DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2011 Páx. 1.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 2/2011, do 20 de xaneiro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 27 de xaneiro de 2011.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 16, do martes 25 de xaneiro de 2011, cómpre efectuar as seguintes correccións:

-Na páxina 1.431, segunda columna, onde di:

«Medios e realización: ...axudante de realización de ..., 1 de 14.00 ás 21.00 horas, ...».

Debe dicir:

«Medios e realización: ...axudante de realización de ..., 1 de 12.00 ás 19.00 horas, ...».

-Na páxina 1.436, onde di:

«Concesión V-2958; XG 334.

Concesionario: Trapsa, S.A.

Ortoño-Santiago de Compostela.

*Saída de Ortoño: 7.00 e 19.15 h.

*Saída de Santiago de Compostela: 7.05 e 20.15 h».

Debe dicir:

«Concesión V-2958; XG 334.

Concesionario: Trapsa, S.A.

Ortoño-Santiago de Compostela.

*Saídas de Ortoño: 8.15 e 21.15 h.

*Saídas de Santiago de Compostela: 7.35 e 20.30 h».

-Na páxina 1.455, segunda columna, onde di:

«a.8. Centro Residencial de Ortigueira.

-10 xerocultores en quenda de mañá.

-3 xerocultores en quenda de tarde.

-2 xerocultores en quenda de noite.

-2 PSX en quenda de mañá.

-4 PSX en quenda de tarde».

Debe dicir:

«a.8. Centro Residencial de Ortigueira.

-5 xerocultores/as en quenda de mañá.

-3 xerocultores/as en quenda de tarde.

-2 xerocultores/as en quenda de noite.

-2 PSX en quenda de mañá.

-2 PSX en quenda de tarde».