DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2011 Páx. 1.705

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE conxunta do 31 de xaneiro de 2011, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería do Medio Rural, pola que se crea un rexistro auxiliar do rexistro xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán, dispón no seu artigo 4º a posibilidade de establecemento de rexistros auxiliares cando o volume ou natureza das actividades o aconsellen.

A creación dos rexistros auxiliares farase por orde conxunta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as consellerías correspondentes.

A Consellería do Medio Rural ten dependencias no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense que realizan tarefas de rexistro. O progresivo incremento da actividade da correspondente oficina de rexistro aconsella a creación dun rexistro auxiliar para o servizo de conservación da natureza situado na r/ Paseo, 18 de Ourense, conectado á rede privada de voz e datos da Xunta de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 4º.2 do Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Consellería do Medio Rural,

DISPOÑEN:

Artigo 1º

Créase o rexistro auxiliar de entrada do rexistro xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense situado na r/ Paseo, 18, seguinte:

Rexistro do servizo de conservación da natureza no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense situado na r/ Paseo, 18.

Artigo 2º

O rexistro auxiliar creado pola presente orde rexerase polas disposicións contidas no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, e estará conectado á rede privada de voz e datos da Xunta de Galicia (SXPA).

Disposicións derradeiras

Primeira.-O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Segunda.-O rexistro auxiliar comezará a súa actividade o 1 de febreiro de 2011.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro de Presidencia, Conselleiro do Medio Rural

Administracións Públicas e Xustiza