O artigo 11º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo) dispón que cada consellería da Xunta de Galicia deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia os convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.
Polo exposto, e en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Facer pública a relación de convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2010, e que se xuntan como anexo á presente resolución.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2011.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ver referencia pdf "01600D006P042.PDF"