DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2011 Páx. 1.598

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para o mantemento e a promoción de actividades e programas na área de servizos sociais comunitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 15, do luns 24 de xaneiro de 2011, cómpre efectuar a seguinte corrección:

-Na páxina 1.368 no anexo I na Lexislación aplicable onde di: «Orde do 30 de decembro de 2011...»; debe dicir: «Orde do 30 de decembro de 2010...».