DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2011 Páx. 1.666

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2010 pola que se ordena a publicación do Acordo do 16 de decembro de 2010, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 16 de decembro de 2010, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, para os postos que se sinalan no anexo.

Segundo.-Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 16 de decembro de 2010, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir tal acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "02000D006P007.PDF"