DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2011 Páx. 1.827

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se modifica a Orde do 31 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011.

Advertidos erros na Orde do 29 de decembro de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 3, do 5 de xaneiro de 2011, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 278, nas modificacións novena e décimo primeira, artigos 14º e 16º, punto 1, respectivamente, onde di: «30 de xullo»; debe dicir: «30 de setembro».

Na páxina 278, na modificación décimo segunda, artigo 18º, punto 1, letra d), onde di: «Plan de mellora ligado á primeira instalación, modalidade de cotitularidade: 4 puntos»; debe dicir: «Plan de mellora ligado á primeira instalación: 5 puntos».

Na páxina 279, na modificación décimo terceira, artigo 20º, punto 10, letra a), elimínase a referencia ao punto 13.