DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2011 Páx. 1.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este instituto no segundo cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2010, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2011.

María Nava Castro Domínguez

Presidenta do Instituto Galego de Consumo

Ver referencia pdf "02000D009P033.PDF"