e desmontaxe e construción do stand.

-Gastos de aluguer e acondicionamento de salas ou locais no caso de accións promocionais organizadas polo solicitante de cara á prospección de mercados.

-Gastos de estilismo no caso de accións promocionais organizadas polo solicitante de cara á prospección de mercados.

-Gastos de fotografía ou vídeo. Só reportaxe fotográfica previa para empregar na decoración do stand ou reportaxe fotográfica ou audiovisual do propio evento obxecto da subvención. Os gastos de fotografía e vídeo para material promocional son subvencionables a través da liña de marketing.

-Traballos de axencias de comunicación ou relacións públicas específicos para o evento, no caso de accións promocionais organizadas polo solicitante de cara á prospección de mercados (exclusivamente gastos correspondentes a honorarios de axencia con experiencia e habitualidade en organización deste tipo de eventos). Este gasto non é subvencionable no caso de mera participación en feiras internacionais organizadas por terceiros.

-Gastos de viaxe e aloxamento desde Galicia -por persoal da empresa ou organismo con posto de traballo en Galicia, ou profesionais contratados mediante contrato de arrendamento de servizos para facer os labores propios de internacionalización da empresa. Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo. Máximo unha viaxe co seu límite de axuda por empresa ou organismo intermedio participante. Dentro dese límite por viaxe admítense gastos de viaxe desde Galicia correspondentes a unha ou a varias persoas por empresa ou organismo. Polo que respecta ao número de días de estadía en hoteis, serán subvencionables un máximo de tres pernoitas adicionais ao número de días de duración do evento.

Contía e límites de axuda:

a) Límites por solicitude:

-50% do gasto subvencionable cun límite máximo de 15.000 euros por proxecto subvencionable no caso de participación individual de empresas ou organismos intermedios.

-80% do gasto subvencionable no caso de participación agrupada de empresas e/ou organismos empresariais galegos -promovidas polos beneficiarios do tipo dos citados na alínea c) e d) de beneficiarios desta liña-. Neste caso o límite máximo é de 10.000 euros por participante (10.000 euros por solicitante e resto de participantes no caso de solicitantes citados na alínea c) de beneficiarios desta liña) ata un límite máximo conxunto de 100.000 euros.

b) Límites por concepto:

-Gastos de deseño, montaxe e desmontaxe e construción do stand: o importe máximo de subvención por este concepto será de 150 euros por metro cadrado de stand. A superficie do stand acreditarase mediante a factura de aluguer ou mediante certificado do organizador do evento.

-Gastos de viaxe: establécense as seguintes cantidades máximas de subvención en concepto de gastos de viaxe e aloxamento:

*Para viaxes con destino resto de España ou Portugal: 500 euros por viaxe subvencionable.

*Para viaxes con destino resto de Europa: 1.000 euros por viaxe subvencionable.

*Para viaxes con destino fóra de Europa: 1.500 euros por viaxe subvencionable.

Condicións da convocatoria:

No caso de contratar traballos de axencia organizadora ou gabinete de comunicación, só serán subvencionables os traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade no tipo de tarefas citadas. Esta experiencia debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.

Os organizadores e patrocinadores dun evento expositivo internacional de tipo comercial ou técnico (do tipo dos citados no último parágrafo da epígrafe de proxectos subvencionables), non poderán solicitar subvención como participantes no evento que organizan ou patrocinan.

No caso de participación agrupada, a participación estimada deberá constar no cuestionario previo de solicitude e a participación definitiva deberá acreditarse na fase de liquidación. Por participación enténdese participación efectiva con presenza de persoal representando cada participante.

As meras visitas a feiras e outros eventos internacionais non son subvencionables por esta liña senón pola liña de planificación exterior, o mesmo que a consultoría do tipo de elaboración de axendas de negocios que tamén son subvencionables pola liña de planificación.

Para poder acceder a estas axudas o solicitante, excepto no caso de que sexa un organismo intermedio dos citados no artigo 4º.3 destas bases, debe manifestar mediante declaración responsable que xa ten experiencia previa en exportación (exportación nos dous últimos anos consecutivos anteriores ao da convocatoria), ou se aínda non a ten ou só fixo operacións esporádicas ou puntuais, que dispón dun diagnóstico positivo do potencial exportador da empresa realizado no exercicio da convocatoria ou nos 4 exercicios anteriores a través de programas de Igape, Xunta de Galicia, Cámaras de Comercio ou Icex. O diagnóstico deberase adxuntar ao cuestionario de solicitude.

Documentación específica desta liña que se debe entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15º, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-:

-Informe de execución e resultados do proxecto. En caso de participación agrupada: relación de participantes con información, polo menos, do nome e cargo do asistente, datos de contacto, nome da empresa, enderezo, datos de actividade e resultados da participación de cada un. Este informe formalizarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-Fotografía do stand en que se aprecien claramente os logotipos citados no artigo 14º destas bases. As fotos servirán ao Igape para realizar as actuacións de comprobación oportunas, para verificar o cumprimento da actividade subvencionada e das condicións establecidas para a súa concesión e para verificar a razoabilidade do custo declarado das actuacións realizadas; poderanse denegar facturas cun importe desproporcionado en relación ao servizo prestado e xustificado coas fotos achegadas (arquivo en formato dixital para xuntar á liquidación).

-Catálogo de expositores asistentes ao evento obxecto da subvención, abonda copia cotexada da portada e páxina onde consta citado o beneficiario da axuda como expositor, directorio de expositores publicado na web do evento, ou certificación do organizador do evento do seu caracter internacional e da participación do beneficiario como expositor.

-No caso de solicitar axuda para gastos de viaxe, xustificación do orixe e destino da viaxe e persoa que viaxa mediante mediante orixinal ou copia cotexada de tarxetas de embarque, billetes, e/ou calquera outro medio de proba que considere suficiente o Igape.

-Calquera outra documentación que o Igape estime precisa para a correcta análise da solicitude de cobramento.

4. Liña de misións comerciais directas (procedemento IG123).

Finalidade da axuda: impulsar a organización e coordinación de misións colectivas de empresas galegas ao estranxeiro para prospeción de novos mercados e contactar con potenciais clientes ou socios.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta liña de axudas as asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas. Enténdese por empresa galega aquela empresa que teña domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Proxectos subvencionables: será subvencionable a organización de misións empresariais que promovan os beneficiarios co obxecto de entrar en contacto directamente con importadores, distribuidores e outras empresas para analizar as posibilidades de cooperación, dar a coñecer produtos ou servizos e, en xeral, avaliar as posibilidades reais de calquera mercado exterior.

Conceptos subvencionables: considéranse conceptos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de consultoría ou asistencia externa especializada no mercado obxectivo tanto previa como durante a misión para información do mercado e para a preparación de axendas de reunións de negocios. Só serán subvencionables traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade -en materia de consultoría ou asistencia técnica para internacionalización empresarial- e que directamente ou mediante acordos con terceiros dispoñan de medios persoais -profesionais do mesmo tipo- que fagan os labores de preparación de axendas en destino. A experiencia citada tanto da consultora/profesionais en destino como no seu caso da consultora/profesionais en orixe debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.

Límite de axuda por este concepto: 500 euros por empresa ou organismo participante na misión.

b) Gastos de aluguer do espazo para presentacións, exposicións e/ou encontros empresariais.

c) Gastos de envío e, de ser o caso, de retorno de catálogos, produtos e outros materiais precisos para a misión.

d) Gastos de servizos de interpretación durante a misión.

e) Gastos de viaxe e aloxamento: dun representante de cada empresa e organismo intermedio do tipo dos citados na epígrafe beneficiarios (no caso do organismo organizador pódese subvencionar a viaxe e aloxamento de varios representantes de dito organismo). Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo.

Contía e límites da axuda: a contía por empresa e organismo/s intermedios participantes na misión será:

50% de subvención sobre os gastos subvencionables co límite de 3.000 euros por participante para misións con destino Europa, e 4.000 euros por participante para misións a países fóra de Europa.

O número de participantes para efectos da contía máxima de axuda cóntase pola entidade que viaxa, non polo número de persoas que viaxan.

Requisitos para a concesión da subvención:

-Denegaranse aquelas solicitudes de misións aos mesmos destinos que outras misións planificadas con anterioridade e subvencionadas pola Xunta de Galicia, a non ser que se xustifique que o solicitante e posibles beneficiarios da solicitude de axuda non poden acollerse á dita misión ao mesmo país ou que os intereses da mesma son diferentes aos dos solicitantes da axuda obxecto destas bases.

-Nas misións deberán participar como mínimo 10 e como máximo 30 empresas galegas. Enténdese por empresa galega aquela empresa que teña domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

-A participación subvencionable estimada -solicitante e resto de participantes do tipo dos citados na epígrafe beneficiarios-, deberá constar no cuestionario previo de solicitude e a participación subvencionable definitiva deberá acreditarse na fase de liquidación. Por participación enténdese participación efectiva con presenza de persoal representando a cada participante. A eventual variación na participación, de ser o caso, dará lugar á minoración da subvención.

-As empresas participantes na misión deberán ter unha axenda de entrevistas con polo menos tres potenciais clientes ou posibles socios, o que se acreditará na fase de liquidación, debendo o beneficiario advertir ás empresas que non cumpran a condición que non serán subvencionables polo Igape.

O solicitante debe achegar no cuestionario de solicitude información que identifique os profesionais que se contratarán para labores de consultoría ou asistencia obxecto desta liña, que acredite a súa experiencia no tipo de traballos obxecto da subvención e que acredite que dispoñen de medios persoais propios ou concertados con terceiros para poder realizar de maneira efectiva os traballos subvencionables (a non acreditación desta capacitación implicará a denegación ou perda da subvención). Este requisito non será necesario no caso de profesionais con experiencia contrastada polo Igape como é o caso dos axentes comerciais mediadores no exterior para os países para os que foron cualificados. Estes axentes poden consultarse na web de Igape www.igape.es

Documentación específica desta liña que se debe entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-:

-Informe de execución e resultados do proxecto por participante. E relación de participantes con información -polo menos-, do nome e cargo do asistente, datos de contacto, nome da empresa, enderezo, datos de actividade e axenda de reunións mantidas por cada participante. Este informe formalizarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-Copia dos traballos de consultoría sobre o mercado obxectivo (arquivo en formato dixital a xuntar á liquidación).

-No caso de que os profesionais a contratar, pola súa vez, contraten con empresas ou profesionais con medios personais en destino, declaración responsable do dito consultor en destino da parte do traballo realizada por él e acordo entre as consultoras de orixe e destino. No caso de desprazar persoal da consultora en orixe, acreditación da viaxe e estadía en destino durante o tempo indicado polo solicitante para a realización do traballo de campo en destino, mediante billetes ou facturas de viaxe e aloxamento.

-Calquera outra documentación que o Igape considere precisa para a correcta análise da solicitude de cobramento.

5. Liña de misións comerciais inversas (procedemento IG124).

Finalidade da axuda: impulsar a organización e coordinación de misións inversas do estranxeiro a Galicia, que favorezan un colectivo de empresas galegas para as dar a coñecer e para facilitar o contacto con potenciais clientes ou socios.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta liña de axudas as asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas.

Proxectos subvencionables: será subvencionable a organización de misións empresariais inversas de calquera país estranxeiro a Galicia, de importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores co obxecto de dar a coñecer ao exterior as empresas galegas e as posibilidades dos sectores empresariais galegos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación entre empresas galegas e do exterior e oportunidades de expansión exterior das empresas galegas.

Conceptos subvencionables: considéranse conceptos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de consultoría ou asistencia externa especializada no mercado obxectivo tanto previa como durante a misión para detección de contrapartes en destino e organización da misión cara a Galicia. Só serán subvencionables traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade -en materia de consultoría ou asistencia técnica para internacionalización empresarial- e que directamente ou mediante acordos con terceiros dispoñan de medios persoais -profesionais do mesmo tipo- que fagan os labores propios deste proxecto. A experiencia citada tanto da consultora/profesionais en destino como, de ser o caso, da consultora/profesionais en orixe debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.

Límite de axuda por este concepto: 500 euros por empresa/medio de comunicación/prescritor do estranxeiro participantes na misión.

b) Gastos de servizos de interpretación na misión.

c) Gastos de viaxe e aloxamento: dos representantes de cada empresa, medio de comunicación ou prescritores estranxeiros participantes na misión. Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo.

Contía e límites da axuda: a subvención acadará o 80% do gasto subvencionable, cos seguintes límites cuantitativos: subvención máxima de 2.000 euros por empresa/medio de comunicación/prescritor do estranxeiro participantes en misións con orixe europea, e de 3.000 euros por empresa/medio de comunicación/prescritor do estranxeiro participantes en misións con orixe fóra de Europa, ata un límite máximo total de 36.000 euros de axuda por proxecto.

Requisitos para a concesión da subvención:

Nestas misións inversas deberán estar involucradas como mínimo 10 empresas galegas. Enténdese por empresa galega aquela empresa que teña domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

A participación do estranxeiro subvencionable estimada -detalle dos participantes previstos-, deberá constar no cuestionario previo de solicitude e a participación do estranxeiro subvencionable definitiva deberá acreditarse na fase de liquidación mediante certificación do solicitante da axuda. A eventual variación na participación, de ser o caso, dará lugar á minoración da subvención.

O solicitante debe achegar no cuestionario de solicitude información que identifique os profesionais que se contratarán para labores de consultoría ou asistencia obxecto desta liña, que acredite a súa experiencia no tipo de traballos obxecto da subvención, e que acredite que dispoñen de medios persoais propios ou concertados con terceiros para poder realizar de maneira efectiva os traballos subvencionables (a non acreditación desta capacitación implicará a denegación ou perda da subvención). Este requisito non será necesario no caso de profesionais con experiencia contrastada polo Igape como é o caso dos axentes comerciais mediadores no exterior para os países para os que foron cualificados. Estes axentes poden consultarse na web de Igape www.igape.es

Documentación específica desta liña que se debe entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15º, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-:

-Informe de execución e resultados do proxecto por participante, e relación de participantes tanto de Galicia como do exterior con información -polo menos-, do nome e cargo do asistente, datos de contacto, nome da empresa, enderezo, datos de actividade e axenda de reunións mantidas por cada participante. Este informe cumprimentarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-Copia dos traballos de consultoría sobre o mercado obxectivo (arquivo en formato dixital a xuntar á liquidación).

-No caso de que os profesionais que se contraten, pola súa vez contraten con empresas ou profesionais con medios personais en destino, declaración responsable de dito consultor en destino da parte do traballo realizada por el e acordo entre as consultoras de orixe e destino. No caso de desprazar persoal da consultora en orixe, acreditación da viaxe e estadía en destino durante o tempo indicado polo solicitante para a realización do traballo de campo en destino, mediante billetes ou facturas de viaxe e aloxamento.

-Calquera outra documentación que o Igape considere precisa para a correcta análise da solicitude de cobramento.

6. Liña de misións tecnolóxicas directas e inversas (procedemento IG154).

Finalidade da axuda: favorecer proxectos de organización e participación en misións tecnolóxicas internacionais, coa finalidade de adquirir ou transferir coñecementos científico-técnicos aplicables á actividade das empresas participantes.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta liña de axudas:

a) As asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas.

b) As agrupacións empresariais innovadoras (AEI), segundo a Orde ITC/2691/2006, do 2 de agosto, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que as define como un conxunto de empresas, centros de formación avanzada e centros de innovación e transferencia do coñecemento que, pertencendo a un mesmo ámbito xeográfico, deciden compartir proxectos comúns de carácter innovador. As AEI deben estar formalmente constituídas, ter personalidade xurídica propia e estar domiciliadas en Galicia.

Proxectos subvencionables: serán subvencionables a organización de misións directas e inversas desde Galicia ao estranxeiro ou procedentes do estranxeiro cara a Galicia, co obxecto de adquirir e/ou transferir tecnoloxía e/ou, de ser o caso, coñecementos aplicables á actividade das empresas galegas representadas, que deberá expoñerse con suficiente detalle para a súa avaliación como tal misión tecnolóxica por parte dos órganos do Igape.

O carácter tecnolóxico das misións directas entenderase cumprido cando estas teñan como finalidade a visita a centros de investigación, centros de normalización e ensaio, e centros de deseño, ben sexan públicos ou privados.

No caso de misións inversas admitiranse como subvencionables, ademais da visita de representantes dos centros anteriores, a visita de prescritores técnicos, de representantes de medios especializados de opinión e representantes de institucións públicas estranxeiras axeitados á finalidade que se persegue.

O Igape admitirá outros casos cuxa finalidade sexa adquirir/transferir coñecementos avanzados aplicables á actividade das empresas participantes.

Denegaranse aquelas solicitudes que non acrediten a devandita condición tecnolóxica dos proxectos.

Conceptos subvencionables:

Considéranse conceptos subvencionables os seguintes:

1. Misións directas:

1.a) Gastos de consultoría ou asistencia externa especializada no mercado obxectivo tanto previa como durante a misión para información do mercado e para a preparación de axendas de encontros. Só serán subvencionables traballos que van realizar profesionais con experiencia e habitualidade -en materia de consultoría ou asistencia técnica para internacionalización empresarial- e que directamente ou mediante acordos con terceiros dispoñan de medios persoais -profesionais do mesmo tipo- que fagan os labores de preparación de axendas en destino. A experiencia citada tanto da consultora/profesionais en destino como no seu caso da consultora/profesionais en orixe debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa que se realizará nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.

Límite de axuda por este concepto: 500 euros por empresa ou organismo participante na misión.

1.b) Gastos de aluguer do espazo para presentacións, exposicións e/ou encontros empresariais.

1.c) Gastos de envío e, de ser o caso, de retorno de catálogos, produtos e outros materiais necesarios para a misión.

1.d) Gastos de servizos de interpretación durante a misión.

1.e) Gastos de viaxe e aloxamento dos representantes da participación subvencionable (entidades do tipo das citadas como beneficiarios, empresas galegas -nestes casos, só se subvencionará a viaxe un representante por empresa ou entidade a non ser que se trate da entidade beneficiaria organizadora da misión- e representantes de institucións académicas e/ou centros tecnolóxicos galegos axeitados á finalidade que se persegue). Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo.

1.f) Gastos de honorarios de 500 € por persoa e día de duración da misión, dun máximo de dúas persoas con formación e experiencia científica ou técnica de institucións académicas e/ou centros tecnolóxicos galegos.

2. Misións inversas:

2.a) Gastos de consultoría ou asistencia externa especializada no mercado obxectivo tanto previa como durante a misión para detección de contrapartes en destino e organización da misión cara a Galicia. Só serán subvencionables traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade -en materia de consultoría ou asistencia técnica para internacionalización empresarial- e que directamente ou mediante acordos con terceiros dispoñan de medios persoais -profesionais do mesmo tipo- que fagan os labores propios deste proxecto. A experiencia citada tanto da consultora/profesionais en destino como no seu caso da consultora/profesionais en orixe debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa que se realizará nos últimos tres anos, incluíndo descripción do obxecto, data de realización, país e sector.

Límite de axuda por este concepto: 500 euros por empresa/medio de comunicación/prescritor do estranxeiro participantes en misións.

2.b) Gastos de servizos de interpretación durante a misión.

2.c) Gastos de viaxe e aloxamento dos representantes da participación estranxeira subvencionable (representantes de centros tecnolóxicos, prescritores técnicos, representantes de medios especializados de opinión e representantes de institucións públicas estranxeiras axeitados á finalidade que se persegue). Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo.

2.d) Gastos de honorarios de 500 euros por persoa e día de duración da misión, dun máximo de dúas persoas con formación e experiencia científica ou técnica de institucións académicas e/ou centros tecnolóxicos galegos.

Contía e límites da axuda:

A contía por empresa e entidade participante na misión será:

-Misións con destino/orixe países pertencentes á OCDE: 60% de subvención sobre o gasto subvencionable, cun límite máximo de 3.000 euros por participante para misións con destino/orixe Europa e 5.000 euros por participante para misións con destino/orixe fóra de Europa.

-Misións con destino/orixe países non pertencentes á OCDE: 50% de subvención sobre o gasto subvencionable, cun límite máximo de 3.000 euros por participante para misións con destino/orixe Europa e 4.000 euros por participante para misións con destino/orixe fóra de Europa.

Os gastos de honorarios comprendidos nos números 1.f) e 2.d) do punto anterior serán subvencionables ao 100% polo Igape.

O número de participantes para os efectos da contía máxima da axuda cóntase por entidade que viaxa non por número de persoas que viaxan.

Países integrantes da OCDE: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Chile, Corea, Dinamarca, Eslovenia, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Italia, Luxemburgo, México, Noruega, Nova Zelanda, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, República Eslovaca, Suecia, Suíza, Turquía e Xapón (www.oecd.org).

Requisitos para a concesión da subvención:

Denegaranse aquelas solicitudes de misións tecnolóxicas directas aos mesmos destinos que outras misións planificadas con anterioridade e subvencionadas pola Xunta de Galicia, a non ser que se xustifique que o solicitante e posibles beneficiarios da solicitude de axuda non poden acollerse á dita misión ao mesmo país ou que os intereses da mesma son diferentes aos dos solicitantes da axuda obxecto destas bases.

Nas misións directas deberán participar 5 ou máis empresas galegas. Enténdese por empresa galega aquela empresa que teña domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia. No formulario de solicitude das misións tecnolóxicas directas deberá constar o número estimado de participantes na misión (empresas galegas, institucións académicas e/ou centros tecnolóxicos galegos e outros participantes do tipo dos citados na epígrafe beneficiarios), e na fase de liquidación farase acreditacion da participación definitiva. Por participación enténdese participación efectiva con presenza de persoal representando a cada participante. A eventual variación na participación, no seu caso, dará lugar á minoración da subvención.

Nas misións tecnolóxicas inversas, a participación do estranxeiro subvencionable estimada -detalle dos participantes previstos-, deberá constar no cuestionario previo de solicitude e a participación do estranxeiro subvencionable definitiva deberá acreditarse na fase de liquidación. Non se establece número mínimo de empresas galegas involucradas na misión, no caso de misións inversas. A eventual variación na participación, no seu caso, dará lugar á minoración da subvención.

O solicitante debe achegar no cuestionario de solicitude, información que identifique os profesionais que se contratarán para labores de consultoría ou asistencia obxecto desta liña, que acredite a súa experiencia no tipo de traballos obxecto da subvención, e que acredite que dispoñen de medios persoais propios ou concertados con terceiros para poder realizar de maneira efectiva os traballos subvencionables (a non acreditación desta capacitación implicará a denegación ou perda da subvención). Este requisito non será necesario no caso de profesionais con experiencia contrastada polo Igape como é o caso dos axentes comerciais mediadores no exterior para os países para os que foron cualificados. Estos axentes poden consultarse na web de Igape www.igape.es

Documentación específica desta liña que se debe entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15º, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-:

-Informe de execución e resultados do proxecto por participante e relación de participantes tanto de Galicia como do exterior con información -polo menos-, do nome e cargo do asistente, datos de contacto, nome da empresa, enderezo, datos de actividade e axenda de reunións mantidas por cada participante. Este informe formalizarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-Copia dos traballos de consultoría sobre o mercado obxectivo (arquivo en formato dixital para xuntar para liquidación).

-No caso de que nas misións participen persoas con formación e experiencia científica ou técnica de institucións académicas e/ou centros tecnolóxicos galegos, deberase entregar coa solicitude de cobramento informe/s en sentido práctico -elaborados por estas persoas-, sobre as posibilidades de cooperación e transferencia de tecnoloxía aplicables en ambos os sentidos- en Galicia desde o estranxeiro e no estranxeiro desde Galicia- identificando as empresas susceptibles de cooperación entre si e o modo de cooperación proposto en cada caso (arquivo en formato dixital para xuntar á liquidación).

-No caso de que os profesionais que se contraten, pola súa vez contraten con empresas ou profesionais con medios personais en destino, declaración responsable do dito consultor en destino da parte do traballo realizada por el e acordo entre as consultoras de orixe e destino. No caso de desprazar persoal da consultora en orixe, acreditación da viaxe e estadía en destino durante o tempo indicado polo solicitante para a realización do traballo de campo en destino, mediante billetes ou facturas de viaxe e aloxamento.

-Calquera outra documentación que o Igape considere necesaria para a correcta análise da solicitude de cobramento.

7. Liña de márketing, comunicación e marca (procedemento IG172).

Finalidade da axuda: apoiar o lanzamento de produtos ou servizos novos ou xa existentes en novos mercados internacionais (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país), mediante plans de márketing, comunicación e marca.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta liña de axudas:

a) As empresas que teñan radicado algún centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Os consorcios de exportación con personalidade xurídica propia domiciliados en Galicia.

c) As asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas.

d) As agrupacións de polo menos catro persoas físicas ou xurídicas -non vinculadas previamente entre si, con domicilio ou algún centro de actividade radicado en Galicia-, que acaden un acordo formal e estable de cooperación no eido da internacionalización, incluídas as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Neste último caso, conforme o artigo 8º.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberanse facer constar na solicitude e na resolución de concesión os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios e, en calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35º e 63º da citada Lei de subvencións de Galicia.

No caso de este tipo de beneficiarios os gastos deben ir facturados a cada un dos componentes da agrupación, e deben ser pagados por cada un deles na mesma porcentaxe que a porcentaxe de execución do proxecto asumido por cada membro da agrupación. O pagamento da subvención realizarase nas contas bancarias individuais que cada beneficiario indique ou nunha soa se así o acordan todos os beneficiarios.

Proxectos subvencionables: serán subvencionables as actuacións dirixidas a mercados estranxeiros para:

-Elaboración e execución de plans de márketing dirixidos ao estranxeiro, incluso plans de márketing en internet, márketing en medios de comunicación social ou redes sociais e outros tipos de márketing dixital co obxecto de abordar novos mercados internacionais como por exemplo, plans do tipo de optimización de motores de búsqueda (SEO), de márketing en motores de búsqueda (SEM), optimización de medios de comunicación social (SMO) co obxecto de abordar novos mercados internacionais. Non é subvencionable a mera elaboración do plan de márketing se non se executa no prazo de execución establecido na resolución. Só é subvencionable o coste de difusión nos países obxecto do proxecto subvencionable.

-Adaptación e elaboración de material promocional dirixido a mercados estranxeiros: catálogos, folletos, fichas de produto, carteis, displays -en soporte impreso ou dixital-, audiovisuais e catálogos web especializados, xustificando necesariamente o seu destino exclusivo para accións de promoción nos países obxecto do proxecto subvencionable que conteñan información da empresa/s e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos no estranxeiro. Non son subvencionables os gastos relativos a: regalo promocional, merchandising, mostras do produto nin o seu embalaxe para regalo, material de papelería para difusión dun evento tipo invitacións ou tarxetas, manuais de instrucións, nin meros envoltorios do material promocional que non formen parte do mesmo tipo carpetas, estuches e bolsas.

-Adaptación dos contidos da web a novos idiomas estranxeiros. Neste caso só son subvencionables os gastos de tradución do texto da web.

-Adaptación da etiquetaxe e embalaxe dos produtos ás preferencias do consumidor e á normativa, e idiomas do mercado ou mercados internacionais obxectivo. Neste caso só son subvencionables os gastos de creatividade, tradución e asistencia externa relativa á normativa a cumprir nos mercados estranxeiros.

Protección e defensa xurídica da marca e a propiedade industrial en xeral nos mercados internacionais.

Asesoramento en orixe ou destino, en xestión e desenvolvemento da marca e protección da propiedade industrial e diseño e implementación dun plan de internacionalización da marca, para solicitantes que participen no programa MAPI en Galicia (Apoio a marcas con alto potencial de internacionalización).

Conceptos subvencionables:

-Gastos externos de asistencia en márketing internacional, asistencia xurídica e/ou gastos de contratación de axencias de comunicación internacional (exclusivamente gastos correspondentes a honorarios da axencia). Só se subvencionará a contratación de empresas ou profesionais con experiencia e habitualidade na realización de traballos do tipo dos traballos para os cales se solicita subvención. A experiencia citada debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector. Non se subvencionarán por este concepto gastos relativos a estudo do mercado xa que eso se subvenciona pola liña de planificación exterior. Só serán subvencionables gastos deste tipo unha vez por país obxectivo e solicitante tendo en conta esta convocatoria e convocatorias anteriores destas axudas.

-Gastos externos de asistencia e consultoría da citada para solicitantes que participen no programa MAPI. Neste caso o plan de traballo que se vai subvencionar e os profesionais que se van contratar debe contar coa aprobación dos responsables do programa MAPI en Galicia, Igape e AMRE (Asociación de Marcas Renombradas Españolas).

-Gastos de creatividade, maquetación e fotografía.

-Gastos de tradución.

-Gastos de impresión ou elaboración de cada unidade do material promocional.

-Gastos de inserción en medios de difusión no estranxeiro. Non é subvencionable a adquisión de dominios en internet.

-Gastos de rexistro da propiedade industrial nos países obxecto do proxecto subvencionable.

-Gastos de axencia de vixilancia de marca y defensa fronte a infracións da propiedade industrial.

-Gastos de homologación e certificación: gastos de servizos externos para a homologación ante organismos oficiais estranxeiros e para certificacións e precalificacións ante clientes no exterior.

Contía e límites de axuda: a subvención acadará os seguintes límites:

Límites por solicitante:

-50% do gasto subvencionable de proxectos cuxos solicitantes sexan empresas individuais cun límite máximo de 30.000 euros.

-60% do gasto subvencionable de proxectos cuxos solicitantes sexan asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers cun límite máximo de 60.000 euros.

-O 75% do gasto subvencionable cun límite máximo conxunto de 50.000 euros, para proxectos cuxos solicitantes sexan consorcios e agrupacións de empresas -das citadas na epígrafe beneficiarios-, formadas por polo menos catro empresas sen vinculación previa.

Límites por concepto:

Gastos externos de consultoría ou asistencia en márketing, asistencia xurídica e/ou gastos de contratación de axencias de comunicación: o límite máximo de subvención por este concepto é de 10.000 euros.

Gastos de tradución: o límite máximo de subvención por este concepto é de 1.500 euros.

Gastos de impresión ou elaboración de cada unidade do material promocional: establécese un límite máximo de subvención de 2.000 euros por estes conceptos que se incrementará en 2.000 euros máis por proxecto de internacionalización do tipo dos citados no resto de liñas destas bases -nos que participe o solicitante da axuda, o que se acreditará mediante declaración responsable do solicitante- ata un máximo de 10.000 euros por estes conceptos de gasto.

Todos os límites por concepto non serán aplicables para solicitantes que participen no programa MAPI polo que se refire a proxectos que conten coa aprobación dos responsables do programa MAPI en Galicia, Igape e AMRE (Asociación de Marcas Renombradas Españolas).

Requisitos para a concesión da subvención:

Será subvencionable unha única solicitude desta liña por solicitante e convocatoria. Nesa única solicitude poderá solicitarse axuda para diversas actuacións das citadas como subvencionables nesta liña, e incluso para actuacións en varios mercados.

Non serán subvencionables os proxectos referidos a mercados (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país) onde o solicitante sexa exportador habitual, é dicir, que se dispoña de importador ou carteira de clientes que sexan obxecto de exportación periódica e constante durante os últimos catro anos -incluído o ano da solicitude da axuda-, excepto que se trate do lanzamento de novos produtos ou servizos.

Non se subvencionará por ningún concepto o mesmo material que xa se apoiara anteriormente pola Xunta de Galicia. Por mesmo material enténdese material exactamente igual ou con pequenas actualizacións. Esto non é aplicable aos gastos de reimpresión ou elaboración de unidades adicionais do mesmo material promocional que é subvencionable coas limitacións establecidas para este concepto de gasto en cada convocatoria.

Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación destas bases as actuacións seguintes: os custos de mailings e folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

No caso de distintas empresas con vinculación accionarial ou participacións comúns de persoas físicas ou xurídicas de calquera tipo, ou co mesmo administrador non será subvencionable máis dun traballo de consultoría para o mesmo país ou área xeográfica e para o mesmo tipo de actividade empresarial. A non ser que se xustifique que non se pode compartir a información.

Só serán subvencionables os gastos de consorcios, asociacións, consellos reguladores, clústers e agrupacións de empresas cando se trate de actuacións para abordar novos mercados cunha única marca común.

Para poder acceder a estas axudas o solicitante, excepto no caso de que sexa un organismo intermedio dos citados no artigo 4º.3 destas bases, debe manifestar mediante declaración responsable que xa ten experiencia previa en exportación (exportación nos dous últimos anos consecutivos anteriores ao da convocatoria), ou se aínda non a ten ou só fixo operacións esporádicas ou puntuais, que dispón dun diagnóstico positivo do potencial exportador da empresa realizado no exercicio da convocatoria ou nos 4 exercicios anteriores a través de programas de Igape, Xunta de Galicia, cámaras de Comercio ou Icex. O diagnóstico deberase adxuntar ao cuestionario de solicitude.

Non se apoiarán gastos que se refiran á promoción de produtos ou servizos non producidos ou transformados en Galicia.

Non serán subvencionables traballos de consultoría ou asistencia técnica que se van realizar por terceiros cando o solicitante se dedique á actividade obxecto da contratación.

Cando se trate de solicitantes cuxa actividade empresarial sexa a prestación de servizos, e o proxecto para o que solicitan o apoio non procure a prestación de servizos en destino ou a implantación comercial no exterior senón a mera internacionalización inversa -é dicir, captar clientes do estranxeiro para a prestación do servizo en orixe-, só se apoiarán solicitudes de organismos intermedios sen ánimo de lucro que beneficien un conxunto de empresas cos mesmos intereses.

Documentación específica desta liña para entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15º, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-:

-Informe de execución e resultados do proxecto. Este informe cumprimentarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-No caso de facturas por material promocional debe consignarse claramente nelas o idioma en que foi realizado o dito material.

-Documentación da publicidade realizada (arquivo en formato dixital a xuntar á liquidación).

-Copia dos traballos de consultoría e asistencia externos.

-Copia dos materiais producidos: material promocional, anuncios, logos, marcas, etiquetaxe, embalaxe, e presentación da web antes e despois da adaptación (arquivo en formato dixital a xuntar á liquidación).

-Calquera outra documentación que o Igape estime necesaria para a correcta análise da solicitude de cobramento.

8. Liña de prospección internacional (procedemento IG173).

Finalidade da axuda: apoiar a prospección comercial en novos mercados do estranxeiro e nos mercados duty free de España e do estranxeiro, previa a unha posible implantación comercial estable.

Beneficiarios. Poderán ser beneficiarios desta liña de axudas:

a) As empresas que teñan radicado algún centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) As asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas.

Proxectos subvencionables:

-Actuacións de promoción a través de oficinas de promoción, espazos e salas de exhibición localizados fóra de España, de cara a favorecer o lanzamento de produtos ou servizos galegos en novos mercados, ou para estudar as posibilidades de expansión mediante implantación comercial en novos mercados (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país). Non debe tratarse de eventos puntuais dos citados na liña de participación en eventos expositivos e promocionais internacionais e que son subvencionables por esa liña e que teñen o seu propio prazo de execución distinto ao desta liña.

-Prospección non puntual en puntos de venda incluídos os mercados duty free. As promocións en punto de venta son subvencionables pola liña de participación en eventos expositivos e promocionais internacionais.

-Estudo de posibilidades de implantación fóra de España vía subscrición a unha oficina virtual no país obxectivo.

No caso de constituírse unha sociedade no estranxeiro, a maioría do capital debe ser de empresas galegas, salvo que, por imperativo legal do país de implantación, se exixan participacións inferiores, o que deberá quedar suficientemente acreditado ante o Igape. En todo caso, non se subvencionará a participación non galega no proxecto.

Conceptos subvencionables: terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes gastos do proxecto en destino durante un máximo de 12 meses comprendidos entre o 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria e ata o 30 de setembro do exercicio posterior ao da convocatoria:

-Gastos de servizos profesionais externos: xurídicos, contables, gastos de tradución, financeiros, fiscais, e traballos de axencias de comunicación específicos para estas actuacións (exclusivamente gastos correspondentes a honorarios da axencia). Só se subvencionará a contratación de empresas ou profesionais con experiencia e habitualidade na realización de traballos do tipo dos traballos para os que se solicita subvención. A experiencia citada debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.

-Aluguer de locais cando a actividade do proxecto subvencionable o xustifique.

-Gastos de aluguer de espazo, tanto en corners en grandes almacéns ou tendas especializadas, como exposicións noutros lugares (show rooms e semellantes). E gastos de aluguer de espazo promocional en mercados duty free.

-Para aqueles solicitantes que, previamente á súa implantación definitiva, decidan realizar a súa actividade de prospección dentro de centros de empresas ou en viveiros de empresas, subvencionarase o custo do aluguer ou cota correspondente.

-Cota de subscrición á oficina virtual.

Contía e límites de axuda. A subvención acadará os seguintes límites:

-50% do gasto subvencionable de proxectos cuxos solicitantes sexan empresas individuais cun límite máximo de 30.000 euros.

-60% do gasto subvencionable de proxectos cuxos solicitantes sexan asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers cun límite máximo de 50.000 euros.

Requisitos para a concesión de subvención:

Será subvencionable unha única solicitude desta liña por solicitante e convocatoria. Nesa única solicitude poderá solicitarse axuda para diversas actuacións das citadas como subvencionables nesta liña, e mesmo para actuacións en varios mercados.

Non serán subvencionables os proxectos referidos a mercados (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país) onde o solicitante sexa exportador habitual, é dicir, que se dispoña de importador ou carteira de clientes que sexan obxecto de exportación periódica e constante durante os últimos catro anos -incluído o ano da solicitude da axuda-, excepto que se trate do lanzamento de novos produtos ou servizos.

No caso de contratar traballos de gabinete de comunicación, só serán subvencionables os traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade no tipo de tarefas citadas. Esta experiencia debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descripción do obxecto, data de realización, país e sector.

Non será subvencionable un proxecto que supoña unha continuación dun proxecto subvencionado por Igape noutras convocatorias.

Non será subvencionable por esta liña -senón pola liña de planificación exterior-, un proxecto de mera de asistencia externa sen presencia do solicitante no exterior do tipo da citada no apartado de proxectos subvencionables.

Para poder acceder a estas axudas o solicitante, excepto no caso de que sexa un organismo intermedio dos citados no artigo 4º.3 destas bases, debe manifestar mediante declaración responsable que xa ten experiencia previa en exportación (exportación nos dous últimos anos consecutivos anteriores ao da convocatoria), ou se aínda non a ten ou só fixo operacións esporádicas ou puntuais, que dispón dun diagnóstico positivo do potencial exportador da empresa realizado no exercicio da convocatoria ou nos 4 exercicios anteriores a través de programas de Igape, Xunta de Galicia, cámaras de Comercio ou Icex. O diagnóstico se deberá adxuntar ao cuestionario de solicitude.

Os gastos de consultoría non son subvencionables por esta liña senón pola liña de planificación exterior.

Documentación específica desta liña que se debe entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15º, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-:

-Informe de execución e resultados do proxecto. Este informe formalizarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-Calquera outra documentación que o Igape estime necesaria para a correcta análise da solicitude de cobramento.

9. Liña de primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex (procedemento IG158).

Finalidade da axuda: este programa está dirixido a empresas galegas que acaden un acordo de cooperación entre elas para aunar esforzos, compartir custos e, se é o caso, estratexia e marca para introducirse por primeira vez en novos mercados internacionais para o lanzamento de produtos ou servizos galegos en novos mercados (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país).

Así mesmo, coa mesma finalidade de cooperación, para a introdución en novos mercados internacionais, apoiaranse as accións que realicen os organismos intermedios beneficiarios para os seus asociados que participen no proxecto baixo as regras de funcionamento que establezan co organismo intermedio beneficiario.

Beneficiarios. Poderán presentar solicitudes:

1. Proxectos de tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro:

1.1. As agrupacións de polo menos tres empresas -non vinculadas previamente entre si e con domicilio ou algún centro de actividade radicado en Galicia-, que se comprometan a crear unha sociedade de promoción comercial dos seus produtos no país de destino, entendendo como tal unha sociedade con personalidade xurídica propia ou calquera tipo de agrupación empresarial admitida en dereito no país de destino.

Conforme o artigo 8º.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberanse facer constar na solicitude e na resolución de concesión os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios e, en calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35º e 63º da citada Lei de subvencións de Galicia.

1.2. Os consorcios domiciliados en Galicia e con personalidade xurídica independente formados polo menos por tres empresas galegas -non vinculadas previamente entre si e con domicilio ou algún centro de actividade radicado en Galicia-, que se comprometan a crear unha filial no estranxeiro para a promoción comercial dos seus produtos no país de destino.

2. Proxectos de tipo II, centros de promoción no estranxeiro:

2.1. Asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas -con domicilio social ou algún centro de actividade en Galicia-. Sempre que o obxectivo sexa a exposición e promoción comercial dos produtos das empresas asociadas.

As agrupacións de asociacións e consellos reguladores non vinculados previamente entre si, poderán ser beneficiarios sempre que acaden un acordo formal para a realización deste tipo de accións e nomeen un/unha deles/as representante legal perante o Igape para a solicitude da axuda.

Neste segundo caso, conforme o artigo 8º.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberanse facer constar na solicitude e na resolución de concesión os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios e, en calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35º e 63º da citada Lei de subvencións de Galicia.

En ambos os casos deste punto 2.1, o solicitante debe identificar as empresas que participen no proxecto. O número mínimo de empresas galegas que deberán comprometerse no proxecto será de cinco.

2.2. As agrupacións de polo menos tres empresas -non vinculadas previamente entre si e con domicilio ou algún centro de actividade radicado en Galicia-, que se comprometan a establecer de forma conxunta un centro de promoción comercial no estranxeiro.

Conforme o artigo 8º.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberanse facer constar na solicitude e na resolución de concesión os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios e, en calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35º e 63º da citada Lei de subvencións de Galicia.

Requisitos dos beneficiarios de ambos os tipos de proxectos:

-A non vinculación previa implica que unha empresa socio non pode ter participación do capital doutra empresa socio, nin dúas empresas socio poden ter un accionista común maioritario. Ademais, dúas empresas socio non poden ter antes da solicitude de axuda un mesmo representante legal ou administradores comúns.

-Admitirase a existencia no proxecto de socios non galegos ou socios con vinculación previa pero as ditas partes non recibirán axuda do Igape. No caso de vinculación previa, só un dos socios vinculados terá dereito á subvención, que será ademais o que se compute para os efectos de contabilizar o número mínimo de socios do proxecto.

-Admítese a participación dun socio financeiro (entidade financeira, de capital risco, xerente do consorcio, etc.) español ou estranxeiro. A parte do socio financeiro non recibirá axuda por parte do Igape.

-A maioría das empresas participantes nos proxectos deben ser pequenas e medianas empresas galegas -segundo a definición da Comisión Europea-, non vinculadas previamente entre si. Así mesmo, en caso de constituír unha sociedade no estranxeiro, a maioría de capital debe corresponder a empresas ou a organismos intermedios galegos e ningún socio da sociedade en destino poderá deter a maioría do capital, salvo disposicións legais no de destino que o impidan, o que deberá quedar suficientemente acreditado ante o Igape.

Proxectos subvencionables: actuacións para realizar entre o 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria e o 31 de agosto do terceiro exercicio posterior ao da convocatoria.

Serán subvencionables os seguintes proxectos:

Proxectos de tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro: os proxectos de prospección promoción e primeira implantación conxunta de empresas galegas no estranxeiro, que teñan uns obxectivos de cooperación semellantes, para afrontar en destino unha estratexia de promoción comercial que beneficien a todas elas.

Proxectos de tipo II, centros de promoción no estranxeiro: os proxectos desta natureza teñen por obxectivo dar a coñecer e promocionar produtos e servizos de empresas galegas amparadas baixo unha ou varias denominacións de orixe, un clúster ou unha ou varias asociacións, sendo estes organismos intermedios os aglutinantes da estratexia e das accións comúns (beneficiarios 2.1.). Na resolución de concesión poderán establecerse condicionantes de publicidade como made in Galicia e semellantes.

Os proxectos propostos por agrupacións de empresas individuais (beneficiarios 2.2.) teñen por obxecto facilitar a loxística de transporte, a exposición, e almacenaxe en destino, reducindo custos e incentivando a un conxunto de empresas que por si soas atoparían importantes barreiras para acceder aos mercados internacionais; malia isto, cada empresa poderá manter a súa autonomía respecto das accións que estime máis convenientes aos seus obxectivos.

Conceptos subvencionables:

Proxectos de tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro: serán subvencionables os seguintes gastos de funcionamento da sociedade que se constitúa no país de implantación durante como máximo os dous primeiros anos de funcionamento desde a data da súa constitución (e en todo caso como data límite ata o 31 de agosto do terceiro exercicio posterior ao da convocatoria):

-Gastos de estrutura:

a) Gastos de constitución: escrituras, inscricións, permisos administrativos, licenzas e outros gastos que se realizan unha soa vez ao comezo da actividade.

b) Gastos de persoal: soldos e salarios do xerente e persoal relacionado coa actividade promocional da sociedade en destino, así como as cotizacións á Seguridade Social e seguros de asistencia médica naqueles países onde non exista un sistema público obrigatorio de cobertura médica. É preciso que exista un contrato laboral, xa sexa fixo ou eventual. Exclúense de xeito xeral comisións, gastos de representación e de axencia.

c) Gastos de servizos profesionais externos: gastos que estean directamente relacionados coa constitución e o funcionamento administrativo da sociedade ou filial en destino (xurídicos, contables, gastos de tradución, financeiros, fiscais).

d) Gastos de aluguer: aluguer de locais cando a actividade promocional o xustifique.

e) Para aqueles solicitantes que, previamente á súa implantación definitiva, decidan realizar a súa actividade dentro de centros de empresas ou en viveiros de empresas, subvencionarase o custo do aluguer ou cota correspondente.

-Gastos de promoción relacionados co país de implantación:

a) Material de promoción: elaboración (impresión, reprodución e tradución) de catálogos, folletos, carteis, páxina web (non se inclúen os gastos de mantemento) e demais material informativo impreso ou audiovisual e expositores punto de venda. Un exemplar de cada material impreso ou audiovisual deberá achegarse no momento da xustificación do gasto.

b) Publicidade: creatividade do material e custo de compra de espazos publicitarios en medios do país obxecto da acción promocional. Deberá achegarse documentación da publicidade realizada no momento da xustificación do gasto.

c) Accións promocionais/promocións puntos de venda: gastos de servizos de profesionais externos externos inherentes á presentación de produtos, promocións, catas, show rooms e exposicións en corners de grandes almacéns ou tendas de prestixio.

d) Feiras: soamente para participación en feiras do país de implantación. Inclúense o aluguer de espazo e a decoración do stand.

e) Viaxes relacionadas co proxecto: viaxes de representantes da sociedade ou filial en destino a Galicia, así como dentro do país onde estea a sociedade ou filial. Só son subvencionables os gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo. A subvención máxima por este concepto non superará os 6.000 euros por ano.

-Outros gastos relacionados co país de implantación:

-Gastos de rexistro da propiedade industrial e asistencia xurídica no país obxecto do proxecto subvencionable.

-Gastos de homologación e certificación: gastos de servizos externos para a homologación ante organismos oficiais estranxeiros e para certificacións e precalificacións ante clientes no exterior.

Proxectos de tipo II, centros de promoción no estranxeiro:

1. Para unha ou conxuntamente varias asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers (beneficiarios do punto 2.1. serán subvencionables os seguintes gastos de funcionamento do centro de promoción no estranxeiro durante como máximo os dous primeiros anos de funcionamento desde a data da súa posta en marcha (e en todo caso ata o 31 de agosto do terceiro exercicio posterior ao da convocatoria).

a) Gastos de aluguer do local para o centro de promoción.

b) Gastos de aluguer do inmobilizado adecuado para o funcionamento do centro de promoción.

c) Soldos e salarios dun promotor e dun encargado do centro, así como as cotizacións á Seguridade Social e seguros de asistencia médica naqueles países onde non exista un sistema público obrigatorio de cobertura médica. É necesario que exista un contrato laboral, xa sexa fixo ou eventual. Exclúense de xeito xeral comisións, gastos de representación e de axencia.

d) Gastos de axencia especializada de comunicación, deseño, impresión e realización de campañas promocionais conxuntas. Accións promocionais/promocións puntos de venda: gastos de servizos de profesionais externos inherentes á presentación de produtos, promocións, catas, show rooms e exposicións en corners de grandes almacéns ou tendas de prestixio.

e) Feiras: soamente para participación en feiras do país de implantación. Inclúense o aluguer de espazo e a decoración do stand.

2. Para agrupacións de polo menos tres empresas, (beneficiarios 2.2.), serán subvencionables os seguintes gastos de funcionamento do centro de promoción no estranxeiro durante como máximo os dous primeiros anos de funcionamento desde a data da súa posta en marcha (e en todo caso ata o 31 de agosto do terceiro exercicio posterior ó da convocatoria).

a) Gastos de aluguer do local para o centro de promoción.

b) Gastos de aluguer do inmobilizado adecuado para o funcionamento do centro de promoción.

c) Soldos e salarios do encargado do centro, así como as cotizacións á Seguridade Social e seguros de asistencia médica naqueles países onde non exista un sistema público obrigatorio de cobertura médica. É necesario que exista un contrato laboral, xa sexa fixo ou eventual. Exclúense de xeito xeral comisións, gastos de representación e de axencia.

Contía e límites da axuda: a subvención acadará as seguintes porcentaxes sobre os conceptos subvencionables:

Proxectos de tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro: 45% de subvención sobre os gastos subvencionables. Esta porcentaxe incrementarase nun 5% por cada empresa galega participante na agrupación ou consorcio (excluído, se é o caso, o socio financeiro) a maiores do número mínimo requirido de 3 empresas galegas, ata un máximo de 70% de subvención.

Proxectos de tipo II, centros de promoción no estranxeiro:

1. Para asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers: 45% de subvención sobre os gastos subvencionables. Esta porcentaxe incrementarase nun 5% por cada organismo intermedio galego adicional que participe no proxecto, ata un máximo do 70% de subvención.

2. Para agrupacións de empresas: 35% de subvención sobre os gastos subvencionables. Esta porcentaxe incrementarase nun 3% por cada empresa galega participante na agrupación ou consorcio (excluído, se é o caso, o socio financeiro) a maiores do número mínimo requirido de 3 empresas galegas, ata un máximo dun 50% de subvención.

Límites da axuda: (sen que se excedan os pertinentes límites de minimis).

Proxectos de tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro:

-O límite máximo de axuda por proxecto en que participe o número mínimo de tres empresas galegas será de 160.000 euros/ano, e por cada empresa adicional, incrementarase o límite anterior en 30.000 euros, ata acadar un límite máximo conxunto de 250.000 euros/ano.

A subvención máxima polo concepto de viaxes non superará os 6.000 euros por ano.

Proxectos de tipo II, centros de promoción no estranxeiro:

-Para beneficiarios 2.1.-Asociacións empresariais, consellos reguladores e clústers, o límite máximo da axuda por proxecto será de 100.000 euros/ano cando a solicitude a realice un só beneficiario. Cando a solicitude sexa conxunta de máis dun beneficiario incrementarase en 50.000 euros/ano por beneficiario ata acadar un límite máximo conxunto de 250.000 euros/ano.

-Para beneficiarios 2.2.-Agrupacións de polo menos tres empresas galegas, o límite máximo de axuda por proxecto para o mínimo de tres empresas será de 80.000 euros/ano, por cada empresa adicional, incrementarase o límite anterior en 25.000 euros, ata acadar un límite máximo conxunto de 155.000 euros/ano.

Requisitos para a concesión da subvencion:

Proxectos de tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro:

-Condicións comúns aos beneficiarios do proxecto tipo I:

*O prazo para a constitución sociedade ou filial en destino é de catro meses desde a data en que se notifique a resolución de concesión da axuda.

*A sociedade ou filial en destino contará cun xerente en exclusiva, independente das empresas socio, excepto se o xerente forma parte do consorcio como socio financeiro. O xerente deberá estar nomeado no prazo máximo de catro meses desde a data en que se notifique a resolución de concesión da axuda.

*As facturas xustificativas dos gastos deberán ser de terceiros contra a sociedade en destino, non contra as empresas beneficiarias, excepto os gastos subvencionables de constitución e previos á mesma que poderán ser facturados ao consorcio en orixe, ou no caso de agrupacións de empresas aos membros dela na mesma proporción que os compromisos de execución asumidos por cada compoñente da agrupación. Non se admitirá a autofacturación, isto é, facturas emitidas por unha empresa participante no proxecto.

-Condicións referidas aos beneficiarios citados no punto 1.1. da epígrafe beneficiarios -agrupacións de empresas-que se comprometan a crear unha sociedade en destino:

*O solicitante considerarase que representa ante o Igape a todos os partícipes para os efectos de cumprir coas obrigas derivadas da súa condición de beneficiario, así como para a xustificación e o pagamento da subvención.

*A sociedade en destino deberá estar formada, como mínimo, por tres empresas socio con produto ou servizo propio.

Proxectos de tipo II, centros de promoción no estranxeiro:

O prazo para a posta en marcha do centro de promoción no estranxeiro é de catro meses desde a data en que se notifique a resolución de concesión da axuda.

O solicitante considerarase que representa ante o Igape a todos os partícipes para os efectos de cumprir coas obrigas derivadas da súa condición de beneficiario, así como para a xustificación e pagamento da subvención.

As facturas xustificantes do gasto poderán estar xiradas e pagadas a nome da sociedade creada en destino, ou ben a nome dos beneficiarios en Galicia na mesma proporción que os compromisos de execución asumidos por cada compoñente da agrupación no seu caso. Abrirase para tal efecto unha conta bancaria onde se rexistrarán todos os movementos referidos exclusivamente a gastos en que se incorren polo proxecto en destino. Non se admitirá a autofacturación, isto é, facturas emitidas por unha empresa participante no proxecto.

Os produtos que se promocionen a través do centro deberán ser producidos en Galicia.

Condicións para ambos os tipos de proxectos:

Non serán subvencionables os proxectos referidos a mercados (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país) onde o solicitante sexa exportador habitual (é dicir, que se dispoña de importador ou carteira de clientes que sexan obxecto de exportación periódica e constante durante os últimos catro anos -incluído o ano da solicitude da axuda-, agás no caso de que se trate do lanzamento de novos produtos ou servizos).

Non será subvencionable un proxecto que supoña unha continuación dun proxecto subvencionado polo Igape noutras convocatorias.

Documentación específica desta liña que se debe entregar coa acreditación de condicións: a partir da data de constitución da sociedade en destino ou posta en marcha do centro de promoción no estranxeiro o beneficiario dispón dun prazo máximo dun mes para acreditar ante o Igape o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución. Para isto deberá achegar a seguinte documentación en orixinal ou copia cotexada:

Proxectos de tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro:

1. Escritura de constitución e estatutos, se é o caso, inscritos no correspondente rexistro da sociedade en destino (tradución xurada ao castelán).

2. Contrato de traballo do xerente da sociedade en destino (os contratos deberán achegarse con tradución xurada para o galego ou castelán).

3. Certificación do representante legal da beneficiaria (agrupación ou consorcio que solicitou a axuda) de que: 1) A sociedade en destino desempeña con normalidade a súa actividade. 2) A composición do capital da sociedade en destino, se non viñese detallado nas escrituras.

Entenderase realizada a implantación cando estea formalmente constituída a sociedade en destino. Considerarase como data de constitución a que figure na escritura ou acta de constitución.

Proxectos de tipo II, centros de promoción no estranxeiro:

1. Contrato de traballo do encargado do centro (o contrato deberase presentar con tradución xurada para o galego ou castelán).

2. Certificación do representante legal do beneficiario/s de que o centro en destino desempeña con normalidade a súa actividade.

Documentación específica desta liña que se debe entregar coa solicitude de cobramento: ademais da documentación común para todas as liñas indicada no artigo 15º das bases, para esta liña terase que presentar -en función dos conceptos subvencionables aprobados-, en orixinal ou copia cotexada:

-Informe de execución e resultados do proxecto. Este informe cumprimentarase no cuestionario de solicitude de cobramento.

-En relación ás facturas xustificativas dos gastos, estas deberán ser dos terceiros contra a sociedade en destino, ou contra a sociedade en destino ou empresas asociadas no caso dos proxectos tipo II. Non se admitirá a autofacturación, isto é, facturas emitidas por unha empresa asociada contra a sociedade ou asociación en destino.

-Gastos de persoal: nóminas do persoal da sociedade en destino, copia do seguro concertado, copia do contrato de traballo e os demais xustificantes dos gastos de persoal adecuados á lexislación do país.

-Alugueiros: factura do gasto e, se é o caso, copia do contrato de aluguer.

-Material de promoción: un exemplar de cada tipo de material impreso ou audiovisual.

-Publicidade: documentación da publicidade realizada.

-Feiras: fotografía do stand en que se aprecien claramente os logotipos citados no artigo 14º destas bases.

-Certificación bancaria da existencia e número de conta en España en que vaia ser ingresada a subvención. No caso de solicitantes que sexan agrupación de empresas ou organismos intermedios, o pagamento realizarase nas contas bancarias individuais que cada beneficiario indique ou nunha soa se así o acordan todos os beneficiarios.

-Calquera outra documentación que o Igape estime necesaria para a correcta análise da solicitude de cobramento.

En relación co idioma dos documentos (excepto os que deben achegarse coa acreditación de condicións), se están en inglés ou francés non é necesaria tradución; se están noutro idioma distinto dos anteriores, será necesaria tradución simple para o castelán ou galego, acompañada dunha certificación do xerente/director da sociedade en destino ou do representante designado polos beneficiarios de que se trata dunha tradución fiel e completa do idioma de orixe para idioma de destino.

Ver referencia pdf "02200D015P081.PDF"