DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2011 Páx. 1.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2010, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 11 de xaneiro de 2011.

Mª Covadonga Salgado Blanco

Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

Ver referencia pdf "02200D014P081.PDF"