DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2011 Páx. 1.790

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de decembro de 2010 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro público de educación e promoción de adultos da Lama na provincia de Pontevedra.

De conformidade co previsto nos artigos 3º.1 e 2º do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, Diario Oficial de Galicia do 9 de agosto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: A Lama.

Código: 36024720.

Denominación anterior: centro público de educación e promoción de adultos da Lama.

Nova denominación: centro público de educación e promoción de adultos Nelson Mandela.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria