DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2011 Páx. 1.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro) regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas e, especialmente, a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20º da devandita lei disponse que a creación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente, e no seu punto segundo establece as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación daqueles.

Pola súa banda, Augas de Galicia, como organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto no Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, regúlase no Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, modificado polos decretos 146/2003, do 6 de febreiro, 132/2008, do 19 de xuño e 246/2009, do 30 de abril.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34º.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas créanse, modifícanse ou suprímense os ficheiros de carácter persoal que se especifican nos anexos, pertencentes ao organismo autónomo Augas de Galicia.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20º.2 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54º do seu regulamento asociado, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación de ficheiros, está contida nos anexos desta orde.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros de Augas de Galicia regulados ou creados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados nos anexos e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados nos anexos. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas, haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5º.-Órgano responsable da seguridade dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde corresponde á secretaría xeral, subdireccións xerais e demarcacións territoriais encadradas no organismo autónomo Augas de Galicia.

Nos anexos detállase a unidade ante a que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6º.-Nivel de protección e medidas de seguridade.

Os niveis dos ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80º e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. Nos anexos aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros regulados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a súa confidencialidade e integridade, e os dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 7º.-Dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos.

As persoas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos, cando proceda, mediante escrito dirixido ao enderezo especificado en cada un dos ficheiros.

Artigo 8º.-Creación de novos ficheiros.

No anexo I de esta resolución relaciónanse aqueles novos ficheiros cuxa titularidade detén o organismo autónomo Augas de Galicia.

Artigo 9º.-Modificación de ficheiros.

No anexo II desta resolución relaciónanse aqueles ficheiros que sufriron algunha modificación desde a súa inscrición no Rexistro da Axencia de Protección de Datos.

Artigo 10º.-Cancelación de ficheiros.

No anexo III desta resolución, relaciónanse aqueles ficheiros cuxa cancelación será solicitada do Rexistro da Axencia de Protección de Datos, ben porque a finalidade para que foron solicitados non subsiste ben porque os datos serán incorporados en ficheiros de nova declaración.

Disposición adicional

No caso de cesións dos datos aos servizos de estatística das administracións públicas haberá que aterse, ademais, ao disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas

ANEXO I

Ficheiros de nova creación

1. Autorizacións e concesións.

Denominación do ficheiro: Autorizacións e concesións.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: xestión das solicitudes de autorizacións e concesións cuxa tramitación compete ao organismo Augas de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: relación de persoas físicas que tramitaron un expediente de autorización ou concesión.

Procedemento de recolla de datos: Formularios normalizados e soporte papel.

Procedencia dos datos: o propio interesado ou representante legal.

Estrutura básica do ficheiro: Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos). Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal; características persoais; circunstancias sociais.

Sistema de tratamento: mixto.

Comunicacións ou cesións de datos: non se prevén.

Transferencias internacionais de datos: non se prevén.

Órgano responsable: Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos: Secretaría Xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781, Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: básico.

2. Canon de saneamento.

Denominación do ficheiro: Canon de saneamento.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: xestión e recadación do canon de saneamento en atribución das competencias de Augas de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: persoas físicas, suxeitos pasivos do canon de saneamento, solicitantes de redución por familia numerosa e debedores.

Procedemento de recolla de datos: formularios e solicitudes normalizados. Soporte papel.

Procedencia dos datos: outros órganos administrativos. O propio interesado ou representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos). Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal; características persoais; circunstancias sociais; económicos financeiros e de seguros.

Sistema de tratamento: mixto.

Comunicacións ou cesións de datos: non se prevén.

Transferencias internacionais de datos: non se prevén.

Órgano responsable: Augas de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos: secretaría xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781, Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: básico.

3. Participación pública na DMA.

Denominación do ficheiro: Participación pública na DMA.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: xestión e coordinación de axentes interesados no proceso de participación cidadá no marco da aplicación da directiva da auga.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: persoas físicas de interese potencial na xestión da auga e que sexan susceptibles de intervir activamente nos procesos de participación que se desenvolvan con motivo da aplicación da directiva marco do auga.

Procedemento de recolla de datos: formularios, escritos e páxina web.

Procedencia dos datos: o propio interesado ou representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos). Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal; datos académicos e profesionais.

Sistema de tratamento: mixto.

Comunicacións ou cesións de datos: non se prevén.

Transferencias internacionais de datos: non se prevén.

Órgano responsable: Subdirección Xeral de Programación e Proxectos.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer-os dereitos: secretaría xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781, Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: básico.

4. Expedientes e recursos administrativos.

Denominación do ficheiro: Expedientes e recursos administrativos.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: tramitación de expedientes administrativos, realización de informes, así como a resolución dos seus correspondentes recursos.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: persoas físicas que iniciasen un expediente administrativo.

Procedemento de recolla de datos: escritos dos propios interesados, actividade administrativa e accións xudiciais.

Procedencia dos datos: outros órganos administrativos. O propio interesado ou representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos). Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal; datos de sancións administrativas; circunstancias sociais.

Sistema de tratamento: mixto.

Comunicacións ou cesións de datos: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Órganos xudiciais.

Transferencias internacionais de datos: no se prevén.

Órgano responsable: secretaría xeral.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos: secretaría xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781, Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: medio.

5. Custodia fluvial.

Denominación do ficheiro: Custodia fluvial.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: tramitación e resolución de procedementos sancionadores incoados polos labores dos gardas fluviais.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: persoas físicas as cales se lles incoase un procedemento sancionador nesta materia.

Procedemento de recolla de datos: actas dos gardas fluviais e escritos dos interesados.

Procedencia dos datos: outros órganos administrativos. O propio interesado ou representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos). Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal; datos de sancións administrativas; circunstancias sociais.

Sistema de tratamento: mixto.

Comunicacións ou cesións de datos: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Órganos xudiciais.

Transferencias internacionais de datos: no se prevén.

Órgano responsable: Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos: secretaría xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: medio.

6. Servidumes e comunidades de regantes.

Denominación do ficheiro: Servidumes e comunidades de regantes.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: constitución das servidumes e comunidades de regantes do dominio público hidráulico.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: persoas físicas que constitúen as comunidades de regantes.

Procedemento de recolla de datos: formularios e solicitudes normalizados, escritos dos interesados.

Procedencia dos datos: outros órganos administrativos. O propio interesado ou representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos). Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal; datos; circunstancias sociais.

Sistema de tratamento: mixto.

Comunicacións ou cesións de datos: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Transferencias internacionais de datos: non se prevén.

Órgano responsable: Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos: secretaría xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: básico.

7. Contratación.

Denominación do ficheiro: cContratación.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: xestión da contratación administrativa e facturación dos servizos e traballos realizados. Relación económica con terceiros.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: persoas físicas que integran a solvencia técnica dos licitadores. Subministradores do organismo público.

Procedemento de recolla de datos: pregos de contratación, escritos dos interesados.

Procedencia dos datos: outros órganos administrativos. O propio interesado ou representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos). Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal; circunstancias sociais, datos académicos e profesionais.

Sistema de tratamento: mixto.

Comunicacións ou cesións de datos: CIXTEC, outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos: non se prevén.

Órgano responsable: secretaría xeral.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos: secretaría xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: básico.

8. Control de acceso.

Denominación do ficheiro: Control de acceso.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: xestión e control do acceso físico ás instalacións do organismo.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou cales resulten obrigados a subministralos: empregados do organismo.

Procedemento de recolla de datos: formulario individualizado.

Procedencia dos datos: o propio interesado ou representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos). Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos.

Sistema de tratamento: automatizado.

Comunicacións ou cesións de datos: non se prevén.

Transferencias internacionais de datos: non se prevén.

Órgano responsable: secretaría xeral.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos: secretaría xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: básico.

ANEXO II

Ficheiros modificados

1. Ficheiro de persoal.

Denominación do ficheiro: Persoal.

Descrición da súa finalidade e usos previstos: ficheiro para facilitar a xestión do persoal destinado no organismo mediante a captura de datos relativos ao colectivo e mantendo un historial do persoal que prestou servizos nel.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: (outros colectivos) persoal funcionario, laboral ou contratado administrativo que presta o seus servizos no organismo.

Procedemento de recolla de datos: formato papel.

Procedencia dos datos: administracións públicas; o propio interesado ou o seu representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos): datos identificativos: datos de características persoais; datos de circunstancias sociais; datos académicos e profesionais; datos de detalle de emprego; datos económicos, financeiros e de seguros.

Sistema de tratamento: mixto.

Comunicacións ou cesións de datos: organismos da Seguridade Social, Facenda pública e Administración tributaria, bancos e caixas de aforros e caixas rurais, entidades aseguradoras, outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países: non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro: secretaría xeral.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: secretaría xeral. Praza Camilo Díaz Baliño, s/n, 15781, Santiago de Compostela, A Coruña.

Nivel do ficheiro: básico.

ANEXO III

Ficheiros suprimidos

1. Aproveitamentos.

Nome do ficheiro: Expedición de carnés profesionais.

Descrición da finalidade: ficheiro para facilitar a xestión histórica das autorizacións e concesións en materia hidroeléctrica.

Colectivo afectado: solicitantes, promotores e titulares de autorizacións e concesións.

Disposición xeral: Orde do 10-10-2003, reguladora dos ficheiros automatizados con datos de carácter persoal da Conselleria de Medio Ambiente e do organismo autónomo Augas de Galicia.

Motivo supresión: declaración dun novo ficheiro.

Destino dos datos ou previsións de destrución: inclusión da información nun novo ficheiro Autorizacións e concesións.

2. Augas.

Nome do ficheiro: Augas.

Descrición da finalidade: ficheiro para facilitar a xestión das autorizacións concesións e sancións en materia de augas.

Colectivo afectado: solicitantes de autorizacións, concesións, así como demandantes e demandados por sancións.

Disposición xeral: Orde do 10-10-2003, reguladora dos ficheiros automatizados con datos de carácter persoal da Consellería de Medio Ambiente e de organismo autónomo Augas de Galicia.

Motivo supresión: declaración dun novo ficheiro.

Destino dos datos ou previsións de destrución: inclusión da información nun novo ficheiro autorizacións e concesións.

3. Arquivo1.

Nome do ficheiro: Arquivo1.

Descrición da finalidade: ficheiro para facilitar a xestión histórica das autorizacións e concesións en materias de augas que terminan o procedemento administrativo anotándose no Libro rexistro de augas.

Colectivo afectado: solicitantes de autorizacións, así como demandantes e demandados por sancións.

Disposición xeral: Orde do 17 de xaneiro de 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de carácter persoal na Consellería de Industria e Comercio.

Motivo supresión: declaración dun novo ficheiro.

Destino dos datos ou previsións de destrución: inclusión da información nun novo ficheiro Autorizacións e concesións.

4. Arquivo2.

Nome do ficheiro: Arquivo2.

Descrición da finalidade: ficheiro para facilitar a xestión histórica das autorizacións e sancións en materias de augas que terminan o procedemento administrativo non anotándose no Libro rexistro de augas.

Colectivo afectado: solicitantes de autorizacións así como demandantes e demandados por sancións.

Disposición xeral: Orde do 17 de xaneiro do 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de carácter persoal na Consellería de Industria e Comercio.

Motivo supresión: declaración dun novo ficheiro.

Destino dos datos ou previsións de destrución: inclusión da información nun novo ficheiro Autorizacións e concesións.

5. CORRESP.

Nome do ficheiro: CORRESP.

Descrición da finalidade: ficheiro para facilitar a xestión do canon de saneamento, en particular, a tramitación de expedientes e a emisión de liquidacións.

Colectivo afectado: persoas físicas e xurídicas suxeitas ao canon de saneamento.

Disposición xeral: Orde do 17 de xaneiro de 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de carácter persoal na Consellería de Industria e Comercio.

Motivo supresión: declaración dun novo ficheiro.

Destino dos datos ou previsións de destrución: inclusión da información nun novo ficheiro Canon de saneamiento.

6. Hidra DPH.

Nome do ficheiro: Hidra DPH.

Descrición da finalidade: ficheiro para facilitar a xestión histórica das autorizacións e concesións en materias de augas solicitadas mediante o sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia.

Colectivo afectado: solicitantes de autorizacións, concesións.

Disposición xeral: Orde do 17 de xaneiro do 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de carácter persoal na Consellería de Industria e Comercio.

Motivo supresión: declaración dun novo ficheiro.

Destino dos datos ou previsións de destrución: inclusión da información nun novo ficheiro Autorizacions e concesions.

7. SICAP.

Nome do ficheiro: SICAP.

Descrición da finalidade: ficheiro para facilitar a xestión contable do organismo que inclúe o tratamento de datos de contratistas, subministradores, provedores, debedores do canon de saneamento, sancionados por infraccións en materias de augas e persoas que perciben dietas e/ou compensación por locomoción.

Colectivo afectado: contratistas, subministradores, provedores, debedores do canon de saneamento, sancionados por infraccións en materias de augas e persoal.

Disposición xeral: Orde do 17 de xaneiro de 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de carácter persoal na Consellería de Industria e Comercio.

Motivo supresión: declaración de novos ficheiros.

Destino dos datos ou previsións de destrución: a información integraríase en varios ficheiros: Personal, Canon de saneamiento, e Contratación.