DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2011 Páx. 1.826

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 11 de xaneiro de 2011 pola que se fixa o prezo de venda ao público dunha publicación da Consellería de Traballo e Benestar.

En virtude do Decreto 79/2009, do 19 de abril, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Así mesmo, a través do Decreto 83/2009, do 21 de abril, fixouse a estrutura orgánica básica dos seus departamentos. Polo Decreto 335/2009, do 11 de xuño, establécese a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, que asume o exercicio das competencias das políticas autonómicas no ámbito laboral e do benestar.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51º, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2011.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Eu tamén souben de Oristzenbe e cinco contos máis: 5 euros.