DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2011 Páx. 1.478

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2010 pola que se acorda facer público o orzamento da Universidade da Coruña para o exercicio do ano 2011.

O Consello Social da Universidade da Coruña, na reunión que tivo lugar o día 21 de decembro de 2010, e de conformidade co disposto no artigo 20º.1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril) e o artigo 4º c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2011.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 81º.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), resolve publicar o devandito orzamento que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 129.622.014,39 euros segundo o detalle anexo.

A Coruña, 22 de decembro de 2010.

José María Barja Pérez

Reitor da Universidade da Coruña

Ver referencia pdf "01600D008P054.PDF"