DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2011 Páx. 1.598

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de decembro de 2010 pola que se aproban as axudas que rexerán a convocatoria de bolsas de apoio á formación en tarefas de investigación de titulados superiores no Centro de Investigación Forestal de Lourizán e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Advertido erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 2, do martes 4 de xaneiro de 2011, é preciso publicar as seguintes correccións:

Na páxina 178, no Dispoño: Artigo 2º.1. no segundo parágrafo, hai que engadir ,despois do punto, o seguinte: «A duración das bolsas poderá ser prorrogada en función das dispoñibilidades orzamentarias.»

2. Na páxina 182, no Dispoño: Artigo 14º.3 a) onde di: «no prazo de trinta días antes da data en que se cumpran as dúas primeiras anualidades de desfrute da axuda…», debe dicir: «No prazo de trinta días antes da data de finalización da axuda…»