DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2011 Páx. 1.664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 26 de novembro de 2010, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a concesión de premios ás memorias dos proxectos de educación para o consumo na escola, desenvolvidos no marco da Rede de educación para o consumo responsable: Galicons-net e para seleccionar novos proxectos presentados por centros educativos de niveis non universitarios, que desexen incorporarse ou continuar na citada rede, convocados pola Resolución conxunta do 20 de setembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 186, do 27 de setembro).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 242, do luns 20 de decembro de 2010, procede realizar a seguinte corrección:

Na páxina 20.545, onde di:

«8. CEIP Santa Rita.

Localidade: Galdo (Lugo).

Título do proxecto: Consumimos produtos dos nosos montes: herbas e cogomelos.

Coordinador: José Rodríguez Costa.

Contía do premio: 3.200 euros».

Debe dicir:

«8. CEIP Santa Rita.

Localidade: Galdo (Lugo).

Título do proxecto: Todo che parece bonito?

Coordinador: José Rodríguez Costa.

Contía do premio: 3.200 euros».

Onde di:

«11. EEE Terra de Ferrol.

Localidade: Ferrol (A Coruña).

Título do proxecto: Consumir implica reciclar: non o esquezas.

Coordinadora: Mª del Carmen Rodríguez Beceiro.

Contía do premio: 2.700 euros».

Debe dicir:

«11. EEE Terra de Ferrol.

Localidade: Ferrol (A Coruña).

Título do proxecto: Educamos para un consumo responsable no Nadal tamén.

Coordinadora: Mª del Carmen Rodríguez Beceiro.

Contía do premio: 2.700 euros».