DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2011 Páx. 1.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 25 de maio de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (IN847A-presentación electrónica) (Diario Oficial de Galicia número 104, do 3 de xuño).

O artigo 14º das bases reguladoras da Orde do 25 de maio dispón: «Unha vez que finalice o prazo de presentación de solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.741A.771.0, ao abeiro da Orde do 25 de maio de 2010, de bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (IN847A-presentación electrónica).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2010.

P.D. (Orde 31-1-2006; DOG nº 24, do 31 de xaneiro)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "02200D005P017.PDF"

Ver referencia pdf "02200D006P018.PDF"