DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2011 Páx. 1.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 28 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2011.

Os artigos 46º e 47º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), recollen a obriga da Administración de adoptar, mediante unha orde anual, as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia.

Neste sentido, establécense nestes artigos os contidos mínimos das normas xerais que deben figurar na orde, así, épocas hábiles, tamaños mínimos das especies e as cotas de captura, tipos de engado que se empregarán con cada especie e as modalidades de pesca permitidas, prevéndose, así mesmo, a súa aprobación polo conselleiro do Medio Rural e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27º.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Normas para a pesca do salmón.

1. Períodos hábiles.

a) Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso.

Couto de Abres: do 1 de maio ao 15 de xullo.

Couto da Pontenova, lotes 1, 2 e 3: do 1 de maio ao 15 de xullo.

Couto da Pontenova, lote 4 (O Cairo): do 1 de maio ao 15 de xuño. Pesca sen morte do 16 de xuño ao 15 de agosto.

Couto da Pontenova, lote 5 (Pedrido): pesca sen morte do 1 de maio ao 15 de agosto.

Couto de San Tirso, lote 1 (Piago Maior): vedado.

Couto de San Tirso, lote 2 (Estreitos): pesca sen morte do 1 de maio ao 15 de agosto.

Couto de San Tirso, lote 3 (Louredal): pesca sen morte do 1 de maio ao 15 de agosto.

b) Coutos de Betanzos, Celeiro, Couso, Frieira, Monteporreiro, Salmeán, Sinde e Ximonde: do 1 de maio ao 31 de xullo. Poderá adiantarse o remate da tempada en función das cotas de captura que se establecen máis adiante. Nos coutos do río Ulla, entre o remate anticipado da tempada e o 31 de xullo, poderá practicarse a pesca sen morte do salmón.

c) Outras masas de auga: non se autoriza a captura do salmón.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) Para os efectos do disposto no artigo 20º da Lei de pesca fluvial e no 71º do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 40 cm.

b) Cota de captura por persoa e xornada: un exemplar.

c) Cotas anuais de captura: 8 exemplares no río Lérez, 5 no río Mandeo, 15 no río Masma, 5 no río Miño, 10 no couto de Salmeán e 35 no río Ulla. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.

d) Distribución da cota no río Ulla: coa captura dos 25 primeiros salmóns, finalizarase a tempada no couto de Ximonde, permanecendo hábiles os coutos de Couso e Sinde para a captura dos 10 salmóns restantes.

3. Engados.

a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes.

Do 1 de xuño ata a fin da tempada os engados artificiais só poderán ter un anzol simple.

No couto de Abres, a partir do 16 de xuño só poderán empregarse a culleriña dun só anzol sen arponciño e a mosca artificial.

Para a pesca sen morte do salmón no río Eo, autorízanse unicamente a culleriña dun só anzol sen arponciño e a mosca artificial.

Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla, autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño.

A culleriña de tamaño menor ou igual a 6,5 cm poderá empregarse para a captura doutras especies en coutos de salmón, de conformidade co disposto nos artigos 2º e 3º desta orde.

b) Engados naturais autorizados: miñoca e quisquilla. Só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais cás que se sinalan no anexo I desta orde.

4. Prescricións especiais para as capturas de salmón.

As capturas accidentais de salmón fóra da tempara hábil e máis as capturas en tramos de pesca sen morte non poderán quitarse fóra da auga, sendo obrigatorio, de ser preciso, cortar a sedela para liberar o peixe.

En todos os salmóns capturados comprobarase a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados.

Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola Administración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débense recuperar as micromarcas mediante a extracción dun fragmento da cartilaxe nasal no que se atope a citada micromarca magnética. Nestes casos, deberase prestar a colaboración necesaria e permitir a permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética, propiedade da Administración autora da repoboación.

Artigo 2º.-Normas para a pesca do reo.

1. Períodos hábiles.

a) Coutos de Celeiro (lotes 2 e 3), Couso, Lambre, Monteporreiro, Noia, Noval, Ombre, Ponte Arnelas, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Sinde, Viveiro (lotes 2 e 3), Ximonde e Xuvia: do 1 de maio ao 30 de setembro.

b) Couto de Betanzos: do 1 de maio ao 15 de setembro.

c) Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: iguais períodos hábiles e réximes de pesca que no caso do salmón, rematando en todos os casos a tempada o 15 de agosto.

d) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): non se autoriza a captura do reo.

e) Outras masas de auga: do 1 de maio ao 15 de agosto.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) Para os efectos do disposto no artigo 20º da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 35 cm.

b) Cota de captura por persoa e xornada: 5 exemplares.

c) No couto de Abres e nos tramos autorizados do couto da Pontenova, a dimensión mínima será de 25 cm e a cota de captura por persoa e xornada será de 8 troitas ou reos.

d) No tramo do río Umia comprendido entre o límite superior do couto de Caldas de Reis e o límite superior da zona de desembocadura, a cota diaria de captura por persoa e xornada será de 2 reos.

3. Engados.

a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña, risco e peixes artificiais e semellantes.

b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais cás que se sinalan no anexo I desta orde.

c) Prescricións especiais para engados artificiais nas masas de auga salmoneiras do anexo II, incluídos os coutos de salmón: do 1 de xuño ata a fin da tempada os engados artificiais só poderan ter un anzol simple. A culleriña e mais os peixes artificiais e semellantes só poderán empregarse con sedela monofilamento dun diámetro menor ou igual a 0,2 mm, prohibíndose a utilización de sedela trenzada. A culleriña terá un tamaño máximo de 6,5 cm, medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol. Do 1 de xuño ata a fin da tempada prohíbese a culleriña no tramo salmoneiro do Landro e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro). No tramo salmoneiro do río Eo prohíbense os peixes artificiais e semellantes, e para a pesca con culleriña aplicaranse as mesmas normas que no caso do salmón, recollidas no artigo 1º.

d) Prescricións especiais para cebos naturais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: unicamente se autorizan a mosca natural, o saltón, o grilo, o besbello (larva de odonato) e mais a gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero). Estes engados naturais autorizados unicamente poderán empregarse a floreo (en superficie). No tramo salmoneiro do río Landro e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro) prohíbense os engados naturais.

Artigo 3º.-Normas para a pesca da troita.

1. Períodos hábiles.

a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.

b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.

c) Cabeceiras de ríos de montaña do anexo IV desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.

d) Coutos e tramos de pesca sen morte: do 20 de marzo ao 30 de setembro con carácter xeral, aprazándose o inicio da tempada ata o 1 de maio nos casos de masas de auga salmoneiras, masas de auga de reo ou cabeceiras de ríos de montaña.

e) Coutos de pesca intensiva: do 20 de marzo ao 30 de setembro.

f) Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: iguais períodos hábiles e réximes de pesca que no caso do salmón, rematando en todos os casos a tempada o 15 de agosto.

g) Tramo do río Navia compartido con Asturias: do 1 de abril ao 31 de xullo.

h) Tramo do río Bibei compartido con Zamora: do 3 de abril ao 31 de xullo.

i) Outras masas de auga: do 20 de marzo ao 15 de agosto.

j) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): non se autoriza a captura da troita común (Salmo trutta).

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) Para os efectos do disposto no artigo 20º da Lei de pesca fluvial e no 71º do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 19 cm con carácter xeral, sen prexuízo das normas específicas que se establecen neste mesmo artigo para determinadas masas de auga.

Cota máxima de captura por persoa e xornada: 10 exemplares, sen prexuízo das normas específicas que se establecen neste mesmo artigo para determinadas masas de auga.

b) Normas específicas en masas de auga do anexo V: dimensión mínima 21 cm e cota de 8 exemplares por persoa e xornada.

c) Normas específicas en toda a masa de auga dos encoros dos anexos VI e VII: dimensión mínima 23 cm e cota de 5 exemplares por persoa e xornada.

d) Normas específicas no couto de Abres e nos tramos autorizados do couto da Pontenova: dimensión mínima 25 cm e a cota de 8 troitas ou reos por persoa e xornada.

e) No tramo do río Umia comprendido entre o límite superior do couto de Caldas de Reis e o límite superior da zona de desembocadura, a cota diaria de captura por persoa e xornada será de 5 troitas.

f) Normas específicas nos coutos de pesca: no anexo X recóllense as dimensións mínimas e as cotas de captura específicas de cada couto de pesca.

g) Nunha masa de auga concreta non se poderá estar en posesión de troitas de menor tamaño có autorizado, mesmo cando fosen pescadas noutro lugar, agás no caso de que se estea de paso, con todos os aparellos e engados recollidos e, se é o caso, as canas pregadas.

h) Nos ríos nos que haxa troita e mais reo, só se poderá capturar un número de pezas igual ao da cota da troita, sen que o número de reos supere a súa propia cota. Nos casos concretos do couto de Abres e dos tramos autorizados do couto da Pontenova, a cota será de 8 troitas ou reos por persona e xornada.

i) Os salmónidos procedentes de fuxidas accidentais de centros de acuicultura, caso da troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss), poderán ser capturados sen límite no tamaño mínimo nin na cota de captura.

3. Engados.

a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais e semellantes.

b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais cás que se sinalan no anexo I desta orde.

c) Prescricións especiais para cebos artificiais nas masas de auga salmoneiras do anexo II, incluídos os coutos de salmón: do 1 de xuño ata a fin da tempada os engados artificiais só poderan ter un anzol simple. A culleriña e mais os peixes artificiais e semellantes só poderán empregarse con sedela monofilamento dun diámetro menor ou igual a 0,2 mm, prohibíndose a utilización de sedela trenzada. A culleriña terá un tamaño máximo de 6,5 cm, medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol. Do 1 de xuño ata a fin da tempada, prohíbese a culleriña no tramo salmoneiro do Landro e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro). No tramo salmoneiro do río Eo prohíbense os peixes artificiais e semellantes, e para a pesca con culleriña aplicaranse as mesmas normas que no caso do salmón, recollidas no artigo 1º.

d) Prescricións especiais para cebos naturais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: unicamente se autorizan a mosca natural, o saltón, o grilo, o besbello (larva de odonato) e mais a gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero). Estes engados naturais autorizados unicamente poderán empregarse a floreo (en superficie). No tramo salmoneiro do río Landro e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro) prohíbense os engados naturais.

e) Outras prescricións especiais para engados naturais: no anexo VIII establécense as masas de auga nas que se prohíbe o engado natural a partir do 1 de xullo. Outras prescricións especiais para engados naturais recóllense nos réximes especiais do anexo XII.

Artigo 4º.-Normas para a pesca dos ciprínidos e da perca negra.

1. Períodos hábiles.

a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.

b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.

c) Cabeceiras de ríos de montaña do anexo IV desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.

d) Encoros do anexo VII: todo o ano.

e) Outras masas de auga: do 20 de marzo ao 15 de agosto.

2. Engados.

a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña, peixes artificiais, engados de superficie (comunmente coñecidos como poppers e plugs) e engados de materiais plásticos ou semellantes (comunmente coñecidos como vinilos).

b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais cás que se sinalan no anexo I desta orde.

c) Con carácter xeral, prohíbense aqueles engados e tamaños de anzol prohibidos para salmón ou reo na mesma masa de auga e no mesmo período.

d) Autorízase cebar as augas para a captura de ciprínidos nos encoros do anexo VII. Esta ceba das augas poderá realizarse con engados vexetais ou pensos.

e) A partir do 15 de agosto, nos encoros do anexo VII e nos tramos autorizados todo o ano poderanse empregar anzois de calquera tamaño para a captura de ciprínidos con engados vexetais ou asticot, quedando prohibidos outros engados. No mesmo período, para a captura de perca negra poderanse empregar, ademais dos anteriores, peixes artificiais, engados de superficie (comunmente coñecidos como poppers e plugs) e engados de materiais plásticos ou semellantes (comunmente coñecidos como vinilos).

Artigo 5º.-Normas para a pesca da saboga (Alosa fallax).

1. Períodos hábiles.

a) Tramo do río Ulla comprendido entre a presa de Couso e a desembocadura: do 1 de maio ao 8 de xuño.

b) Outras masas de auga: non se autoriza a captura da saboga.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71º do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 30 cm.

b) Cota de captura por persoa e xornada: cinco exemplares.

3. Engados.

Con carácter xeral, prohíbense aqueles engados e tamaños de anzol prohibidos para salmónidos na mesma masa de auga e no mesmo período.

Artigo 6º.-Normas para a pesca da anguía.

Védase a pesca deportiva da anguía en todas as augas continentais da comunidade autónoma e en todas as fases do ciclo vital da especie, incluíndo, en todo caso, os exemplares denominados comunmente como angula ou meixón.

Artigo 7º.-Réxime especial da lamprea.

A pesca da lamprea autorízase unicamente nos ríos Tea e Ulla.

As normas de pesca son as que se recollen na Resolución do 18 de outubro de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Ulla e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para a súa adxudicación no ano 2011 (DOG nº 209, do 29 de outubro de 2010) e mais na Resolución do 18 de outubro de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca no ano 2011 (DOG nº 209, do 29 de outubro de 2010).

Artigo 8º.-Réxime especial do cangrexo vermello americano e do cangrexo sinal.

1. Períodos hábiles.

a) Encoros de Sabón, As Forcadas e Cecebre (agás tramos vedados): todo o ano.

b) Ríos Sil e Bibei: todo o ano.

c) Ríos Furnia, Hospital e Pego (afluentes do Baixo Miño) augas abaixo da estrada PO-552 (Vigo-Tui) en todos os casos: todo o ano.

d) Canles e charcas da antiga lagoa de Antela, charcas dos Milagres (concello de Maceda), charcas de Rioseco (concello de Paderne de Allariz), charcas de Niñodaguia (concello de Xunqueira de Espadanedo) e graveiras de Oímbra (concello de Oímbra): todo o ano.

e) Tramo do río Xallas entre a presa de Ventín e a presa do encoro da Fervenza, incluíndo o tramo vedado augas abaixo da citada presa de Ventín: do 20 de marzo ao 15 de agosto.

f) Encoros de Belesar e Os Peares, nos tramos incluídos no réxime especial de encoros do anexo VII: todo o ano.

g) Outras masas de auga: non se autoriza a captura do cangrexo vermello americano.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

Non se establecen dimensións mínimas nin cotas de captura.

3. Artes de pesca.

A única arte autorizada é o retel. Cada persoa só poderá empregar un máximo de 10 reteis.

4. Normas adicionais.

a) Cada persoa non ocupará cos seus reteis máis de 100 m de río ou de beira de encoro.

b) Prohíbese a comercialización das capturas.

c) Todas as capturas deberán ser sacrificadas na zona de pesca, para isto, inmediatamente despois da captura de cada animal haberá que quitarlle o apéndice central da cola, de tal xeito que se saque tamén parte do tubo dixestivo do animal.

d) En función da evolución da tempada, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por proposta do Servizo de Conservación da Natureza do Departamento Territorial, poderá restrinxir a pesca nunha ou varias zonas, establecer cotas de captura, modificar as datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garantir o correcto desenvolvemento da temporada de pesca.

Artigo 9º.-Réxime especial de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla…).

1. Períodos hábiles.

a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto, ou ata a finalización da tempada do reo naqueles coutos autorizados ata o 30 de setembro.

b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto, ou ata a finalización da tempada do reo naqueles coutos autorizados ata o 30 de setembro.

c) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano.

d) Outras masas de auga: do 20 de marzo ao 15 de agosto.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) A dimensión mínima de captura para cada unha destas especies será a establecida na normativa de pesca marítima.

b) A cota máxima de capturas por persoa e día será de 5 kg para o total de pezas capturadas, podendo non computarse o peso dunha peza. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.

3. Engados.

Engados autorizados: xorra ou becho de mar (Nereis sp), pulga de mar ou miolo de pan. Así mesmo, autorízase a pesca deportiva de cefalópodos con poteira.

Artigo 10º.-Especies vedadas.

Védanse en todas as masas de auga as seguintes especies: cangrexo de río (Austropotamobius pallipes pallipes), reñosa (Rutilus arcasii), espiñento (Gasterosteus aculeatus), sábalo (Alosa alosa) e anguía (Anguilla anguilla).

Artigo 11º.-Xornadas hábiles.

Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos.

Nos coutos de pesca serán tamén inhábiles os xoves, agás festivos nacionais ou autonómicos.

Nos tramos do río Navia compartidos con Asturias serán inhábiles os xoves, agás festivos nacionais.

Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e mais nos encoros nos que se autoriza a pesca de ciprínidos e perca negra durante todo o ano (anexo VII) serán hábiles todos os días da semana para a captura de especies distintas dos salmónidos.

Excepcionalmente, e logo de resolución do director xeral de Conservación da Natureza, nas xornadas inhábiles poderanse expedir permisos de pesca en coutos para atender aqueles compromisos institucionais que o requiran ou para compensar os erros que se poidan producir no sistema de expedición de permisos de pesca.

Artigo 12º.-Horas de pesca.

De conformidade co disposto no artigo 31º.3 da Lei de pesca fluvial, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta. As horas oficiais serán as establecidas na páxina web de MeteoGalicia (http://www.meteogalicia.es/galego/prediccion/orto/orto.asp), debéndose tomar como referencia a localidade máis próxima ao punto onde se estea pescando.

Dez minutos antes do comezo e dez minutos despois da finalización da xornada de pesca todos os aparellos e engados deberán estar recollidos e, se é o caso, as canas pregadas.

Para a pesca do reo e co fin de harmonizar os horarios de pesca desta especie en todos os ríos de Galicia, recollense no anexo XIII desta orde os que resultan de aplicación durante a tempada de pesca de 2011.

Artigo 13º.-Modalidades de pesca.

Como regra xeral, e para todas as especies, só se autoriza a pesca con cana, sen prexuízo da regulamentación específica da anguía, angula ou meixón, lamprea, cangrexo vermello americano e cangrexo sinal.

Prohíbese o aparello coñecido como «de ninfa» e calquera outro semellante, lastrado no seu extremo e que arrastre polo fondo.

Artigo 14º.-Canas de pescar e utensilios auxiliares.

a) De conformidade co disposto no artigo 51º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, para a pesca en tramos de ríos só se permite o emprego dunha cana por persoa, a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros, e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.

b) Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por persoa, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación, aínda que o número de persoas embarcadas sexa maior.

c) Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e nos encoros que se relacionan nos anexos VI e VII desta orde, autorízase o emprego de dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros.

Artigo 15º.-Pesca a flote.

De conformidade co disposto no artigo 17º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes nas zonas de desembocadura e naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos VI e VII desta orde, sen prexuízo das competencias dos organismos responsables da navegación e a flotación nas zonas de desembocadura ou nas masas de auga continentais.

Artigo 16º.-Pesca sen morte.

Nos coutos e tramos de pesca sen morte rexerán as seguintes normas:

-Autorízanse unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña, en ambos os casos cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para todos os efectos o engado natural.

-Todas as capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción.

-Non se poderá ter ningún peixe, aínda que fose pescado noutro tramo.

-Os mércores poderán reservarse os permisos de couto para actividades educativas, solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial. Nestes casos expediranse os permisos gratuitamente, podéndose ampliar o número máximo de permisos por causas xustificadas.

No anexo IX recóllense os tramos libres nos que unicamente se poderá practicar a pesca sen morte.

Artigo 17º.-Normativa dos coutos.

Apróbase a normativa dos coutos de pesca que figura no anexo X desta orde.

Artigo 18º.-Vedas e réximes especiais.

a) Védanse as masas de auga que se relacionan no anexo XI desta orde.

b) Apróbanse os réximes especiais provinciais que figuran no anexo XII desta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-No caso dos coutos de salmón nos cales remate a tempada ao chegar á cota anual, quen teña permisos expedidos con anterioridade poderá solicitar a devolución do importe ou trocalos por permisos para troita ou reo en calquera couto, en función das dispoñibilidades do servizo do departamento territorial.

En todo caso, para o reintegro do importe, será preciso presentar unha solicitude escrita á que se xunte o permiso e mais unha copia do impreso de pagamento no que figuren os datos do titular do permiso.

Con carácter xeral, o prazo de solicitude para devolucións ou trocos será de dez días contados a partir do peche da tempada no couto; transcorrido este prazo, só procederá a devolución ou o troco cando se solicite antes da data de vixencia do permiso.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para ditar cantos actos e resolucións sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Terceira.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para facer as reservas dos permisos dos coutos de pesca de conformidade co disposto nos artigos 30º, 32º e 33º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio). Estas reservas requirirán unha solicitude da entidade titular da reserva de permisos con antelación mínima de quince días, o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza do departamento territorial e, no caso dos concursos deportivos oficiais ou das entidades colaboradoras, a práctica da modalidade de pesca sen morte.

Cuarta.-Co obxecto de facilitar a preparación dos pescadores galegos seleccionados para participar en competicións nacionais e internacionais, a Federación Galega de Pesca, co visto e prace da Secretaría Xeral para o Deporte poderalle propoñer á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a creación dun escenario deportivo en augas continentais da nosa comunidade autónoma, fóra do período hábil de pesca.

A solicitude haberá de ir acompañada coa identificación dos pescadores e, se é o caso, dos seus adestradores e nela especificaranse as datas dos adestramentos que se pretenden autorizar.

Disposición derradeira

Derrógase a Resolución do 18 de agosto de 2005, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se procede ao vedado da pesca no río Zarzo (DOG nº 173, do 8 de setembro).

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterase vixente ata a publicación da orde correspondente á tempada do ano 2012.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO II

Principais masas de auga habitadas por salmón

Na táboa deste anexo figuran os principais tramos fluviais habitados polo salmón. Nos límites inclúense entre parénteses os concellos nos que se atopan. En todos os casos, a masa de auga comprende o último quilómetro de todos os afluentes do tramo. Na columna titulada km figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO III

Principais masas de auga habitadas polo reo

Na táboa deste anexo figuran os principais tramos fluviais habitados polo reo. Nos límites de cada tramo inclúense entre parénteses os concellos nos que se atopan. Na columna titulada «km» figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros.

Cando a masa de auga inclúe todo o curso dos afluentes existentes no tramo, na columna titulada «Obs.» figura o texto «Afluentes»; nos demais casos, a masa de auga inclúe o último quilómetro de todos dos os afluentes do tramo.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO IV

Masas de auga de montaña nas que a tempada da troita comeza o 1 de maio

Nas masas de auga delimitadas neste anexo o comezo da tempada da troita adíase ata o 1 de maio. Os límites de encoros son os que se fixan nos anexos VI e VII desta orde e os límites, de coutos son os que se fixan no anexo X. Noutros límites inclúense entre parénteses os concellos nos que se atopan.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO V

Masas de auga con dimensión mínima da troita de 21 centímetros e cota de captura de 8 exemplares por persoa e xornada (sen prexuízo da normativa específica dos anexos X, XI e XII)

Os límites superiores de encoros son os que se fixan nos anexos VI e VII desta orde. Os límites das zonas de desembocadura son os do Decreto 282/2002. Os límites de coutos son os que se fixan no anexo X desta orde. Noutros límites, inclúense entre parénteses os concellos nos que se atopan.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO VI

Réxime especial de encoros con normativa específica nos que non se autoriza a pesca todo o ano

Nas táboas deste anexo relaciónanse e delimítanse os encoros nos que non se autoriza a pesca durante todo o ano pero que teñen unha normativa específica no referente a número de canas, pesca a flote e tamaño mínimo da troita.

Cando no límite superior figure o texto «Augas encoradas» considerarase que o límite superior está situado 100 m augas abaixo do punto onde rematan as augas correntes, tanto no curso principal coma en todos os afluentes que vertan ao encoro. Esta distancia aplicarase tanto en ambas as beiras como, no caso de pesca desde embarcación, na propia masa de auga.

Nos encoros nos que se autoriza a pesca desde embarcacións ou artefactos boiantes, na columna titulada «Pesca a flote» inclúese o texto «Autorizada seguido», de ser o caso, do tipo de embarcacións ou artefactos autorizados.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO VII

Réxime especial de encoros autorizados todo o ano para a pesca de ciprínidos e/ou perca negra

Nas táboas deste anexo relaciónanse e delimítanse os encoros nos que se autoriza a pesca de ciprínidos e/ou perca negra durante todo o ano.

Cando no límite superior figure o texto «Augas encoradas», considerarase que o límite superior está situado 100 m augas abaixo do punto onde rematan as augas correntes, tanto no curso principal como en todos os afluentes que vertan ao encoro. Esta distancia aplicarase tanto en ambas as beiras coma, no caso de pesca desde embarcación, na propia masa de auga.

Nos encoros nos que se autoriza a pesca desde embarcacións ou artefactos boiantes, na columna titulada Pesca a flote inclúese o texto Autorizada seguido, de ser o caso, do tipo de embarcacións ou artefactos autorizados.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO VIII

Masas de auga nas que se prohíbe o engado natural para troita a partir do 1 de xullo

*Provincia da Coruña.

Río Furelos: couto de Furelos.

Provincia de Lugo.

Río Búbal.

Río Cabe e afluentes.

Río Eo e afluentes: desde o nacemento do río ata o límite superior do couto de Vilarmide.

Río Ladra: couto de Begonte.

Río Landro: entre a desembocadura do río das Balsadas (concello de Ourol) e a presa de Salto do Can (concellos de Ourol e Viveiro), nunha lonxitude aproximada de 3,6 km.

Río Loio: entre o nacemento (concellos de Sarria e Paradela) e a desembocadura no encoro de Belesar (concello de Paradela), nunha lonxitude aproximada de 20 km.

Río Lor e afluentes: agás no tramo comprendido entre o límite inferior do couto da Labrada e a desembocadura no río Sil, cunha lonxitude aproximada de 6,1 km, e no tramo comprendido entre A Ponte de Froxán (concello de Folgoso do Courel) e o límite superior do couto da Labrada, cunha lonxitude aproximada de 6,5 km.

Río Lóuzara.

Río Navia e afluentes.

Río Neira e afluentes: agás no tramo autorizado para a pesca de ciprínidos, augas abaixo do couto de Pobra, no tramo do río Sarria augas abaixo da ponte da estrada de Samos (rúa Calvo Sotelo do núcleo urbano de Sarria) e no curso principal do río Tórdea.

Río Sil e afluentes: toda a rede hidrográfica vertente no río Sil non incluída en parágrafos anteriores, coa excepción do curso principal deste.

*Provincia de Ourense.

Todas as masas de auga da provincia agás nas que a seguir se relacionan:

-Encoros nos que se autoriza a pesca de ciprínidos e perca negra durante todo o ano (anexo VII desta orde).

-Encoros de Penarrubia (río Sil), Cenza (río Cenza), Leboreiro (río Mao), San Agustín ou Pías (río Bibei).

-Río Miño: curso principal.

-Río Sil: curso principal.

-Río Avia: entre a presa de Albarellos e a desembocadura no río Miño.

-Río Támega: entre a ponte da estrada N-525 e a fronteira con Portugal.

-Río Arnoia: entre a desembocadura do río Ourille e a desembocadura no río Miño.

-Río Arenteiro: tramo de pesca intensiva do couto do Carballiño.

ANEXO IX

Tramos libres de pesca sen morte

Na táboa deste anexo inclúense os tramos fluviais nos que unicamente se poderá practicar a modalidade de pesca sen morte. Na columna titulada «km» figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO X

Normativa de coutos

Nas táboas deste anexo inclúense os coutos de pesca fluvial da comunidade autónoma xunto coas súas normas básicas de funcionamento. Na columna titulada km figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros. Na columna titulada «Cat.» figura a categoría dos permisos de pesca, tendo en conta que nun mesmo couto ou tramo os permisos de inferior categoría só se expiden no caso de veda da especie principal. Na columna titulada «Cm troita» figura a dimensión mínima da troita, en centímetros, que rexerá no couto. Na columna titulada «Número troita» figura a cota de captura de troitas por persoa e xornada. Na columna titulada «Lab.» figura o número de permisos diarios de luns a venres. Na columna titulada «S-D-F» figuran os permisos de pesca diarios os sábados, domingos ou festivos. Na columna titulada «Inhábil» figuran os días inhábiles do couto.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO XI

Masas de auga vedadas

Nas táboas deste anexo inclúense os tramos fluviais que permanecerán vedados durante toda a tempada de pesca. Na columna titulada km figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros. Cando a veda inclúe todos os afluentes existentes no tramo, na columna titulada «Obs.» figura o texto «Afluentes»; nesta mesma columna tamén se fan constar, se é o caso, algunhas outras particularidades da veda.

Ver referencia pdf "02200D013P056.PDF"

ANEXO XII

Réximes especiais

Réximes especiais da provincia da Coruña.

-Lagoa da Frouxeira (concello de Valdoviño).

Autorízase a pesca de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla...) durante todo o ano.

-Río Ulla e afluentes.

No curso principal augas abaixo da presa de Portodemouros e no último quilómetro de todos os afluentes que verten neste tramo, a pesca rexerase polos réximes especiais da provincia de Pontevedra, agás o río Sar.

Réximes especiais da provincia de Lugo.

-Río Cabe e afluentes.

Autorízase a pesca de ciprínidos ata o 1 de novembro desde A Presa do Cubano (concello de Monforte de Lemos) ata A Ponte Vella de Canaval (concellos de Sober e Pantón), nunha lonxitude aproximada de 7,8 km.

-Río Eo e afluentes.

Con motivo da Festa da Troita na Pontenova autorízase un concurso de pesca o día 1 de maio nos coutos de Vilarmide, Xinzo, Salmeán e A Pontenova (lotes 1, 2 e 3), así como no tramo libre da Pontenova. Neste tramo só poderá pescar quen participe no concurso.

Védase a pesca do reo no couto de Vilarmide.

-Río Masma.

No tramo comprendido entre O Pozo dos Cantos (concellos de Barreiros e Foz) e A Ponte da Espiñeira prorrógase ata o 30 de setembro a pesca de robaliza, muxe e solla con xorra (Nereis sp.), pulga de mar ou miolo de pan.

-Río Miño.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano no tramo comprendido entre A Presa do Rei Chiquito (concello de Lugo) e A Acea do Vilar (concello de Lugo), nunha lonxitude aproximada de 5 km.

Nos caneiros autorizados nos concellos do Páramo, Portomarín, Guntín e Paradela, os períodos hábiles serán os que estableza a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural.

-Río Neira e afluentes.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano entre A Ponte de Neira, límite inferior do couto de Pobra, (concellos do Corgo e O Páramo) e a desembocadura no río Miño, nunha lonxitude aproximada de 4 km.

-Río Ulla.

Tramo de pesca sen morte: desde A Ponte Pedriña (límite superior do couto de Monterroso) ata A Presa do Alemán (concellos de Antas de Ulla e Monterroso), nunha lonxitude aproximada de 1,6 km. A partir do 15 de agosto expediranse diariamente catro permisos de pesca sen morte.

Réximes especiais da provincia de Ourense.

Prohíbese a pesca de salmónidos con asticot ou becho branco durante toda a tempada hábil en todas as augas.

-Río Arenteiro.

Á altura das plataformas existentes no tramo de pesca intensiva do couto do Carballiño, resérvanse 150 m para uso exclusivo por persoas con mobilidade reducida.

No tramo 1 do couto do Carballiño, a tempada de pesca finalizará o 30 de xuño.

-Río Arnoia.

No primeiro tramo do couto dos Medos, comprendido entre a ponte de Parada a Igrexa e a ponte da estrada Maceda-Vilar de Barrio, prohíbese o uso de engado natural durante toda a tempada hábil. No resto do couto prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como engado o asticot.

No couto de Celanova prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como engado o asticot.

Autorízase durante todo o ano a pesca de ciprínidos no tramo comprendido entre A Presa de Acearrica (concello de Allariz) e A Presa do Buraco (concello de Allariz), nunha lonxitude aproximada de 0,7 km.

No couto de Allariz, a tempada de pesca finalizará o 31 de xullo.

-Río Limia.

No couto de Ponteliñares, a tempada de pesca finalizará o 31 de xullo. Neste mesmo couto prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como engado o asticot.

-Río Mao.

No tramo de pesca sen morte do couto de Montederramo, a tempada de pesca finalizará o 15 de agosto.

No encoro de Leboreiro (couto de Montederramo) permítese o uso de dúas canas ao parado.

-Río Miño.

Permítese a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra desde a beira do río durante todo o ano no tramo comprendido entre o viaduto do ferrocarril (concello de Ourense) e Ponte do Ribeiriño ou Ponte Novísima (concello de Ourense), nunha lonxitude aproximada de 1,2 km.

-Río Sil.

Autorízase a pesca de criprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano no tramo comprendido entre A Ponte de San Fernando (concello do Barco de Valdeorras) e a depuradora (concello do Barco de Valdeorras), nunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

-Río Viñao.

No couto de Boborás prohíbese o uso do asticot como engado para todas as especies.

Réximes especiais da provincia de Pontevedra.

-Río Pontiñas ou de Cabirtas (afluente do Deza).

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano no tramo comprendido entre a parte superior da lagoa do Auditorio (límite superior) e A Ponte da Devesa (límite inferior), no concello de Lalín.

-Río Ulla.

No tramo desde A Ponte de Catoira ata a ponte da estrada N-550 en Pontecesures, nunha lonxitude aproximada de 10 km, poderase pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes.

Do 1 de maio ao 15 de agosto poderase utilizar xorra no tramo comprendido entre A Ponte de Catoira e a ponte da estrada N-550 en Pontecesures para a pesca de especies propias de esteiros (robaliza, muxe, solla, etc.).

-Río Oitavén.

Autorízase a pesca a flote, en embarcacións sen motor, no encoro das Eiras.

-Río Verdugo.

Aprázase o inicio da tempada ata a data de celebración da Festa Municipal da Troita no tramo de pesca sen morte do couto de Ponte Caldelas. Con motivo desta festa autorízase a celebración dun concurso de pesca neste tramo, coas normas que estableza a entidade organizadora, logo de aprobación do servizo do departamento territorial.

ANEXO XIII

Horario de pesca do reo para todos os ríos de Galicia

Apertura Peche

Do 1 ao 15 de maio 6.06 22.53

Do 16 ao 30 de maio 5.53 23.08

Do 1 ao 15 de xuño 5.49 23.17

Do 16 ao 30 de xuño 5.53 23.20

Do 1 ao 15 de xullo 5.54 23.20

Do 16 ao 31 de xullo 6.03 23.14

Do 1 ao 15 de agosto 6.19 22.58

Apertura Peche

Do 16 ao 31 de agosto 6.34 22.40

Do 1 ao 15 setembro 6.51 22.12

Do 16 ao 30 setembro 7.06 21.47